Chat con Milladoiro Xoves, 3 de marzo de 1999 <Vieiros> Boas noites a todos e a todas. <Avelainha> Boas noites. <Presedo> Boas noites <Isabel> Boa noite <xose1> boas noites <Milladoiro> Boas noites <Galaec> boas noites <Vieiros> Velaquí estamos hoxe, nesta "habitación virtual", con fadas (de estraño nome) e todo... Como ben sabedes, esta noite temos connosco a Rodrigo Romaní e a Xosé V. Ferreirós, membros fundadores do máis importante grupo folc de Galicia, Milladoiro. <Vieiros> Boas noites, Rodrigo e Xosé <Milladoiro>boas noites <Vieiros> Velaquí vai a primeira pregunta: Sodes fillos de vellos e míticos gaiteiros coma os Areeiras de Catoirra. ¿Que sentides agora ao serdes vós os pais de todos estes grupos novos? <Milladoiro> alegrámonos moito de ver que aparecen cantidadede xente nova preocupada por recuperar e recrear a música do pais <Vieiros> ¿A que "tolo" se lle puido ocorrer naqueles anos 70 que o folc galego podia ter exito e, ainda mais, que fora admirado e respectado fora de Galicia? <Milladoiro>A tolemia era a paixón por un pais, unha músicq e unha cuktura denoostados. Era imprescindible <Vieiros> Nunca houbo tantos gaiteiros en Galicia coma hoxe, ¿ que diferencia hai cos de antes? <XurxoRoma> Boas a todos. Especialmente para o curman Rodrigo <XurxoRoma> Tamen fora de Galicia hai unha chea deles <Milladoiro>A tolemia era a paixón por un pais, unha músicq e unha cuktura denoostados. Era imprescindible <Milladoiro>Disculpa, volvo respostar <Milladoiro>Evidentemente todas as influencias das músicas que se viñeron facendo do folk ó jazz e ó pop influen no xeiro de tocar da xente actgual <Vieiros> O folc galego esta a vivir un autentico "boom" do que ten bastante "culpa" Milladoiro. ¿Credes que , que fore unha moda pasaxeira ou esta consolidado? <Milladoiro>Nin unha cousa nin outra. (ola Xurxo) <Vieiros> E non podemos evitar preguntar polas gaitas escocesas que tanto proliferan por Ourense. Que pensades diso? <Milladoiro>Todas as modas son pasaxeiras. Os booms sempre deixan algo, un pouso <Milladoiro>Un pouso que ha de quedar para sempre e estará a dar froitos constantemente. Outra <Vieiros> repito a pregunta de antes: E non podemos evitar preguntar polas gaitas escocesas que tanto proliferan por Ourense. Que pensades diso? <Milladoiro>As gaitas escocesas que tanto proliferan son unha importación, pero a música tradicional está chea de importacións. Sigo <Milladoiro>O problema nace cando o recoñecemento insstitucional se centra só mumh a tendencia importada e a coloca como representación oficial da música de gaita galega <Milladoiro>Outra <Vieiros> Despois dun chat, so vos falta tocar cunha gaita electronica... :-) :-) Fariadelo? <Milladoiro>Repito: Non está nos nosos plans de momento. sigo <Milladoiro>ademais polo de agora non nos dá o ordenador para tanto.Outra <Vieiros> Esta foi a ultima pregunta. Agora calquera persoa pode facerlle preguntas aos nosos convidados, mais debe pedir turno antes ao moderador mediante unha mensaxe privada, gracias. <Isabel> Quero dar-vos os parabéns pola trajectória do grupo, realmente tendes levado a nossa música ao lugar que lhe correspondia. Qual o vosso próximo projecto? Vai ser mais tradicional ou mais clássico? <Milladoiro>Estamos agora mesmo a gravar, andamos do ordenata á sá de gravación e de volta. Seguimos a face o mesmo que vimos facendo Tradicional°anovador <Milladoiro>Outra <XurxoRoma> Queria preguntar o curman se costa atopar temas tradicionais para incluir nun disco agora mais que hai quince anos <Milladoiro>Costa máis botarlle imaxinación nos aranxos pero tampouco nos imos deixar ir por outros derroteiros que non sexan o estilo peculiar que criamos todos estes anos. Sigo <Milladoiro>Ti que opinas, oe? <XurxoRoma> Penso que sempre queda tradicion por explotar, e senon estan as propias composicions, inspiradas de feito nela <Milladoiro>Totalmente de acordo. Outra <mike> Son un Gaiteiro de Rianxo estudiando en Ourense.Para cando o seguinte disco? <Milladoiro>Estamos agora mesmo niso. Confiamos que para maio. Por certo, podedes dar ideas para titulalo. Outra <xose1> Hola. Son Xosé de Santiago. ¿Cal é para vós a diferencia entre folk e folclore? <Milladoiro>… unha fronteira moi sutil. Folklore remite á tradición. Tradición remite a transmisión, transmisión remite a incorporación de elementos novos. Esa é a dinámica de sempre da música tradicional. Outra <Avelainha> Ides incluír temas cantados.. pero ¿vai cantar somentes Rodrigo? e ¿serán moitos ou un par deles? <Milladoiro>Imos incluir un par deles, se é o caso. Rodrigo está moi controlado e só o deixan cantar o imprescindible. Outra <xose1> Pensades que a música folk que actualmente se fai en Galicia, é unha moda pasaxeira <Milladoiro>Pasará o boom, pero quedarán moitas cousas moi interesantes. Seguimos agardando ideas para o título do disco. Outra <Maria> Boas noites, son Maria de Ferrol. ¿Fóra de Galicia en que país vos sentides mellor acollidos? <nanana> hoolaaa <Milladoiro>En latinoamérica nos reciben moi ben. Pero máisd que públicos por nacionalidades son os concertos individualmente os que o público está mais ou menos receptivo, independentemente do lugar en que esteas. Outra <Isabel> De onde tomais a vossa inspiraÁ"o? <Milladoiro>Da paisaxe, do clima, da xente, da imxe que un posúe do proprio pais <Milladoiro>Outra <Vieiros> Rafael Rey, editor de Vieiros Uruguay, quere facer a seguinte pregunta, que enviou por correo xa que non podia "estar" aqui a esta hora. : Nos vosos primeiros tempos tivestes unha violinista uruguaia, que pasou con ela? <Presedo> Uruguaya de Poio. <Milladoiro>LAura Quintillán foi a primeira e única muller que tocou en Milladoiro. No ano 1978 o nivel de intepretación viokinística era moi baixo en Galicia. Sigue <Milladoiro>Laura foi un descubrimento para todos nós. Colaborou o vran pasado de novo co grupo e mantemos con ela unha excelente relación. Sigue tocando como os anxos é rofesora no conservatorio de Vigo e ten un grupo de tangos "Tangata" extraordinario.Outra <xose1> Propoño para o título "Galiciforme" <Milladoiro>Por que nos queres tan mal?. Mais ideas, por favor. <Milladoiro>Agradécese, de todos xeitos. Outra <Presedo> Ola. Presedo dende Pontevedra. ¿porque tantos cambeos de violinita no grupo? Houbo polo menos 4 <palleiro> Hola, eu propoño para o disco Leng,iza (así lle chama a miña sogra o chourizo polas terras de Celanova) <Milladoiro>Non nos explicamos a razón. é unha consecuencia dos motivos circunstanciais de cada individuo. Pode ser que os seis de semnpre estemos metidos nunha burbulla narcisística na que nos aturamos case de todo. Outra <Presedo> Un titulo sensual: `nove polainas e media' }:-) (fixación a miña) <Edel> Tendes pensado facer algunha xirinha polas Americas neste ano? <Milladoiro>O de leng,iza é interesante. Manda unha proba do material á Picaraña. Non titularemos así o disco, pero quedaremos moi agradecidos polos chourizos. Outra <Retorto> A revista Teima hai uns vinte algún ano vos chamóu PNNs da música. Qué pensades hoxe daquelas palabras? <Milladoiro>Por orde, por favor. <Avelainha> Presedo.. non vale facer publicidade subliminal XDD <Milladoiro>Imos estar de xira por case toda Norteamérica. Desde Ottawa a California. No noso web podedes seguir o calendario. Contestamos outra. <Milladoiro>Desde que nos chamaron PNNs fixemos a oposición e gañamos a cátedra. Contestamos ourta <Paca> que pensades da volta ó mundo discográfico de Fuxan os ventos e A Quenlla. Please <Moderador> #4 por favor, para intervir mandade unha mensaxe o moderador, e non intervir ata q se os de a palabra# <Moderador> Gracias <Milladoiro>Fuxan foi unha institución no seu momento e estamos moi felices de que retomen o camiño. Alguén algunha vez debra facer unha homenaxe ó que significaon Fuxan os Ventos a mediados dos 70. Respostamos a Presedo <Milladoiro>Moitas gracias, pero xa hai un que se chama Doce Polainas Enteiras. Plaxio? <Milladoiro>Outar <Presedo> Digamos que cambia o numero. <mike> O título do disco é un representante do seu contido. ¿Cal é o estilo?. Si tocara en Milladoiro ... poñeríalle: JARUMA (Nome da "folla" do Piñeiro na miña zona) <Milladoiro>Tamén é certo. Outra <Milladoiro>Anotamos a idea. Outra <Isabel> Adianto uma ideia mais: por que n"o fazeis alguma incurs"o na poesia actual feita por mulheres? <Milladoiro>Antón Seoane acaba de producir un disco de Pilocha, no que todas as letras son de poetas mulleres. Rodrigo fixo unhas composicións para poemas de mulleres contemporáneas en homenaxe a Rosalía.Outra <Presedo> Nuñez, Budiño, Hevia, ¿queiman o mercado ou axudan a que vos vendades mais? <Milladoiro>Afortunadamente aínda non precisamos axuda para vender. Somos vellos no mercado e os nosos productos teñen un selo propio que o público recoñece <Milladoiro>Outra <lamean> Son lamean de Culleredo, propoño de nome pra o disco BRUADA en lembranza das nosas vellas e malpocadas compañeiras as vacas <Milladoiro>Afortunadamente aínda non precisamos axuda para vender. Somos vellos no mercado e os nosos productos teñen un selo propio que o público recoñeceoutra <Presedo> Susana Seivane, Cristina Pato, ¿Guerra por ser a primeira gaiteira con disco no mercado? <Milladoiro>Anotamos tamén.Outra <mak> hola * Moderador #4 ten a palabra xose1 # <xose1> Como a cousa vai de pinos, propoño "Fiuncho " para o Disco <Milladoiro>Coincidiron as dúas na súa saída o que é marabilloso para todo o mndo menos para elas. Outra <Avelainha> ¿Pensades que os medios de comunicación galegos están prestándolle a atención que merece á nosa música? <Milladoiro>Xa sabiamos o difícil que é buscar nome. Vemos que non só nos costa a nós. Vedes que difícil? Outra <Milladoiro>Hai demasiada pouca crítica nos medios de comunicación e demasiada propaganda, tamén no que se refire á música. Outra <mike> Creedes que hoxe por hoxe pódese chegar a algún sitio cun grupo tradicional (Sen entrar no tema "folk") <Milladoiro>Pódese chegar ó mellor dos sitios porque a condición de mellor a crea o público e a comodidade coa que o artista actúe. Outra <Maruxo> Hola son o Maruxo dende Manchester (inda que son vecicho de Rodrigo, de Rates, o lugar lindante con Albeida). Sigo. <Maruxo> Credes que hai un paralelismo entre o crecemento do nacionalismo en Galicia e o movemento Folk. Estan relacionados? <Milladoiro>Viva San Cosme. Probablemente históricamente os movimentos pol¥ticos botan man dos recursos culturais para apoiar as súas tesses ideolóxicas. A valoración desta corrente é unha cuestión individual de cada votante. Outra <Edel> Que tipo de persoa van os vosos concertos en Norte America? Galegos non hai suficientes..., son polo tanto Irlandeses, ou de toda clase? <Milladoiro>En xeral son norteamericanos que gostan da chamda world music e que coñecen Milladoiro polas súas publicacións discográficas en Estados U idos. Outra <Presedo> Nin por un asomo se me ocurriria pensar que necesitasedes axuda para vender. Non quixen decir eso. Buscaba a vosa opinion sobre o fenomeno Nuñez- Budiño -Hevia. <beluca> Sr. Moderador non sei se chegan as miñas preguntas. Son unha patosa. A pregunta é ¿cal é o segredo máis secreto que ten Milladoiro para levar tant tempo xuntos?. E que sexa por moitos anos <Milladoiro>… un tipo de visión da música folk moi de acordxe cos tempos que corren de globalización e de uniformización da música actual, e en xeral da cultura. Outra <eu> hola <Milladoiro>a) tolerancia, b) paciencia c) humildade d) masoquismo e) ideoloxía f) visión da música popular. Outra <Isabel> Qual o músico estrangeiro que mais vos impresionou? <Milladoiro>Das colaboracións que fixemos atopamos que Bill Whelan é un gran músico. O éxito que acadou intenacionalmente con Rive Dance foi totalmente merecido. Outra <mike> ¿Cómo compaxinades o traballo coa música?¿Cando ensaiades? (Bueno por cuestións económicas temosvos que deixar, Gracias a todos) <Milladoiro>Difícilmente, pero por razóns taén económicas, temos que compaxinar. Ensaiamos roubándolle tempo ó sono e ó lecer. Outra <Avelainha> Home.. para o titulo deberíades darnos pistas.. o de Luar Na Lubre, por exemplo, vai xirar entorno o mar (e os cadros de Lugrís), ¿o voso disco tratará dalgún tema concreto? <Milladoiro> O noso disco no é monográfico. Tentaremos facer un disco co que retorne o estilo sinxelo e fresco no que se desenvolven moitas das publicacións do grupo. Outra <Vieiros> Ben, podemos facer tres preguntas mais e logo despedimonos dos nosos convidados. <Maruxo> Son o Maruxo de novo. Credes que o exito da musica Folk pode dar lugar a aparicion doutros estilos de musica en Galicia ou vai a ser como na economia, teremos que especializarnos nun so producto? <Milladoiro>Como na economía, as prediccións nunca son exactas. Digamos que é un tnto impredecible. Estilos novos hai tempo que non aparecen por ningures. Outra <Edel> A casa discografica Greenlinnet publicabos 3 discos, mais un deles xa nono tenhen en stock e outro tes que ordenalo. Non pensades que se trocarades de discografica a cousa podreria trocar? Logo, pra finalizar, persoalmente creo que anunciarse nos EEUU como Musica Celta of Spain deixa a estes paixans confundidos... <Vieiros> Ben, se non hai mais preguntas, imos deixalo aqui. Moitas graciaspor terdes participado. E especialmente a Xose e a Rodrigo por responderSen mais, lembrarvos que cada quince dias tedes unha cita no chat de Vieiros. Na proxima ocasion, o protagonista vai s <Vieiros> Perdoade, Milladoiro pode responder esa pregunta. <Milladoiro>En canto ó dos discos, tomamos nota e falaremos con Green Linnet para que manteñan o catálogo vivo. en canto á etiqueta que citas, é algo que non é fácil controlar desde aquí, anque nós a única etiqueta que levamos é a de úsica de Galicia. A veces, as compañías buscan elementos que o público poida identificar. Procuraremos que no futuro as referencias sexan a Galicia. Outra <Milladoiro>Boas noites e gracias a todos∫as <Vieiros> Agora si que nos despedimos de verdade. :-) Moitas gracias, Rodrigo e Xose, e a todos vos tamen. <FER> ¿Qué opinades da mistura entre flamenco e música celta de Núñez? <Vieiros> Pero antes, lembrarvos que o vindeiro chat vai ser cun protagonista do futbol galego, non o perdades... boas noites! <Milladoiro>Cal é a túa opinión? Podedes opinar todos <Presedo> Sobre a mestura de flamenco de Carlos eu opino coma o titulo do disco de Cristina Pato: tolemia <Maruxo> Pois a min non me parece mal. A mestizaxe eche unha boa cousa. <Presedo> Si, se non ten uns visos comercias a tope. <Presedo> Ola, Xurxo, A boas horas!!! <Galaec_> Cómo é a música de Cristina Pato? Eu só escoitei o que deron un minuto pola TVE e non me gustou moito? <Milladoiro>Definitivamente temos que volver á gravación, se queredes que haxa disco con título marabilloso incluido en maio. Moitas gracias a todo o mundo. Polo que sabemos, parece que o chat queda en aberto. Ata outra. <Presedo> Pois anda que despois desto non sei como ides tocar ;-) Saudos a Nando. <Avelainha> Ale rematou o invento, graciñas ó moderador por ternos aturado a todos :) <FER> Deberiamos facer un clube de Anti-Núñez pola súa venda ó mercado hespañol, ¿non credes? <Avelainha> Supoño que é normal que non se mollaran NADA.. <Moderador> :) <Maruxo> Non sera para tanto, digo eu,... <Presedo> Eu non son Anti-Nuñez, en realidade non son anti-nada. <Presedo> Nuñez sabe buscarse moi ben a vida. Eu, a pesar de q non me guste a mezcla que fai, admiroo <eu> ??? <Avelainha> Esa é a historia, Presedo, estar de acordo ou non coas propostas que cada un presente.. Tampouco fai falla poñer a parir á xente.. (aunque é tentador XD) <FER> Xa, pero eu coido que a sona ó Núñez vaiselle voltar en contra cando observe que o público galego non asimila moi ben toda esta nova "FLAMENCADA" <Presedo> Pero vendera fora. Ese e o asunto, vender. <eu> Todo o mundo ten que comer <Avelainha> Non sei, pero en troques ganara público andalus XD (¿ou non? (¿¿??) ) <Maruxo> Vender ten que vender todo mundo e o que diga o contrario e un hipocrita. O que hai que saber e o lugar que se ocupa, de onde venho e onde estou. <Presedo> maybe. <FER> ¿Pero vender a que prezo?, ¿corrompendo a música tradicional galega? <eu> ¿qué é a música tradicional galega?eh???? <Maruxo> Iso de corromper soame mal. <Presedo> Bueno, deixovos, que inda teño que fozar na miña paxina g,e para meter arquivos midi. <Avelainha> Penso que iso do "público galego" non é algo que teñan en conta.. pero é lóxico (ata certo punto) porque en Galicia apenas se merca música Galega. <Maruxo> Tratase de crear dende Galicia e iso non significa que non poidamos mixturar, e mais debemos facelo. <FER> Pois música tradicional é toda a bóa música feita co gosto do noso País, ¿OU CREDES QUE SE n/-EZ NON TIVESE …XITO EN españa FACERIA ISTO? <Avelainha> Ben, eu tamén teño que liscar.. e nin sequera poderei tocar a miña páxina.. desconecto XA antes de arruinarme :) <Presedo> Saude a todos. <Maruxo> Pois fala, venha. <Moderador> jejejeje :) <Avelainha> Iso, que fale :) <Avelainha> O único que non puido facer preguntas.. pobriño el.. <Moderador> pois... <Moderador> q os pareceu o chat? <Avelainha> °Vaites! Esquecin preguntarche se querías que lles preguntara algo!!! Sintoo :( <Avelainha> Pois moito mais organizado do que agardaba.. a pena é que non se mollaron nada (estoume a repetir??) <FER> EU non puiden facer ningunha pregunta, ¿onde debo reclamar? <Moderador> non estivo moderado, todos tiñades a posibilidade de falar en calqueira momento <Maruxo> Estivo ben. Agora que non nos ve ninguen? Quen vai ser o proximo? <Moderador> o de Freixanes si que estaba moderado <Moderador> so se podia falar cando tiñas a palabra <Avelainha> Si que fixeches FER contestáronche ó de Carlos Nuñez cun "que pensas ti?" XDD <Moderador> e verdade... -> [Moderador] PING <eu> Eu cheguei tarde. ¿Como podo recuperar a parte da conversa anterior á miña entrada? <Avelainha> ¿E como foi que non se controlou desta vez? <FER> Ben, isto de invitar a un futboleiro non é couso moi "CULTIVADA" °upps! <Moderador> a imos poñer en www.vieiros.com <Moderador> maña <Galaec_> eu tamén perdín parte polas caídas, podo ter a tertulia baixar a tertulia dalgun sitio? <eu> ¿cando ven RIVAS? <Maruxo> Home, por un amigo faise o que fagha falta. Quen ven sendo oh? <Alan> Pero nas instruccións que aparecen ao entrar no chat, dicía que estaba moderado e que non se podía falar sen pedir permiso ao señor moderador... <Moderador> si, pero cambiamos o sistema sobre a marcha <Moderador> para facelo mais chat <Vieiros> Rivas vira antes de Pascua, se non pasa nada raro. <eu> ¿E Ferrín? <Moderador> que se puideran facer pequenos comentarios offtopic sen pedila palabra <Avelainha> Haberá que visitar mais a miúdo a vosa páxina :) <Vieiros> claro! <Avelainha> Eu penso que foi boa idea (o dos comentarios), e non houbo moito problema por iso. <Moderador> pode ser q a xente non o soubera... <Moderador> o q pretendemos e q se pida a palabra para preguntar... <Moderador> pero q cada un poda participar cando queira para matizar algo ou para algun comentario pequeno <eu> ¿Ferrín cando? <Moderador> eu creo que lle da mais dinamismo... <Avelainha> Ben. Eu teño que liscar.. unha aperta e noraboa aos organizadores :) <Vieiros> cando queiramos. Esta xa comprometido <Moderador> Gracias :) <Maruxo> Ben, como ninguen me fai caso vou a ver se me colgo nunha mazanceira ou algo asi. (eche un dicir). Hala, coidense vostedes. <eu> adeus <Moderador> adeus <Vieiros> aburiño, Maruxo <FER> hala., adeus, logo <Vieiros> Dicirvos antes de marchardes que podedes utilizar o chat de Vieiros cando queirades. Chats anteriores en Vieiros: Chat con Freixanes |