Chat con Xosé Fortes Martes, 25 de marzo do 2003 <Vieiros> boas tardes <Vieiros> dentro dun minuto empezamos a conversa <xfortes> Boas tardes a todos <Vieiros> boas tardes a todos e a todas <Vieiros> en especial ao noso convidado Xosé Fortes <Vieiros> antes de comezar dígovos como funciona esto <Vieiros> antes de facer unha pregunta tendes que pedir quenda cun ? <Vieiros> ireivos dando paso, só por unha cuestión de orde <Vieiros> primeiro Vieiros fará unha pregunta e despois entramos todos, de acordo? <Vieiros> aí vamos. <Vieiros> en primeiro lugar, creo que a pregunta obrigada é sobre a invasión de Iraq <Vieiros> cal é a súa opinión sobre a postura do goberno español? <xfortes> poise... <xfortes> non so desafortunada, senon catastrófica <xfortes> outra <Vieiros> será unha guerra rápida ou toparán resistencia as tropas "aliadas"? <xfortes> pfff. sera unha guerra curta... <xfortes> segundo parece... <xfortes> pero non tan rápida como pensaban os americanos e aznar. <xfortes> outra <Vieiros> que novo panorama internacional se abre ante este ataque fóra da legalidade internacional? <xfortes> pois... crise das nacions unidas, crise da union europea, e crise na alianza atlántica... <xfortes> inaugurase a pax americana <xfortes> outra <capitan> ? <capitan> Que papel cres que debe ter o Exército nunha sociedade moderna? <capitan> só están para guerrear? <xfortes> nun libro que publiquei hai vintecinco anos, secuestrado... <xfortes> comezaba o texto cunha frase... <xfortes> 'si vis pacem, para pacem’ <xfortes> e polo tanto, a paz é un camiño que hai que empedrar... <xfortes> e os exercitos terian funcions residuais <xfortes> se é que camiñamos cara un mundo postbélico... <xfortes> e co que está caíndo... <xfortes> outra <mesana> cres de verdade que as tropas españolas van a Iraq só en "misión humanitaria"? <xfortes> Creo que todo o que se di referente a esta guerra senón é un eufemismo, é falso <xfortes> a verdade é a primeira víctima das guerras <xfortes> outra <capitan> e como ves as campañas de captación de militares entre os mozos... <xfortes> normal... <capitan> que lles prometen contratos suculentes, traballo emocionante <capitan> e logo é todo o contrario? <xfortes> o exército precisa xente e se é maior a demanda que a oferta fai publicidade... <xfortes> antigamente mandaban por provincias uns alistadores que ás veces emborrachaban os mozos para que asinasen... <xfortes> respecto do que ti dis... é publicidade. E se é publicidade ten que vender un producto <xfortes> Na Lexión dicían 'vida sana, comida abundante' <xfortes> outra <mesana> con respecto a ese libro que dis que tes secuestrado... <mesana> non seria posible publicalo hoxe? ou xa non ten sentido? <xfortes> esta escrito no 77 <xfortes> e non so cambiou o mundo, e os exércitos... tamén cambiou o autor... ;) <xfortes> pero o eixo do libro pareceme vixente... nunca se me ocorreu porque tampouco recibín ningunha oferta para publicalo... <xfortes> foi destruido polo exército, <xfortes> porque entrou un pelotón na editorial e destruiu os 13800 exemplares que quedaban <xfortes> salváronse 1200, que xa saíran por correo... <xfortes> aos subscritores <xfortes> e 'nunca mais' se soubo del <xfortes> outra <Vieiros> se algo hai claro por riba das mentiras da guerra é que os gobernos non responden á voz da opinión pública <Vieiros> cres que está crise esta forma de entender a democracia? <xfortes> si, creo que esta en crise... esta democracia que vivimos <xfortes> un exemplo é a disciplina dos partidos, que é maior cá do exército <xfortes> e outra é que un goberno poida involucrarse nunha guerra... <xfortes> sen un debate conxunto de congreso e senado... <xfortes> outra <Vieiros> que opinas das imaxes que ofreceron as TV <Vieiros> dos prisioneiros, tanto iraquís como estadounidenses <Vieiros> cres que se deben emitir? <xfortes> mmmm <xfortes> como dixemos, a publicidade na guerra é fundamental <xfortes> neste sentido, hai que aceptar algun tipo de vistas dos prisioneiros... sempre que non estean sendo torturados... <xfortes> pero chámame a atencion moito a protesta americana... <xfortes> que lle doeu, cando eles facían o mesmo cos iraquís <xfortes> outra <xabaril> que posibilidades militares ten Irak? realmente a tecnoloxía é un factor tan esmagante? <xfortes> é esmagante <xfortes> pero tamén era esmagante o exército de napoleón <xfortes> e fracasou cando non loitan contra el en combate regular e empregan a loita das guerrillas <xfortes> en España <xfortes> o que non é esta guerra é unha guerra de liberacion... <xfortes> senón de invasion... <xfortes> porque os americanos querían vender esa imaxe e... <xfortes> outra <mesana> dá a impresión ademais de que Iraq é só o principio... <xfortes> por suposto <xfortes> xa falaron de Irán <xfortes> é a nova orde internacional, estamos no seu nacemento... unha nova orde que pretende impoñer USA <xfortes> pero a guerra, as guerras, sábese como empezan e non como rematan... <xfortes> imos ver como lidan o tema curdo-turco-iraquí... <xfortes> se contentan os curdos terán os turcos enfronte... e ainda queda o problema de Iraq <xfortes> outra <xabaril> son conscientes estes países "seguintes na lista"? apoiarían a Irak? <xfortes> hai moitos problemas <xfortes> e un deles é Sadam Hussein <xfortes> e as súas relacións con Irán e co mundo árabe... <xfortes> outra <Vieiros> <Vieiros> xo continúa a pregunta, por favor <xfortes> canto mais militares, mais antimilitaristas debían ser <xfortes> é o lastre desta profesión a estas alturas do mundo <xfortes> outra <capitan> Xosé, cóntanos como se fraguou a UMD <xfortes> a oposicion ao franquismo viña de lonxe en moitos de nós... <xfortes> pero o paso dos pequenos grupos a unha organizacion nacional foi motivado polo 25 de avril <xfortes> outra <xabaril> Hai "umedos" aínda en activo no exército? <xfortes> coido que moi poucos.,.. algun debe haber... <xfortes> vintecinco anos son moitos anos <xfortes> vinteoito... trinta anos... <xfortes> outra <capitan> hoxe lin nun xornal de Estados Unidos que había un grupo de militares... <capitan> que se oponhía á guerra <xfortes> non é nada novo... o xeneral Swarkoff (ou asi)... <xfortes> manifestou a sua oposicion a esta guerra... e foi o xeneral da guerra dos noventa... de bush pai <xfortes> por motivos de legalidade... que non tiña sentido esta guerra, dicía <xfortes> realmente, eu creo que sadam non é un perigo <xfortes> nin para estados unidos nin para ninguén... <xfortes> cecais so para os iraquís <xfortes> outra <capitan> os militares tenhen algunha forma legal de "zafarse" dunhga guerra na que non cren? <xfortes> si, pero moi dificil <xfortes> no fondo manifestarse contra unha guerra é perder a carreira, de feito <xfortes> a unica solucion sería pedir a baixa... pero, vaia... <xfortes> nós na UMD estudiamos isto... e elaboramos o chamado 'estatuto do militar profesional', <xfortes> un documento que a min me parece aínda de plena vixencia... <xfortes> pero, claro... o mando nunca quixo saber nada daquilo... e dedicámoslle moitas enerxías... <xfortes> fixemos dous distintos: un en barcelomna, e outro en madrid-galicia, e logo sintetizáronse nun so documento <xfortes> moi longo <xfortes> onde se sinalaban con nitidez os dereitos e deberes do militar profesional. <xfortes> outra <xfortes> eu coido que... a forza política dun país ou dun grupo de países depende cada vez menos das forzas armadas... <xfortes> e máis das institucions políticas... <xfortes> pero nun tempo de transición... <xfortes> aínda é importante un exército eficaz. <xfortes> sempre que a súa actuación estea respaldada polas nacións unidas... <xfortes> outra <mesana> e cal cres que é a situación actual do exército espanhol, é eficaz? <xfortes> creo que... é pouco eficaz <xfortes> a formación da oficialidade aínda está orientada a gañar as guerras pasadas <xfortes> sempre España tivo un exército elefantiásico... <xfortes> cunha proporción ridícula entre mando e tropa... <xfortes> outra <Vieiros> Xosé, nalgún manual militar existe o concepto de "guerra preventiva" ou o acaban de inventar para a súa comenencia? Non é aberrante? <xfortes> é aberrante <xfortes> non existe en ningun manual militar <xfortes> é a lei da selva <xfortes> outra <Vieiros> semella que quen manda na política norteamericana é o famoso complexo industrial-militar <Vieiros> que xa se denunciara hai moitos anos <xalo> eu estiven fai case 20 anos unha experiencia militar q me serviu para loitar contra os exércitos. por varios motivos, polo talante dos mandos, polos seus métodos machistas, xenófobos, por estar todo moi podre, moi corrompido, por traficar nas suas fragatas con droga como Güisqui, haxís, verdadeiros cargamentos de tabaco....en fin..... <xfortes> no discurso de despedida de eisenhower como presidente dos estados unidos <xfortes> advertiu, eu creo que nun lapsus, dos perigos para a paz e a democracia que representaba o poder militar industrial <Vieiros> parece que está por riba de todo control democrático? <xfortes> a cousa vén de vello... <xalo> algúns deses barcos seguen frotando e son vellos, sirven so para mostrarlle a poboación.... <xalo> so dan sensacion de seguridade...esta de acordo conmigo? <xalo> a tropa non se enteraba de nada.... <xfortes> ainda que os mandos fosen afables, non machistas... e non se traficase con nada... <xalo> cambiou esto coa profesionalizacion? <xfortes> o exercito é o que é <xfortes> só o salva se as súas actuacións responden ás demandas da sociedade... e hoxe por hoxe, os acordos das nacions unidas <xfortes> respecto de se cambiou coa profesionalizacion... creo que modifica só o sistema de recluta, nada máis <xfortes> un queda abraiado vendo aínda hoxe os códigos de valores da ensinanza militar, española e internacional <xfortes> outra <xabaril> A situación do continxente español en Bosnia pódese ver afectada polo posicionamento de Aznar contra un país musulman? <xfortes> non só as tropas de Bosnia <xfortes> a política española no seu conxunto <xfortes> esta aposta do goberno é dunha gravidade insuficentemente remarcada <xfortes> outra <Vieiros> algunha pregunta do grupo? <xfortes> ? <Vieiros> pois vou eu <Vieiros> cambiando de tema... <Vieiros> cal é agora a túa principal actividade... andas nos arquivos... esculcando na historia de Pontevedra, non? <xfortes> pois si <xfortes> hoxe á tarde fallei, pero á mañá aínda fixen catro horas de arquivos <xfortes> estou a rematar, case a rematar, unha especie de autobiografía de Pontevedra <xfortes> outra <xabaril> sobre o Prestige: a tardanza no envío do exército mudou nalgo a visión da opinión pública galega? Como foi visto polos propios militares? <xfortes> non estou seguro... non teño informacion... <xfortes> pareceume un pouco tardía... nos meus tempos, en caso de inundación, de incendios,... <xfortes> o exército era o primeiro que acudía, porque tiña medios, organización... <xfortes> outra <Vieiros> cal é a túa opinión de Trillo como ministro de defensa? e dos outros ministros da democracia? <xfortes> Trillo... paréceme o peor <xfortes> por razons persoais, que non vén ao caso... pero que me deixaron abraiado sendo como é un xurista... <xfortes> o anterior ministro dérame a razón nun tema que Trillo anulou, nunha resolucion que anulou... e fóra do persoal, paréceme desastroso <xfortes> dos demais ministros... non quero facer leña da ministra de exteriores, pero é un exemplo do ministro que temos... <xfortes> cos outros ministros da democracia... con ningún tiven boas relacións <xfortes> cando nos reincorporaron ao exército fomos recibidos polos capitáns xenerais, e polo xefe de estado maior <xfortes> pero ninguén do ministerio de defensa civil nos deu a benvida <xfortes> só o vedel, que nos mandou asinar nun libro de presentacións (estou falando da época de Narcís Serra) <xfortes> outra <Vieiros> consideras que se recoñeceu dentro do exército español a aportación crítica da UMD? <xfortes> nas miñas últimas reunións ocasionais, con oficiais máis novos... <xfortes> daba a impresión... que todos respiran como 'umedos' e que a maioría me trata con deferencia e respecto <xfortes> cousa sorprendente, si <xfortes> queren que lles asine o libro de 'proceso a 9 militares demócratas e tal.. <xfortes> :) <xalo> aínda q me incorporei tarde a esta sesión e poida repetirme...observa vostede un retroceso nas liberdades? ¿unha clara volta atras, ós tempos de goberno franquista? ¿volve a dereita radical? <xfortes> paréceme que si <xfortes> hai actos do goberno sorprendentes, p.ex. a circular da consellería de educación sobre a prohibición dos rapaces de manifestarse... de poñer cartesis... <xfortes> e a actuación da policía! <xfortes> non é igual que con Franco... hai parlamento... hai debates... e hai acordos. <xfortes> pero o tufillo... que se desprende de moitos diucursos a min lémbranme ao franquismo <xfortes> outra <xalo> ¿cre q os servicios secretos, o exército, policía...a estas alturas teñen un gran listado de "alborotadores" contrarios o seu "réxime"? esquerdosos, “rojos”...etc? <xfortes> os servicios de informacion sempre teñen mais datos dos que imaxinamos, ;) <xfortes> son unha cova tenebrosa <Vieiros> ben, xa levamos unha hora de conversa.... <xfortes> si... intensa... <Vieiros> unha última pregunta, senón acabamos.... <Vieiros> ben, moitas gracias a todos e todas.... <xalo> perdon <xfortes> gracias a vos... <Vieiros> veña xalo, a última <xalo> ingresaria no exército d voltar atras na súa vida? <xfortes> :) <xfortes> :) <xfortes> é unha pregunta que... <xfortes> non podo nin facerme... <xfortes> non me podo ver sen a miña vida <xfortes> non me podo desprender dela... <xfortes> coido que non, de todos modos... co que sei hoxe creo que non volvería... <xfortes> pero voltar atrás é desfacerse a un mesmo <xalo> gracias ....entendo <Vieiros> repito, moitas gracias a todos e a todas, en especial a Xosé, pola súa amabilidade <Vieiros> mañá podedes ver en Vieiros a transcrición do chat <Vieiros> e a reelaboración en forma de entrevista.... <Vieiros> saúde a tod@s <xfortes> adeus <xfortes> saúde e república. Os chats de Vieiros | Vieiros |