Este ano, no marco da celebración do San Cidre, Manuel Regal Ledo presentou o seu novo libro Terra de seu. Breve historia do campesiñado galego, que recolle os 24 capítulos que foron saíndo durante 6 anos en Fervenza, a revista trimestral do Movemento Rural Cristiá de Galicia.
Como ben se comenta na introdución do libro, o título “Terra de seu” ten moito que ver coa que foi unha das máis fondas aspiracións dos homes e mulleres do campo galego durante séculos: ter terra de seu, sobre a que libremente fundamentar unha vida digna. O libro quere ser así “unha homenaxe sobradamente merecida a tantos antepasados nosos, con corpo e alma de home ou muller rurais, que fixeron historia, a nosa historia a ritmo de teimudas aspiracións, que sempre deron os seus froitos”.
Eran os que non están, as que non se ven, os que non figuran.
Eran centos, orgullosos e festeiras, no lombos dos lamborghini, e dos John Deere, eles e elas, que están ausentes dos telefilmes, das pasarelas da estupidez, do escaparate da abundancia, da prensa rosa, azul e señorita, de todas as festas de todos os Berlusconis.
Acaba de morrer na India, onde entregou a súa vida e a súa alma. Foi xesuita, logo secularizado e casado. As axencias de comunicación titularon a noticia con estas palabras: “O home por quen choran os parias”.
Rebelarse contra as desfeitas que a Administración está a provocar ou a consentir no litoral, como por exemplo o Plan de Acuicultura, é cousa de loar. Pero se un grupo de veciños e veciñas, ademais de protestaren e resistiren, van construíndo modos de traballar e de asociarse que demostran que é posible estar e quedarse aquí e que é posible outro modo de vivir, daquela, esa xente no só predica, senón que tamén dá trigo, ou, o que é o mesmo, esa xente denuncia a inxustiza ao tempo que nos anuncia un futuro diferente. Pasamos unha mañá con Xosé Manuel Casais González, presidente do movemento veciñal de Quilmas.
Máis de trescentos teólogos e teólogas así como animadores e responsables de comunidades de base do estado español fixeron público este documento. Resulta revelador do momento que vivimos e tivo certo impacto nos medios, aínda que en poucos se reproduciu na súa integridade.
Conversa con Xulio Lois, teólogo
Xulio Lois exerce de teólogo e de galego por Madrid. É o presidente da asociación de teólogos Xoan XXIII e foi durante máis de trinta anos recoñecido mestre dunha reflexión cristiá encarnada nos procesos de liberación, a través do seu oficio de profesor do Instituto Superior de Pastoral, do seu exercicio como cura en Vallecas e como animador de comunidades de base. Nun momento electoral, nun momento, ademais, no que a dereita política trata de ser identificada de novo como a aliada da Igrexa, cómpre recordar o elemental da mensaxe de Xesús en clave tamén política.