Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Canal Verde

Xestionado pola Federación Ecoloxista Galega e Vieiros
RSS de Canal Verde
17:00 29/06/2009 Denuncia de Adega

Contaminan con entullo un acuífero dos montes vigueses de Candeán

Refugallos das obras que se están a facer nos terreos comunais déitanse en varias áreas co coñecemento das autoridades.


14:00 25/06/2009 Alegacións ao último proxecto da Xunta

Adega: "A Costa da Morte está de saldo"

"Piscifactorías, parques eólicos en primeira liña de costa, Parador na Rede Natura e agora, a liña de alta tensión Muxía-Vimianzo", denuncian.

11:00 25/06/2009 Informe de Verdegaia e Ecoloxistas en Acción

A calidade do aire nas cidades galegas incumpre os valores da OMS

A Consellaría de Medio Ambiente, denuncian os ecoloxistas, "oculta información" sobre a situación na contorna de industrias contaminantes.

14:05 17/06/2009 Proposta dun novo plan de xestión de residuos

Os ecoloxistas piden pechar Sogama, o "paradigma da insustentabilidade"

Apostan por un modelo "descentralizado, fiábel e socialmente xusto". As chaves para este proxecto: "redución, reutilización e compostaxe".

20:15 16/06/2009 Recuperación da fauna autóctona

Catro polos de aguia real cedidos por Castela-A Mancha serán reintroducidos en Galiza

As crías crecerán nun niño artificial até que poidan voar e recoñezan o medio galego como propio.

canalverde
18:06 01/04/2009 Débense levar a cabo melloras para reestablecer o equilibrio natural do río

Solicítase a paralización das actuacións no cauce do río Lagares

Verdegaia vén de apresentar un escrito á Concellalía de Medio Ambiente do Concello de Vigo onde solicita que se paralicen de inmediato as actuacións de erradicación da vexetación que se están a levar a cabo na ribeira do río Lagares e nos seus afluíntes e que se recupere ambientalmente o ecosistema ribeireño deste curso fluvial.

17:53 01/04/2009 As árbores que hai nas rúas a humanizar son un valor engadido e non un estorbo

que se paralicen de inmediato as talas de árbores nas obras de humanización das rúas de Vigo

Verdegaia solicita publicamente que non se realicen máis talas de árbores nas obras de humanización que se están a levar a cabo en diferentes rúas de Vigo xa que a parte de acabar coa vida desas árboresestase a restar un valor engadido a cada unha das rúas a humanizar en cuestión.

17:49 01/04/2009 Rutas polo Bidueral de montederramo

As Corcerizas abre as súas portas en Semana Santa

Para todas as persoas que esta Semana Santa busquen relaxarse, gozar de fermosas paisaxes, e coñecer as tradicións da nosa cultura, a Serra de San Mamede convértese na mellor das opcións.


Outras novas