Opinión de oposición e sindicatos BNG: Xosé Manuel Beiras mostrouse convencido de que a Xunta podería paralizar o proceso de compra, aínda que non ten interese, logo do que dixo Fraga dende Australia", ao afirmar que a Xunta estaba a buscar un socio capitalista. O líder do Bloque indiciu tamén en que a Xunta non concorriu cunha opción alternativa para ter o control de Leyma e engadiu que "se os centros de decisión están fóra, o poder político queda baleiro". Ademais, mostrou as súas dúbidas sobre o feito de que os membros do Goberno non puideran estar ao tanto da operación, indicando que a propia Sodiga ten unha participación en Leyma e polo tanto forma parte do seu Consello de Administración. Beiras mostrou igualmente sorpresa porque unha empresa andaluza pasara a controlar algo que "tería de defenderse con unllas e dentes", poñendo como exemplo deste "absurdo" que unha empresa galega puidera chegar a ter o control sobre o refinado de aceite en Andalucía. E o deputado do BNG Emilio López indicou que operaicións coma esta son "intermedias" e que poden levar a "un desmantelamento total do sector". PSdeG: O deputado e voceiro de Agricultura dos socialistas na Cámara galega, Francisco Sineiro, recalcou onte que se negaba a considerar que o acuerdo poida saír adiante sen o visto e prace "explícito e implícito" da Xunta. Sinalou que neste sentido que "é o primeiro reto que queremos lanzarlle" á Administración. "Para que Leyma saia adiante hai que saneala e a Xunta fixo xestións para o seu refinanciamento, polo eyma teña futuro coa oposición da Xunta". Sineiro considera que se trata dun acuerdo de venda á "desesperada" tanto por parte de Leyma coma do Grupo Lácteo Galego, "porque estiveron "desamparados" ao longo dos seis meses transcorridos dende que se desatou a crise. O deputado socialista culpou á Xunta da situación "por non ter unha solución propia", indicando que tanto Pascual, como Lagasa, ademais de Puleva, poderíanse ter incorporado. Na súa opinión, a venda de Leyma supón desfacerse "dun patrimonio estratéxico de Galicia" como é o sector lácteo, recordando que "se vai" Leyma como antes se foi Larsa e que agora o grupo gallego vai a ser unha peza máis dos intereses de Puleva. AGACA (Asociación Galega de Cooperativas): "A desaparición do grupo Lácteo Galego con base accionarial de maioría cooperativa dá paso a un sector industrial desvencellado do sector productor e sometido a todo tipo de movementos especulativos e avatares empresariais". Sindicato Labrego Galego: "A Xunta debe intervir e reunirse urxentemente co sector para falar do tema e discutir como se vai enfocar o futuro ante situacións tales como a Axenda 2000 e a desaparición do sistema de cotas lácteas. Hai que seguir pensando en clave de producción polo peso que ten o sector e para poder ter perspectivas de futuro". A esta organización resúltalle difícil crer que a Xunta non estivese ao tanto desta negociación, afirmando que o titular de Economía si a coñecía. Unións Agrarias: Plantexou nun comunicado a necesidade de que os representantes dos productores de leite coñezan os termos do acordo para tentar "reconducir" aqueles aspectos que poidan ser prexudiciais ou negativos para os productores de leite galegos ou para os intereses xerais do conxunto do sector lácteo. Este sindicato afirmou que a constitución do Grupo Lácteo galego foi "unha tomadora de pelo" aos productores de leite e criticou ao Goberno de Fraga por "como defendeu neste caso aos intereses económicos e sociais dos galegos". Xóvenes Agricultores: Lamentou que "unha empresa andaluza poida acabar co Grupo Lácteo Galego". Malia que considera que non hai nada positivo na compra, respeta "a decisión se a tomaron os propios gandeiros e cooperativistas de Leyma". |