Chat-Chat-Chát Benvido, benvida, estás na sala de chat de Vieiros. Abrimos esta fiestra para conversas, lerias, parolas e parrafeos. Un espazo de uso libre para o debate, a reflexión ou o intercambio de información, onde coñecer a comunidade vieiresca, comentar a actualidade diaria, buscar cibermozo/moza ou enredar no tempo de lecer. Lembrámosche que periodicamente, Vieiros convida personaxes, persoíñas e mesmo persoeiros da sociedade galega, a latricar cos nosos lectores. A conversa está aberta a todos e a todas as internautas. Poderás facerlles as preguntas que queiras aos convidados e convidadas, pois trátase dunha entrevista colectiva onde ti serás o xornalista.
|
Como entrar no chat: Podes acceder ao chat de Vieiros dende web pulsando aquí Unha vez dentro, atoparás todas as instruccións necesarios para o seu uso. |
|||||||||||