2004 ano da musica Con voz propia
Do 24 de xaneiro ao 18 de febreiro

O ciclo Con voz propia pretende amosar a riqueza e a diversidade musical da Península Ibérica.



Lluís Llach
24 de xaneiro


Ruper Ordorika
31 de xaneiro


Mercedes Peón
7 de febreiro


Javier Ruibal
14 de febreiro


Mariza
18 de febreiro

O vindeiro concerto, no ecuador do ciclo, terá como convidada a cantante galega Mercedes Peón. Acaba de publicar 'Ajrú', o seu segundo álbum, recoñecido pola BBC como un dos mellores do 2003 e pola revista británica 'Folk roots' coma o mellor álbum folc do mundo neste ano.

Ademais, dentro do programa de coloquios do Ano da Música a xornalista Ana Romaní conversará con Mercedes Peón, nun debate aberto ao público. Será o sábado 7, ás 12:30, no Café Moderno.

Todos os concertos terán lugar no Pazo da Cultura de Pontevedra, ás 21.00 horas. O prezo da entrada anticipada é de 6 €, e de 8 € na porta, agás para as actuacións de Lluís Llach e de Mariza, que será de 10 euros (anticipada) e de 12 (na porta). As entradas poden adquirirse a través do teléfono 902 43 44 43, ou no sitio web de Caixa Galicia.


Avance de programación
A Orquestra de Cámara Lira ofrecerá un concerto no Teatro Principal, ás 20.30 horas, o 31 de xaneiro.

O 17 de febreiro presentarase o CD conmemorativo do centenario, unha reedición dixital do disco Aires d´a Terra, nun acto público que terá lugar no Teatro principal, ás 20:30, coa participación de Óscar Ibáñez e o conxunto folc Treixadura.

Tamén en febreiro reanudarase o ciclo Pontejazz. O saxofonista valenciano Perico Sambeat tocará o 14 de febreiro no Teatro Principal, ás 21.30 horas. O ciclo pecharase coa actuación do trompetista francés Raynal Colom (13 de marzo).


Ano da música
Con motivo do centenario da gravación do primeiro disco galego, o do coro pontevedrés Aires d'a Terra, que tivo lugar no 1904 baixo a dirección do gaiteiro e boticario Perfecto Feijóo, o concello de Pontevedra declarou o 2004 como Ano da Música.

Ao longo destes doce meses, a nosa cidade vaise converter nun fervedoiro de ritmos e melodías, a través dunha programación plural debuxada para todos e todas. O Ano da Música pretende ser tamén un foro no que se definan propostas de futuro en ámbitos como a creación e a proxección exterior da música galega.

O Ano da Música deixará a súa pegada tamén nas demais actividades culturais que leva a cabo o Concello de Pontevedra. Por exemplo, nos Domingos do Principal, espectáculos musicais e teatrais para o público infantil que se celebran no Teatro Principal (25 de xaneiro - 3 de abril). Tamén no Salón Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, que se desenvolverá entre o 1 e o 8 de febreiro no Pazo da Cultura.