Chat cos promotores do XIS
Mércores, 24 de marzo de 1999


<Vieiros> Ola, boas a todos
<Vieiros> Benvidos á sala-chat de Vieiros. Como sabedes, esta noite temos connosco a Camilo Regueiro e a Ramón Flores, os promotores do Proxecto Xis, que deu lugar ao único navegador en galego, o XIS, que agora se presenta. Boas noites, Camilo. Boas noites, Ramón.
<Vieiros> Imos comenzar co chat... para facer as preguntas lembrade pedir a palabra ao moderador enviandolle unha mensaxe privada.
<Vieiros> Imos alá xa coas preguntas. Contádenos para empezar como argallastes todo isto, como o fixestes e canta xente participou?
<Ramon> O asunto empezou na lista galicia-l
<Ramon> Habia no ambiente a necesidade de facer algo para lle dar pulo ao galego na informática. Estaba-se daquelas a presionar a administración e a Microsoft para que saca-se o Windows en galego.
<Ramon> Algunha xente non viamos moi claro que estas campañas foran a ter éxito inmediato, e pensamos que mellor iamos facendo nos algo.
<Ramon> outra
<Vieiros> ¿Tedes datos de canta xente baixou o Xis?
<Camilo> nestes intres non, pero contamos comezar a controlar eso axiña.
<Camilo> outra
<Vieiros> Agora ides crear unha plataforma polo software en galego, ¿cales son os vosos vindeiros proxectos neste eido?
<Camilo> en principio queriamos montar unha organizacion legalizada para eso, e estamos tendo conversas
<Camilo> os do proxecto Rianxo (Roberto Abalde) e mais nos, e unha vez que teñamos mais ou menos
<Camilo> eso resolto, tentaremos ver as posibilidades de abranguer outros proxectos, pero polo de agora imos tentar ir actualizando o navegador Xis
<Camilo> outra
<Vieiros> ¿Credes que o galego ten algo que facer nun mundo -o da informática- que está dominado por Bill Gates?
<Ramon> No que esta dominado por Bill Gates se cadra non moito, pero hai outros mundos
<Ramon> Estou-me a referir ao mundo so software livre, o linux e todo iso. E aí si que temos moito que dicir
<Ramon> Se queremos claro esta. Nese mundo non temos mais travas que a que nós nos poñamos.
<Ramon> outra
<Vieiros> Vós aproveitastes a liberación do código fonte de Netscape. Agora está moi de moda o sistema operativo Linux, que trae consigo unha nova "filosofía" libertaria que se está a extender gracias á Internet, ¿que pensades disto?
<Ramon> Eu son un linuxeiro convencido, e militante. Non sei o que saira de todo isto, mais algo esta a cambiar.
<Ramon> outra
<Vieiros> Ben, agora abrimos o turno de preguntas para os internautas. Podedes comezar cando queirades, moitas gracias.
<Minho> Nom recebestes nenhuma oferta da Xunta de Galicia, como subvencionar parte do projecto ou assim?
<Camilo> tivemos algunha conversa con algun directivo da xunta, pero daquela ainda estabamos comezando, e preferimos ter o proxecto mais
<Camilo> claro para saber realmente as necesidades que iamos ter, e sobre todo como ia funcionando o proxecto...
<Camilo> mais o contacto veu por unha canle que non esperabamos, xa que contabamos que fora pola promocion da lingua, e non foi asi...
<Camilo> agora estamos establecendo multiples contactos, xa que non queremos ter un promotor unico, e sobre todo queremos que non sexa
<Camilo> exclusivamente pola banda da subvencion publica.
<Camilo> outra
<Galaec> boas noites. Primeiro felicitarvos, gracias ó Xis teño algo en galego no meu ordenador
<Galaec> a pregunta: decidistes al
<Galaec> por algun modelo de norma ling,ística determinado? digoo porque os menús parecen estar en mínimos, pero a axuda está en norma reintegracionistra.
<Ramon> A axuda está directamente en portuguÍs, mais exactamente na norma brasileira.
<Ramon> O asunto e que ainda non traducimos a axuda, e consideramos que entre as varias posibilidades que
<Ramon> tiñamos a mellor era esa. Meter a axuda en portugues.
<Ramon> outra
<gwlithcae> Ides ir actualizando as novas versions do Netscape?
<Camilo> Por suposto que si. De feito xa estamos montando a version 4.08 e penso que en pouco tempo...
<gwlithcae> (sintoo, mais non podo contactar co moderador) E cando o XIS para os usuarios de Mac?
<Camilo> xa podera estar disponible, e xa estamos estudiando a actualización para 4.5, que é mais complexa...
<Camilo> de todos os xeitos quixera engadir algo encol do tema da normativa.....
<Camilo> e tamen te contesto o do Mac gwlithcae :)
<Camilo> O tema da normativa: Cando comezamos o traballo, dispoñiamos dun grupo de persoas dispostas a colaborar...
<Camilo> e despois dun debate chegamos ao acordo de facer a tradución en normativa de minimos, ademais...
<Loisinho> Ola, son Lois de Vieiros e escribo desde a casa:Son unha das persoas máis modernas do mundo... teño varias contas de e-mail, atendo diariamente a varias webs... en serio son "o máis moderno" mais sempre son o último en chegar a todas as novidades. A razón: pois iso como son moderno uso un Mac. Para cando o Xis para Mac?
<Loisinho> Disculpas
<Camilo> como collimos como base a version do Communicator en portugues para facilitar o traballo, foi .....
<Camilo> unha das cousas que tamen nos impulsou a deixar a axuda en portugues.....
<Camilo> O das versions para outras plataformas... preferimos actualizar a version en Windows e despois tentar acomenter outras plataformas
<Camilo> outra
<Loisinho> Perdón pola intrusión anterior. Repito: Son Lois de Vieiros e on unha das persoas máis modernas do mundo... teño varias contas de e-mail, atendo diariamente a varias webs... en serio son "o máis moderno" mais sempre son o último en chegar a todas as novidades. A razón: pois iso como son moderno uso un Mac. Para cando o Xis para Mac?
<Ramon> Hai un rapaz traballando niso, pero non sei se por sorte ou por desgracia, hai poucos modernos coma ti
<Loisinho> Por desgracias, of course
<Ramon> e portanto non hai moita xente que se poda encargar de certas tarefas
<Ramon> tarefas indispensabeis para sacar o producto, como por exemplo reunir todos os programas nun autoexecutabel.
<Ramon> outra
<Minho> Qual o problema, ou a parte mais difícil no trabalho de traduzir um navegador, ou qualquer outra aplicaçom infE já nom me refiro a temas da normativa..ormática?
<Ramon> En canto a traducir, o problema principal en galego é a falta dunha terminoloxía ben asentada,
<Ramon> realmente dunha terminoloxía minimamente asentada.
<Ramon> outra
<gwlithcae> Iso do Linux que diciades antes, non e moi complicado de instalar?
<Ramon> Depende que distribución. Eu para empezar recomendo RedHat. E a verdade, nun PC compatibel non da muitos problemas.
<Ramon> outra
<gwlithcae> que e iso de que vos ides fusionar co Proxecto Rianxo? Me lo'splique
<Camilo> Ben, non sei se sabes que hai un grupo de xente traballando nun traductor galego-castelan-galego....
<gwlithcae> si, si
<Camilo> este traballo deuse en chamar Proxecto Rianxo, e esta coordinado por Roberto Abalde...
<Camilo> é curiosamente un fillo de emigrantes galegos en arxentina.....
<Camilo> o motor esta en Java, e a nosa idea era que cando estivera mais avanzado tentar incorporalo ao navegador Xis....
<Camilo> de tal xeito que poideramos baixar paxinas en castelan (en principio logo se tentaria ampliar a outros idiomas) e traducilas....
<gwlithcae> E iso que vantaxes traeria para o usuario?
<Camilo> automaticamente ao galego
<Camilo> ou outra utilidade seria escribir un e-mail en galego e envialo traducido outomaticamente ao castelan....
<Camilo> se pensas no binomio galego-castelan igual non lle ves moita utilidade, pero pensa ingles-galego, aleman-galego, etc...
<Camilo> outra
<Camilo> veña paz non sexas timida :)
<gwlithcae> Podo preguntar eu? :-) Credes que Bill Gates sera o Big Brother do vindeiro seculo?
<paz> Cánta xente participou no Xis. Disculpas polo retraso
<Ramon> Non, está nas últimas
<Ramon> Sobre unhas 15 persoas. Algúns máis e outros menos.
<Ramon> outros
<Camilo> teño que dicir algo....
<Camilo> houbo moita xente que se interesou nun momento dado e que se ofreceu para aportar cousas, pero temos que ter en conta....
<Camilo> que este traballo é un traballo polo de agora altruista e implica roubar tempo dos quefaceres persoais....
<Camilo> asi que nun momento determinado podian facer algun traballo, pero logo se lles complicaba a cousa e tiñanno que deixar .
<Camilo> outra
<Minho> Como diríades que está a Galiza frente a outros países do Estado no tema da Internet?
<Ramon> A que te refires, infrastructuras, xente con acceso?
<Minho> Tudo, o desenvolvimento em geral, o nível das webs, o número de pessoas com conexom...
<Camilo> home segundo as ultimas enquisas non podemos dicir que esteñamos na punta de lanza por desgracia...
<Camilo> e con respecto ás infraestructuras tampouco, polo menos que reflictan na xente en xeral...
<gwlithcae> Galicia ten as mellores infraestructuras (vid. Autopista Galega da Informacion), pero por elas non anda nada...
<Camilo> pois a eso me referia gwlit...
<Camilo> outra
<Minho> Que é isso da Auroestrada Galega? Podes-mo explicar melhor?
<Ramon> Gostaria-me a min sabelo. Non o teño ala moi claro, e non sei se realmente non será algo como a feira do cocido de Lalín :)
<paz> Non sei cal é a , de seguro rica, vida de Ramón, pero ao Camilo, que o coñezo máis preguntolle:
<Ramon> Isto é, algo que queda moi ben nos titulares dos periodicos, dicindo que somos os mellores do mundo
<paz> Non sei cal é a , de seguro rica, vida de Ramón, pero ao Camilo, que o coñezo máis preguntolle:
<paz> Como se combina jun traballo de informático coa paqixón de tocar nun grupo e o "hobby" de conseguir que un navegador ou outro software sexa entendible por xente coma eu (os máis modernos do lugar). En serio informática, música, iniciativas: ao final todo é matemáticas ou creerse o País (xa sabes caldo, percebes, Vieiros, o Celta, a autoidentificación ou como lle chames ti, o Xis, Galicia cableda, non sei ... o Mago Antón quizais?)
<Camilo> ha,ha quizais si Lois, levo tocando a gaita dende os 14 anos, e daquela moito teño percorrido polas aldeas do pais....
<Camilo> vendo moitas veces autenticos paradigmas, como aquela vez que fun a unha aldea a 10km das Pontes e ainda estaban sen luz electrica....
<Camilo> quizais todo iso me marcou e me fixo ver que a necesidade real do pais era modernizalo e darlle á xente acceso as ferramentas do futuro dende a sua propia realidade
<Camilo> outra
<paz> ¿Sabedes de algunha experiencia similar a do Xis noutros paises? E si é así tedes contactos.
<Camilo> si, a traducción do Communicator de Netscape se fixo que eu saiba a mais de 10 linguas, entre elas o catalan
<Camilo> precisamente co grupo catalan e mais concretamente co seu coordinador (Jordi Mas) temos contactos....
<Camilo> e estamos vendo a posibilidade de crear foros comuns de traballo
<Camilo> outra
<Bachgenba> Segundo o que oín nun congreso no País Basco, un problema "endémico", digamos, da traducción de software a linguas "pequenas" é o factor tempo. ¿¿Con canto retraso hai que contar, na práctica, para poderdes ofrecer unha edición galega de cada nova versión dun programa que saia nas linguas "grandes"? O problema, sempre segundo o que escoitei, é que o usuario medio sempre vai optar pola última versión, disponible que entenda, ainda que non estea na súa
<Bachgenba> Segundo o que oín nun congreso no País Basco, un problema "endémico", digamos, da traducción de software a linguas "pequenas" é o factor tempo. ¿Con canto retraso hai que contar, na práctica, para poderdes ofrecer unha edición galega de cada nova versión dun programa que saia nas linguas "grandes"? O problema, sempre segundo o que escoitei, é que o usuario medio sempre vai optar pola última versión, disponible que entenda, ainda que non estea na súa
<Camilo> efectivamente, ese é un problema. De feito cando nos tiñamos a dispor a version 4.03 xa estaba editada a version 4.06
<Camilo> pero tamen temos que ter en conta que a parte de mais traballo foi precisamente esa, o comezo, dominar os procesos de tradución...
<Camilo> detectar procesos erroneos, e establecer dalgun xeito unha metodoloxia de traballo e unha organización que comezara a funcionar....
<Camilo> de feito ainda estamos traballando nalgunha desas fases que te comento, pero dende logo agora a velocidade de actualizacion é moito maior que ao principio....
<Camilo> outra
<gwlithcae> ides buscar financiamento nalgun sitio?
<Bachgenba> E iso que dis é factible, economicamente?
<Camilo> estamos neso, como xa dixen antes estamos tendo contactos con algunha entidade, e temos pensado ofertar....
<Camilo> algunha contraprestacion a cambio de respaldo economico, materila, etc...
<Camilo> pero dende logo é algo que temos presente dende o comezo do proxecto..
<Ramon> De todos os xeitos iria-nos moi ben alguen que se encargará diso,
<Ramon> Alguen que non ten que saber nada de informática, nen de inglés, pero si que levará as relacións
<Ramon> coas casas comerciais e as administracións
<Ramon> outra
<Vieiros> Camilo, Ramón como parece que non hai máis preguntas...
<Vieiros> Podemos dar por rematado o chat...
<Ramon> Pois imonos deitar, que esta xente ha querer marchar
<Camilo> bueno apertas a todos/as e gracias por todo
<Vieiros> Moitas gracias a todos e a todas por terdes participado. Gracias tamén aos nosos convidados Ramón e Camilo. Pechamos aquí esta conversa desexándolles moito éxito coa presentación do XIS e dando azos para novos proxectos. Boas noites a todos.
<Camilo> moitas gracias a vos pola vosa invitacion
<gwlithcae> gracias pola conversa
<Camilo> adeus gwlit :).


Chats anteriores en Vieiros:
- Chat con Milladoiro
- Chat con Freixanes

Vieiros