ANCHO DE BANDA

O Atlántico e a Internet

 

 

Ilustración de Luís Seane para o libro"El ceñidor de Venus desceñido" de Rafael Alberti, da editorial arxentina Botella al Mar

 

Español | English

Xosé Romar Bermúdez estaba pescando na praia de Reira, Camariñas cando veu unha botella flotando. Intrigado pola curiosidade botouse ó mar para colle-la botella e cal non sería a súa solpresa ó comprobar que no seu interior gardaba a seguinte mensaxe:

"o 16 de maio de 1993 botei esta botella ó mar. Gostaríame saber algo de ti. Chámome Ashly Harvey e o meu enderezo é ...... Saint John, Canadá".


Xosé Romar regaloulle a botella ó seu neto, quen a levou á escola de Ponte do Porto onde o seu profesor, Emilio Roca, traduciu a mensaxe, púxose en contacto cos medios de comunicación e comezou a organiza-la resposta á misiva de Ashly.


Unha vez que en Vieiros coñecémo-la noticia, recorremos ó e-mail para poñernos en contacto con Francois Soler quen se encargaba de localizar a Ashly Harvey para contarlle o longo periplo da súa botella e de informar desta fermosa historia ós medios de comunicación de Saint John .


Deste xeito, Fabián e o resto da clase souberon que na outra beira do Atlántico, na Terranova, Ashly Harvey, a rapariga de 13 anos que en maio de 1993 botara unha botella ao mar dende a península de Avalon, agardaba impaciente as noticias dos seus novos amigos.

Mentres toda a clase está rematando a carta que lle van enviar a Ashly, un equipo da Televisión Española e a Televisión Pública do Canadá nas súas emisións en lingua francesa para Terranova rodaron varias reportaxes desta noticia na que se entrelazan, co Atlántico por medio, a botella ó mar e á Internet, a Costa da Morte e Terranova, Camariñas e Saint John.

Se queres saber máis sobre esta historia sigue aquí.



Volver a Vieiros