Vieiros

Vieiros de meu Perfil


A Cow Parade compostelá

Lara Rozados - 17/04/2007 13:59 - visitas

Contabamos cunha mobilización agraria con vacas e todo, como cómpre, e preparamos o noso despregamento de medios audiovisuais... Pero cando chegamos, as vacas eran de cartón, e nin sequera imitaban ás do país. Que decepción!

Non eran marelas, nin bradaban. Eran de cartón branco a manchas negras e ben reivindicativas (non bruarían, pero expresábanse ben clariño nos lemas que levaban pintados). Algo así como a Cow Parade que ten lugar estes días en Vigo, pero por outras razóns menos relacionadas coas artes plásticas. En fin, quedounos pena de non dármonos o gusto de gravar nin tirarlle fotos a vacas auténticas no centro de Compostela, pero a noticia quedou feita.