Dª Mª DEL PILAR ACEBES RUANO, SECRETARIA ACCIDENTAL DO CONCELLO DE FENE (A CORUÑA) C E R T I F I C O.- Que o Pleno deste Concello, en sesión Extraordinaria e Urxente celebrada con data 13 de xaneiro de 1998, adoptou o acordo seguinte: SITUACIÓN DE EMERXENCIA PROVOCADA POLO ACCIDENTE DA PLATAFORMA PETROLÍFERA DE ASTANO NA PONTE DAS PIAS Polo Sr. Allegue Tenreiro, voceiro do grupo municipal do BNG dase conta da reunión mantida no día de hoxe entre tódolos voceiros dos distintos grupos políticos que compoñen esta Corporación sobre o asunto epigrafiado e na que se chegou a unha serie de propostas e acordos que serán sometidos a aprobación por parte do Pleno. A Corporación Municipal, en votación ordinaria e por unanimidade dos señores asistentes acordou: 1º.- Critica-los comportamentos mantidos polo Comité de Emerxencia que se creou no día de hoxe pola Xunta de Galicia e o Delegado do Goberno Central respecto á falta de consideración hacia a Corporación do Concello de Fene que sufríu directamente as consecuencias do accidente provocado pola plataforma petrolífera que derrubóu a Ponte das Pias, non dirixíndose en ningún momento á Alcaldía de Fene ningún representante do goberno da Xunta nin da Delegación do Goberno, e agradecendo ó mesmo tempo a disposición absoluta da Deputación provincial a través da presencia do seu Presidente Sr. Lendoiro, así como a S.O.S. Galicia a través do Xefe Provincial de Protección Civil D. Carlos Núñez. 2º.- Urxir unha reunión da Mancomunidade de Municipios da Ría para que se constitúa en Comisión de Emerxencia ata que se resolvan tódolos problemas ocasionados. 3º.- Plantexar diante do Ministerio de Fomento e da Xunta de Galicia a solución provisional de paso na Ponte das Pias e desdoblamento, restablecendo a comunicación con Ferrol, a construcción da Ronda Oeste e a construcción da Autovía e que se contemple na execución do exercicio do ano 1998. 4º.- Plantexarlle á Mancomunidade de Municipios que se solicite diante do Goberno Central e a Xunta de Galicia a situación de emerxencia na comarca de Ferrolterra. 5º.- Esixir do Ministerio de Medio Ambiente e da Administración Central a aclaración dos feitos ante a falla de previsión metereolóxica ocurrida na noite do 12 ó 13 de Xaneiro, así como acla-ración por parte da Dirección sobre os feitos ocurridos en Astano. 6º.- Plantexar diante das Administracións que competa a recuperación das zonas productivas marisqueiras. 7º.- Manifesta-la defensa e apoio á empresa pública. 8º.- Plantexar á Xunta de Galicia a autorización e dotación de medios para a captación de auga de maneira autónoma no Concello de Fene. 9º.- Constituír unha Comisión de Seguimento no Concello de Fene formada polo Alcalde e portavoces dos grupos políticos. E para que conste ós efectos oportunos, expido a presente -coa reserva a que fai referencia o art. 206 do R.O.F.- de Orde e co Visto e Prace do Sr. Alcalde en Fene a catorce de Xaneiro de mil novecentos noventa e oito. Vº e Prace O alcalde Xosé María Rivera Arnoso |