Chat con X. L. Méndez Ferrín
Luns, 28 de xuño de 1999


Ferrin: Boas noites a todos. Son Ferrín

Vieiros: Sr. Ferrín, está vostede preparado?

Vieiros: Boas noites.

Correo: Boas noites.

Ferrin: Si, cando queirades.

Vieiros: Benvidos a todas e todos a un novo chat de Vieiros, que é organizado en colaboración con El Correo e O Correo Galego e Faro de Vigo. Esta noite temos connosco a Xosé Luís Méndez Ferrín, un dos escritores máis importantes da literatura galega de todos os tempos, que agora ademais é candidato ao Nobel. Pero a súa figura dá para moito máis: política, xornalismo, cabalos... :-) Hoxe tedes a oportunidade de preguntarlle directamente o que queirades...

FARO: Un momento, está Ferrín en Xerais?

Ferrin: Non, estou en casa de Manolo Bragado.

LoisR: Por favor Vieiros, sigue

Vieiros: Imos comezar, xa que logo...

Vieiros: Primeiro faremos nós unha pregunta, logo O Correo e logo o FAro... a continuación poderá entrar o resto dos participantes. Todos de acordo?

Vence: Veña

LoisR: Lembrade de pedir vez por medio dun"?"

LoisR: Ola ReM, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Vieiros: Comezamos falando de política (é inevitable nestas datas...). Sr Ferrín... como se ve dende a súa militancia na FPG a chegada ao poder do BNG a importantes cidades galegas?

LoisR: Ola VieirosV, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

VieirosV: Ola

LoisR: Ola Balbordo, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: Moi positivamente. Hai que celebrar o retroceso da formación directamente procedente do franquismo, o PP, nos puntos máis avanzados politicamente do país; e máis a presencia protagonista e o ascenso dunha forza nacionalista, aínda que non sexa, independentista.

Balbordo: ?

LoisR: Outra señor Ferín?

Ferrin: Si, outra

Correo: Manuel Rivas dixo o outro día na presentación do seu novo libro de relatos que existe o risco na literatura galega de caer na autocomplacencia, polo que había que buscar novos camiños. Falaba de "darnos unha patada no cú" para non durmirse. ¿Cómo ve vostede a saúde da literatura do país e que opina desa preocupaciónde Rivas? Gracias.

Ferrin: A literatura galega desde Rosalía e Pondal a Manuel Rivas nunca deixou de estar desperta e en movemento. Outra

FARO: Sr. Ferrín: vostede colabora no FARO DE VIGO dende hai anos. ¿Pero como entende vostede o periodismo? ¿Como unha labor cultural, política, un exercicio cidadán...?

Ferrin: Eu non creo que os que vivimos nunha monarquía sexamos, máis ben somos súbditos. Eu entendo o periodismo feito desde fóra (a columna de colaboración) como un espacio de cortesía que os medios de comunicación nos deixan a algunhas persoas. Só creo que se deba utilizar cunha perspectiva crítica. Outra.

LoisR: Agora comeza o chat en aberto. Tede as preguntas preparadas para que todo vaia máis rápido. Primeiro vai Balbordo. Adiante

DVincios: ?

LoisR: Por favor Balbordo dalle

Balbordo: Os méus parabéns ó Ferrín, escritor que descobrín fai uns 10 anos e que admiro profundamente, coma escritor e coma "ideólogo". ¿Cómo ve vostede os medios de comunicación galegos, coa súa teima de menospreciar á cidadanía en referencia ó nulo emprego do galego?¿Porqué os xornalistas galegos seguen insistindo en empregalo castelán a pesares de ser ó séu público maioritariamente galego?

LoisR: Ola silvano, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

penelope: ?

pepaloba: ?

Rhiwefdel: ?

LoisR: Señor Ferrín, está aí?

Ferrin: Amigo, Balbordo: o marco que describes é o auténtico. Os medios de comunciación galegos, tanto escritos como radiofónicos están sumidos nunha profunda contradicción da cal sairán cando o pobo (non creo na existencia dunha cidadanía galega, porque non hai unha República Galega aínda) sairán cando o pobo os obrigue contundentemente a facelo, ou a pechar a tenda. Outra.

Balbordo: ?

LoisR: A túa vez DVincios

LoisR: Ola Sanxoas, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: Ola, Sanxoás. Saúdo puño en alto.

Sanxoas: ?

DVincios: Sei que o aínda segue a escribir cunha máquina, teño entendido que a que en tempos fora de Blanco Torres (non sei se e vero o tan so ben trovatto). Como mira agora esto de estar diante do que chaman a autopista da información ou a rede de redes?

Sanxoas: Saudos galegos e revolucionarios

LoisR: Ola Usuario, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Usuario: Ola a todos

Ferrin: De Vincios: escribo habitualmente nunha Underwood modelo 1925... Non era de Balnco Torres senón do meu pai...Estou encantado de atoparme conectado a un conxunto de contertulios como os presentes neste chat... Outra.

LoisR: Agora vai Penélope

penelope: Riveiro Coello, na última novela, pon en disputa dous escritores. Un deles sospeita que o outro é Ferrin, pola súa escrita. ¿Como se sinte convertido en material literario?

Ferrin: Pende que pende, Penélope pensativa,(un poema de Cunqueiro)

ReM: ?

Ferrin: Penélope: demasiado ben tratado tendo en conta que Riveiro Coello é un excelente escritor... Outra

LoisR: Agora ti, Pepaloba

pepaloba: Como articulista na prensa diaria, ¿como valora desde dentro a situación dos medios de comunicación en Galicia desde o punto de vista da ética periodística?

LoisR: Ola maria, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

LoisR: Ola marinero, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

DVincios: ?

FARO: ?

penelope: ?

LoisR: Por favor señor Ferrín, extendase tanto como queira pero seprado por tres puntos e con frases curtas.

Ferrin: Pepa Loba: es inmortal, andivéches por todo o mundo galego, tiveches tantos amantes coma area hai no mar, mataches tantos curas como se che antollou e aínda refolgas, agora... Desde ese punto de vista ético non creo que sexa peores que os medios de comunicación non galegos... A guerra de Iugoslavia serviu para decartarnos de que existe un pensamento único dictado polo Imperio e no que dificilmente pode haber discrepancia... Para min isto non é ética periodística.

LoisR: É a vez de Rhiwefdel, ou algo así :)

pepaloba: ?

Rhiwefdel: novelo nove mcferrin que opinas desa fronte independentista que propon primeira linha

LoisR: Ola Bet, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: Novamentes canto: hai unha dificultade: que certos independentistas chamados reintegracionistas sexan tamén independentistas no que se refire ao noso idioma...

Ferrin: Outra.

LoisR: De novo Balbordo

Balbordo: Eu son da opinión, e non é "chauvinismo" máis que nada porqué ó mercar un livro tí gastas un cartos,de que a literatura galega é dende logo a mellor que se está a facer no Estado. ¿por qué se perden os demáis persoas do estado a súa obra? ¿Por qué nó traducen a vostede? Pois coido que se están a perder o que eles chaman verdadeira LITERATURA que non posúen en absoluto en castelán hoxendía...

Ferrin: Balbordo: moito obrigado...

Ferrin: A verdade é que me teñen traducido ao castelán máis do que sería eu merecente...

Ferrin: En todo caso non é algo que me importe. Outra.

LoisR: Vai ReM

Balbordo: ?

ReM: Non pensa que a ppal. rendibilidade do Nobel é a propaganda (aí está Saramago)? Nese caso, ¿como contrarrestar a apropiación que o sistema español podería facer de Vde.?

ReM: (e falo de agit-prop puro e duro)

Ferrin: ReM: non teñas medo, se nunca recibiu o Premio Nobel ningún chinés non o vou recibir eu...

Ferrin: En todo caso se iso acontecese xa procurariamos entre todos botarlle un bo pulso ó Estado Imperialista español...

Ferrin: E ós seus axentes culturais. Outra.

LoisR: Vai DVincios novamente

DVincios: No dous mil lle adicarán o Día das Letras Galegas a Manuel Murguía, que ten o seu favor ser o primeiro presidente da Real Academia Gallega (sic), pero na súa contra, que non ten nada, que eu saiba, escrito en galego. ¿Pensa que haberá debate precisamente

DVincios: por iso,? habendo moitos escritores galegoescribintes, que se escolla a un que non o fixo nunca para unha data tan sinalada?

ReM: ?

Vieiros: ?

Ferrin: De Vincios: querido amigo, que levas o nome da parroquia de Gondomar que se asenta no mítico monte Galiñeiro...

Ferrin: Murguía, aínda que non escribise en galego, é o pai de toda a literatura en galego moderna, o ideólogo do grande proxecto nacional de Galicia...

Ferrin: Outra.

Vence: ?

LoisR: Vai agora Faro

FARO: Verbo do que dixo antes Ferrín a Balbordo... que o povo obrigará algún día ós periodistas a escribir en galego. Mais, ¿non tería que obrigar máis ben ós empresarios do periodismo? ¿Que podemos facer nós os xornalistas para remediar unha imposición (tácita)

FARO: do capital? Se non aceptamos, imos á rúa, coma tódolos traballadores... ¿Como loitarmos contra iso?

LoisR: Ola melgacho, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: Faro. unha resistencia activa e teimuda e intelixente frente ás imposicións empresariais... Outra

LoisR: Penelope é a túa

penelope: Neste século xurde a figura do heroe apocaliptíco, salvador do mundo. Moitos cre que vostede, na escrita, devén como o "Mesías´ das letras galegas. ¿Precisan as nosas letras, dende a periferia, novos mesias?

melgacho: ?

Gwlith: ?

Ferrin: Penélope: na realidade Apocalipse do que fala moito é do Anticristo e da Besta...

Ferrin: Isto é o que non necesita nin Galicia, nin no Mundo hoxe...

Ferrin: Outra.

LoisR: Vai Pepaloba

pepaloba: ¿Segue tendo vixencia o principio do uso da pólvora e as magnolias?¿Vostede cal usa/usou con maior frecuencia?

Ferrin: Pepaloba: depende de con quen estea falando...

Ferrin: Outra.

LoisR: Agora tócalle a Sanxoas

penelope: ?

Sanxoas: Cal e a tua opinion respecto dos resultados electorais do BNG no rural?

Sanxoas: Se cadra o tema era literatura e estou fora de onda?

FARO: Vai ben

Ferrin: Sanxoás: non se rexistrou un retroceso do PP tan estrepitoso como nas cidades...

Ferrin: Pro todo se andará... Outra.

LoisR: Ola Milladoir, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

LoisR: Vai Balbordo

*melgacho (user4635@cyberchats3.corevia.com)* non

Balbordo: O malo de receber o prémio Nobel é que só estarás ben visto se te "vendes" ó mercado castelán ( Saramago nunca foi tan bén recebido dende que é hespañol...) ¡ E ÓLLO O QUE DIXO DVINCIOS! pois xa vexo ós "galego-hespañois" buscando bóas desculpas para adicar ó día das letras galegas a D. Manuel Nube-Neghra nun futuro...Por certo a desculpa do "traballo" dos xornalistas paréceme endeble... a xente tamén hai que educala! Eu coidaba que até o de agora o x

DVincios: ?

pepaloba: ?

LoisR: Se cadra tes que rematar a frse Balbordo

Ferrin: Balbordo: Se me desen o Premio Nobel importaríame tanto estar ben visto como no día de hoxe... Outra.

LoisR: ReM, agora vas ti

Balbordo: ?

ReM: qué cre ter Vde. en común -como poeta- con Chus Pato, por un lado, e Xabier Cordal por outro? / e teña en conta que poden estar aquí.... ;-)

LoisR: Ola mindonien, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: ReM: Unha visión do mundo e desta nación con moitos puntos de coincidencia...

LoisR: Ola dieste, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: alén de multitude de coincidencias temáticas, lingüísticas, sentimentais e retóricas... Outra.

LoisR: Veña Vieiros

Vieiros: ¿Nunca pensou en se adicar exclusivamente á literatura, tal e como fan outros escritores galegos? ¿Ou cre que así se resentiría a súa producción literaria?

Ferrin: Vieiros: a miña profesión é, e foi sempre, a de profesor de instituto...

LoisR: Ola X, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: Penso que non é posíbel vivir exclusivamente da literatura en galego... Outra.

LoisR: Ola domin, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

LoisR: Ola Usuario, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Milladoir: ?

Usuario: ?

LoisR: Vai Vence

Correo: ?

Vence: Boas, Ferrín. O que eu vexo algo raro é que en vez de falar estemos a "chatear", e que cada vez que alguén entra no "chat", non entre en realidade, senón que fai "join" no "channel".Por non falar dese pingout ou non sei qué. Eche un trampitán xenial este

Vence: do Internet, nonsí?

Ferrin: Vence: ¿Que tal, Vence?...

Rhiwefdel: ?

Ferrin: A min xa se están poñendo orellas de cybor...

Vence: Moi ben. Traballando un chisco.

Bet: ?

Suso: ?

Ferrin: Vence: o que pasa que ti e máis eu tamén bebemos vasos de viño en Camelias street. ...

LoisR: Ola Lado, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: Non corremos perigo de perda de identidade... Outra.

LoisR: Melgacho, a túa vez

melgacho: Como ve o futuro do independentismo galego en canto á reorganización do MLNG tendo en conta o feito de que este ano o Día da Patria vai ser unitario por vez primeira dende hai moitos anos?

ReM: ?

Rhiwefdel: ?

Ferrin: Melgacho: este ano os independentistas de tres organizacións (AMI, Primeria Linha e FPG) van manifestarse conxuntamente...

Ferrin: O tempo dirá se esta unidade puntual vai ter unha continuidade... Outra.

LoisR: Tócalle a Gwilth

Gwlith: Son xornalista, mais non filla de rico. Polo tanto houbo un tempo no que tiven que escribir en español, quixer ou non quixer. E como non sei facer outra cousa, teño que achantar co que hai. Así que, primeiramente esixo un respecto. Non todos podemos ser funcionarios (e todo cristo quere selo, por desgracia). A miña pregunta é: Cal cres que é o xeito de convencer á familia Fernández Latorrez (por ex.) de que publique La Vozen galego? ¿Ou iso é un imposib

LoisR: Remata por favor

Ferrin: Gwlith: tes un nick precioso, así como galés...

Vieiros: si, é gales

Gwlith: Ou iso é un imposible e o que hai que facer é poñerlle unha bomba e crear outro proxecto?

Gwlith: o da bomba é coña, claro

FARO: ;-)

Ferrin: A familia Fernández Latorre e tódalas familias capitalistas do mundo só hai unha forma de convencelas e ista é a de imposición das masas, que pode chegar e, de feito ten chegado moitas veces, á expropiación forzosa...

Ferrin: Outra.

FARO: ?

LoisR: Penélope, vas

penelope: Cómo pasará Méndez Ferrín o 25 de xullo?

LoisR: Ola atropos, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: Penélope: irei á manifestación da FPG e despois xantarei cos meus camaradas...

Suso: ?

Ferrin: nunha taberna que hai a carón de Raxoi...

Ferrin: Estás invitada. Outra.

LoisR: Dvincios o teu turno

LoisR: Ola Fabian, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

DVincios: ¿Non lle parece que hai moito minifundio nas letras galegas, quero dicir, moitas editoriais, algunhas delas vivindo das subvencións, e moitos escritores, facendo o mesmo, da cousa institucional?.

penelope: ?

rhiwefdel: ?

Fabian: ?

LoisR: Ola Rosi, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

LoisR: A ver, unha paradiña. A orde das preguntas pedidas é: Balbordo, Milladoiro, Rhi..., Bet, Suso, ReM, Faro, penelope e Fabian

ReM: marchou!

LoisR: Parei xa que como vedes caeu Ferrín

LoisR: Está entrando de novo

LoisR: Por tanto despois de que Resposte Ferrín a Dvincios será Balbordo o que teña a vez

LoisR: Ola Foucelhas, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

LoisR: Seño ferrín...

Foucelhas: ?

LoisR: Repito a pregunta...

LoisR:DVincios: ¿Non lle parece que hai moito minifundio nas letras galegas, quero dicir, moitas editoriais, algunhas delas vivindo das subvencións, e moitos escritores, facendo o mesmo, da cousa institucional?.

Ferrin: Xa estamos conectados de novo, quedamos colgados.

rosi: ?

LoisR: Ola Julia, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: De Vincios: xa contestei antes e quedamos colgados...

Ferrin: Ben... Non hai demasiadas editoriais...

LoisR: Por favor resposte de novo, non vimos a resposta

Ferrin: Non creo que as editoriais galegas vivan mási de subvencións que as españolas...

Ferrin: Por exemplo: eu dirixo unha revista A Trabe de Ouro, a cal a Xunta non lle dá ningún anuncio de convocatoria de oposicións...

Ferrin: Escritores (propiamente ditos) que vivan das institucións, ou sexa mercenarios, non existen...

Ferrin: Antes quedará mellor, pero bueno... Outra.

LoisR: Vai Balbordo

Balbordo: ¿Porqué os comerciantes galegos fan dóus anuncios (galego e castelán ) do mésmo producto para anunciar en castelán cando cortan coa conexión pra emitir na Galiza, se o público é o mésmo, ou sexa galego? ¿Son melloras do Bilingüismo harmónico?

LoisR: Ola Ulfe, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

Ferrin: Balbordo: eu non teño relacións co mundo do marketinge da publicidade empresarial...

Ferrin: Supoño que farán o que eles consideren máis rentable crematisticamente... Outra.

LoisR: Milladoir a túa vez

Milladoir: Gustaríame saber que representa hoxe en día Kerouac para vostede ¿Como influiu na súa literatura? Outra pregunta: ¿Que é o que pretendiches simbolizar co teu conto "Adosinda horrorizada"?(Os meus amigos e eu temos moitas versións)

Ulfe: ?

Ferrin: Milladoriro: que tes nome de moreas de pedra que sobreviven no tempo...

Milladoir: :)

Ferrin: Kerouac representou para min o anarquismo de ruta...

Ferrin: e queimar a vida ó día...

Balbordo: ?

Ferrin: ou sexa o contrario da acomodación...

Ferrin: hoxe é unha melancolía de mocidade...

Ferrin: e Adosinda horrorizada é un pastiche da apocalipse de San Xoán da que falabamos antes...

rhiwefdel: ?

Foucelhas: ?

LoisR: Ferrín debeu volver a caer...

FARO: Lois como vos falo polo servidor?

LoisR: Xa logo ven...

LoisR: Aí ven aí ven

Ferrin: Caimos outra vez, isto non é vida.

LoisR: Señor Ferrín estaba vostede rematando de respostar a Milladoir

LoisR: podería retomar ao fío?

Ferrin: Lois: o que faga falta...

Ferrin: Con moitísimo gusto... Outra.

LoisR: Non dicia que estaba respostando a Milladoir..

LoisR: ía porFerrin: e Adosinda horrorizada é un pastiche da apocalipse de San Xoán da que falabamos antes...

Ferrin: Non me lembro, desculpa...

LoisR: repito:

LoisR:Ferrin: Kerouac representou para min o anarquismo de ruta...

LoisR: Ferrin: e queimar a vida ó día...

LoisR: Balbordo: ?

LoisR: Ferrin: ou sexa o contrario da acomodación...

LoisR: Ferrin: hoxe é unha melancolía de mocidade...

LoisR:Ferrin: e Adosinda horrorizada é un pastiche da apocalipse de San Xoán da que falabamos antes...

Ferrin: E tamén contén a miña vivencia da condición feminina...

Ferrin: Outra.

LoisR: Rhiwefdel, vas ti

rhiwefdel: ¿cre vostede que iste é un bo momento pra que HB volva a salmodiar ou deixamos que o siga facendo...

rhiwefdel: chus pato coa súa lingua labarada e púrpura (xa sabe carbúnculo e robí)?

Ferrin: Rhiwefdel. amigo, que quere dicir iso de "salmodiar"... Outra

Bet: Boas noites. Sr. Ferrín, ¿que motiva a unha persoa da súa categoría a se presentar a concursos literarios?. (A vostede non lle fan falla para nada). E aproveitando a vezz: ¿que recuperaría da súa mocidade? (dígoo polo de "melancolía de mocidade" da que falou anteriormente)

LoisR: Resposta Rhiw... etcetera

LoisR: Por favor Bet un intre.

rhiwefdel: NON SEI SE SALMODIA HB OU FERRIN, VOSTEDE, PERO DIGAMOS QUE COLLER VOZ NACIONAL E ÉPICA COMO ELA VAI FACENDO...

Ferrin: Bet: fágoo no uso do meu albedrío...

Sanxoas: ? ( milagre, atravesei o espello outra vez )

Ferrin: e penso que tódolos vellos escritores...

Ferrin: deberían periodicamente xogarse o físico...

Ferrin: facéndoo así...

Ferrin: Da miña mocidade recuperaría absolutamente todo, se puidese...

Suso: O Nobel de Ferrin, seria o segundo para a nosa literatura, querese decir, conta tamen Saramago?

LoisR: A ver. Unha paradiña para ordenar

LoisR: Ferrín esta respostando a Bet e non sei se quere facelo a rhiw...

Ferrin: Rhiwefdel: depende de como se enuncie...

LoisR: Despois respostará a pregunta de Suso

Ferrin: Outra,

LoisR: Esperade a que vos dea vez en aberto, por favor

LoisR: Señor ferrín. respòste agora a Suso

Ferrin: Suso: non. Outra.

rhiwefdel: ?

LoisR: Vai agora ReM

ReM: Volvo ao que antes dicía Balbordo sobre a maldita conveniencia de ser traducido ao castelán...

ReM: ¿"No ventre do silencio" é intencionadamente pechada a "iniciados" (na nosa historia cultural)?...

ReM: ¿Pretende conscientemente ser intraducible-sen-notas-a-pé-de-páxina para avanzar na autodeterminación da literatura galega?

Ferrin: ReM: na mesma medida é para iniciados en que a novela "Point counter point" de Huxley é para iniciados...

Ferrin: na cultura inglesa...

tapia: (perdon)

Ferrin: Todo pende en que a miña novela igual que a de Huxley...

Ferrin: teña algo máis do que claves circunstanciais...

Ferrin: Os lectores o dirán. Outra.

LoisR: Tócalle a Faro

Sanxoas: Senon xuiz / nen mestre de cativos / a escolla do neno / seria a carreira das armas / populares. / traballando decote / no eido o mais apartado da casa / cortando aa esquerda no camiño / chegaria asi a ser dono de nada / e un algo amo de todos noos. ¡Mendez Ferrin e todos noos!

FARO: Ferrín, ¿ti cres posible unha Revolución no século XXI? Semella cousa da prehistoria, hoxe absolutamente irrealizable.

FARO: Como ves?

LoisR: Sanxoas, tócalle a Faro

LoisR: Señor Ferrín, resposte a Faro

Ferrin: Sanxoás: Outra vez, puño en alto. Outra.

Sanxoas: ara unha vez que estou dentro!

FARO: Respostou?

Ferrin: Faro. tamén semellaba irrealizable a caída da Uniñón Soviética, e a ídem do Imperio Romano...

Ferrin: e foron... Outra.

DVincios: ?

LoisR: A ver: vai Suso

Suso: Cal e o seu sonho para o futuro?

tapia: ¿puedo hacer una pregunta en castellano?

LoisR: Ola RB, benvido/a ao chat con Xosé Luis Méndez Ferrín. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

tapia: (no se escribir galego?

tapia: )

Ferrin: Suso: todo... Outra.

LoisR: Vou dar unha lista de palabras:...

Ferrin: Tapia: por min podes facer esa pregunta, por favor... Outra.

LoisR: Penelope, SAnxoas, FAbian, Foucellas,...Rosi, Ulfe, Balbordo rhiwefdel...

penelope: Que me dis da entrada do capital francés en Xerais?

LoisR: Dvincios e hai alguén mási... ah! e Tapia

Ferrin: Penélope: opino o mesmo que o control de Renault sobre Nissan...

Ferrin: Vivimos no Imperio do Capitalismo Trasnacional e impera a lei do máis forte...

Ferrin: Outra.

LoisR: VAi Sanxoas

LoisR: Pasa. Vai Fabian

Fabian: Boas Noites Xose Luis desde Buenos Aires, Argentina. Perdona que utilice el castelan: para mi es un honor lograr esta comunicacion contigo luego de leer "Con Polvora e Magnolias" y "Arnoia, Arnoia" mis libros preferidos entre los que pude conseguir por aqui. Mi pregunta es,disculpandome por mi ignorancia, quisiera saber cuales de tus obras se refieran mas especificamente sobre la tematica de la Emigracion hacia America.

Ferrin: Fabián: un saúdo fraternal para ti e Buenos Aires...

Ferrin: que tanto amo...

Ferrin: Nunca toquei moito o tema da emigración a América...

Ferrin: seguramente por ausencia de expoeriencias persoais e familiares...

Ferrin: esa emigración está, cont todo, presente en toda a miña obra...

Ferrin: Outra.

LoisR: Agora vai Foucellas

Fabian: Muchas Gracias Xose, TE esperamos pronto

Foucelhas: Vê com esperanças este 25 de Julho? Crê que se avançará na unidade do indepednentismo?

Ferrin: Moi ben , Fabián.

Foucelhas: independentismo

Ferrin: Foucelhas: como dixen antes, todo depende de que os que se chaman independentistas e non acreditan na lingua galega...

Ferrin: como idioma independente do portugués...

Foucelhas: perguntei-lhe sobre política

Foucelhas: nom sobre língua

Ferrin: saian do seu error colonial... Outra.

Foucelhas: por que essa obsessom sua?

LoisR: Vai Rosi

rosi: E Portugal, quédanos?

Foucelhas: ?

Ferrin: Foucelhas: eu contestei como contestei. Outra.

LoisR: Reposte a Rosi, por favor

rosi: E Portugal, quédanos?

Ferrin: Rosi: felizmente a media hora de onde estou falando contigo...

Foucelhas: ?

Ferrin: Outra.

Sanxoas: Que me di da geada de "mareas vivas". Non consigo aturala. ¿necesito un sicologo?

Sanxoas: e un programa da tv-pp

Ferrin: Sanxoas: eu nacín en Ourense e crieime en Vilanova dos Infantes con geada...

Ferrin: vivo en Vigo con geada...

Ferrin: estou casado cunha de Marín con geada...

Ferrin: e hai que roelo... Outra.

LoisR: Agora Ulfe e despois Balbordo

Ulfe: Non será unha pregunta, senón un agradecemento: gracias, Ferrín, por seres a figura clave do nacionalismo galego do último tercio de século. E por facérelo socialista, a diferencia de gran parte das reivindicacións cegas e magmáticas da Europa (se a liberación dos pobos é o empresariado, preferimos a agonía). Este país nunca poderá pagar o que che debe. O BNG, quizais, tampouco saiba facelo. Beizón, por sempre.

Ferrin: Ulfe: beizón a ti...

Ferrin: máis pola túa confianza...

Ferrin: nos principios que polo teu eloxio a miña persoa... Outra.

LoisR: Balbordo, vas ti

Balbordo: ¿Qué lle pareceron ás opinións dos partidos estatais hespañois respecto do Nazonalismo galego néstas últimas eleccións?

Ferrin: Balbordo: non soportan o incremento das posicións nacionalistas galegas....

Ferrin: das que o BNG son un clarísimo indicio. Outra.

LoisR: Vai agora Rhiwefdel e quedan dúas palabras máis. Logo rematará o chat.

rhiwefdel: DIN QUE O BNG TENTA FACER AS COUSAS ISTAS QUE FAI COMO ESTRATEXIA, É POSIBLE OU É UN XIRO O DILES AO DIREITISMO?

pertenecido: la pereza, las drogas, la noche, el sexo, la música, el fuego... RECUPEREMOS LA PALABRA)

Ferrin: Rhiwefdel: Francisco Rodríguez declara que non é independentista....

Ferrin: no programa electoral do BNG desaparece a oposición á Unión Europea e todo o que representa....

rhiwefdel: CERTO, E BEIRAS, E BAUTISTA, E TODOS O DIN, QUE FACEMOS OS QUE NOS CONSIDERAMOS INDEPENDENTISTAS?

Ferrin: iso é o que eles din...

Ferrin: Organizarnos...

LoisR: Vai Dvincios

Ferrin: Outra.

rhiwefdel: ¿NON DEBEMOS XUNTARNOS TODOS OS QUE AINDA SOMOS UN POUCO O CORONEL KURTZ E LOITAR CONTRA O NEOLIBERALISMO DUNHA VEZ?

DVincios: ¿Qué pensa do feito de que Vigo teña, por primeira vez na súa historia, un alcalde nacionalista? aínda que sexa nunha alianza co PSOE

LoisR: Por favor resposte a Dvincios

Ferrin: De Vincios: moi ben...

Ferrin: Estivemos a punto de ter outro na República...

Ferrin: na figura de don Manuel Gómez Román...

DVincios: ¿Quen?

Ferrin: pro non foi posible...

DVincios: certo

Ferrin: O cadro municipal en Vigo mudou completamente...

Ferrin: estamos nun novo tempo...

Ferrin: pode derramarse o efecto electoral o mes que ven...

Ferrin: se o alcalde do BNG concorre á procesión do Cristo da Victoria...

Ferrin: copmo ten anunciado...

Ferrin: Outra.

LoisR: Vai Tapia

Balbordo: ?

tapia: Me gustaría saber antes de nada, cual es el modelo político-económico que propones para galiza

tapia: aparte de lo que es el modelo social, que más o menos, todo comunista tendrá básicamente consensuado

Ferrin: Tapia: para Galicia e pro Mundo sigo recoñecendo que non hai outro horizonte de liberdade e de xustiza...

Ferrin: que non sexa o comunismo. Outra.

LoisR: Señor Ferrín a última. Vai Balbordo

rhiwefdel: ?

Balbordo: MEUDEUS!!!!

Ferrin: Balbordo: pregunte, pregunte a quen corresponda...

rhiwefdel: IS THIS THE END?

Ulfe: ?

tapia: ?

Ferrin: en todo caso faremos todo o posible...

Foucelhas: ?

Ferrin: os laicos de Vigo pra que non ocorra...

DVincios: a

Ferrin: Outra.

faro: Como dixo Vence, isto máis que un chat foi unha asemblea… !

faro: Esperemos que o Sr. Ferrín se presente máis a muído polo cibespacio, "en beneficio de todos"

Ferrin: Nacional popular...

ReM: mágoa dun par de xerras...!

Balbordo: DE CERTO!!!

Vieiros: Ben, aínda que con moita mágoa temos que despedir este chat, dándolle as gracias a Ferrín e a todos os participantes. Despídense tamén El Correo e O Correo e o Faro de Vigo. Moitas gracias a todas e todos e moi boas noites. A Xerais tamén. Voltaremos en setembro con máis chats...

Ferrin: Nós as tíñamos.

Correo: Moi boas noites. Gracias a todos/as.

faro: Boas noites.


Chats anteriores en Vieiros:
- Chat cos promotores do XIS
- Chat con Milladoiro
- Chat con Freixanes

Vieiros