Chat

Chat con Manuel Soto (Presidente de ADEGA)
Martes, 26 de novembro do 2002



<Vieiros> ola, boas tardes a todos
<Vieiros> parece que ao fin se vai ir solucionando os problemas
<MSoto> Para meendinho. Todo indica que sairá a superfície; ...
<Vieiros> se vos parece comezamos
<Op> Hola
<MSoto> informacións provisiónais dun laboratorio francés asi o indican, pero teremos tenpo de velo....
<Piche> escoitei que unha parte importante dos peixes das nosas costas pasan nalgún momento polas lagoas que hai perto de Corrubedo, que hai de verdade?
<MSoto> O correcto non éfacer cábalas sobre se si ou non. É preciso preparar-se para o pior. Pero está-se a facer?. outra
<MSoto> Algunha sespecies de peixes viaxan moito, por esemplo as sardiñas. Outras muitas especies, especialmente mariscos son muito mais sedentarias. outra
<meendinho> como afectaria uma possível chuva aceda?
<martacorb> Vanse organizar brigadas esta finde?
<MSoto> Non acho relación deste tema co da?chúvia ácida. Só na comsutión do fuel recuperado é que aparece este problema. outra
<edu-pais> Segundo teño entendido, as criaturas mariñas afectadas polo fuel-oil poden verse afectadas por mutacións. Provocará isto uns danos a longo prazo solucionábeis?
<MSoto> ADEGA está aorganizar brigadas desde mañá, esperamos que de forma continuada. Temos capacidade para 100 persoas voluntarias. outra
<Piche> Crés que os medios de comunicación están a darlle a cabida que se merecen os colectivos ecoloxistas do país?
<martacorb> Oes que Esther lop e eu estivemos esta finde en Beo
<MSoto> Duas cuestións. Efectivamente, haverá consecuencias a corto, medio e longo prazo como as indicadas; entre elas as ...
<MSoto> mutacións xeneticas. A mais longo prazo, e a nivel xeral, isto é só un episodio da grave contaminación dos oceanos...
<MSoto> estima-se que as marés negras (accidentes) comtribuen con só o 15 ou 20% da polución por hidrocarburos dos mars. outra
<edu-pais> Segundo teño entendido, as criaturas mariñas afectadas polo fuel-oil poden verse afectadas por mutacións. Provocará isto uns danos a longo prazo solucionábeis?
<MSoto> ADEGA está aorganizar brigadas desde mañá, esperamos que de forma continuada. Temos capacidade para 100 persoas voluntarias. outra
<Piche> Crés que os medios de comunicación están a darlle a cabida que martacorb: Oes que Esther lop e eu estivemos esta finde en Beo
<MSoto> Duas cuestións. Efectivamente, haverá consecuencias a corto, medio e longo prazo como as indicadas; entre elas as ...
<MSoto> mutacións xeneticas. A mais longo prazo, e a nivel xeral, isto é só un episodio da grave contaminación dos oceanos...
<MSoto> estima-se que as marés negras (accidentes) comtribuen con só o 15 ou 20% da polución por hidrocarburos dos mars. outra
<MSoto> Ficame unha peguna sobre a atención dos medios aso grupos galegos...
<MSoto> Ao comezo, desde logo que non. Outros grandes grupos internacioanis irrumpen con numerosos efectivos téncios e humanos....
<Piche> Cando denunciades chámanvos catastrofistas, cando colaborades falan de vós como se vos preocupásedes só dos paxaros. En calquer caso ánimo e adiante
<MSoto> Pero hai outra cuestión, en concreto ADEGA tivo muita mais atención nos meidos de fora, sexa do Estado español...
<MSoto> Catalunya, Euskadi... e de toda europa... para quen menos falamos foi para os medios galegos...
<sergio> Comunicou-se nalgum momento alguma instituiçäo (Conselharia, Ministério...) com vós para co-ordenar os trabalhos?
<MSoto> en especial par aa Voz de Galicia: falta porque nos chamen ainda por primeira vez, agás dunah que acudiron para perdir-me información como técnico ????. outra
<Vieiros> e da administracion, houbo algunha achega oficial cara vós?
<MSoto> Sobre a coordinación con institucións. De partida nada. Teño que lembrar que desde comezos do ano pasado, ADEGFA e a Federación Ecoloxista galega foron excluidas do Consello Asesesor do MA....
<MSoto> despois, acordamos unah colaboración directa cos concellos: Carnota, Malpica...
<Piche> Vai participar ADEGA na manifestación do vindeiro domingo
<edu-pais> Pensando no peor: canto tempo tardará en se rexenerar o ecosistema costeiro (e o non tan costeiro) que se viu afectado? Falábase duns cinco anos, pero á vista dalgúns informes que lin falando sobre a altísima toxicidade do fuel-oil do 'Prestige' e logo co tema das mutacións... Un pensa que temos para MOIIIITO tempo, e mesmo que a perda é irremprazábel (unha caste de Chernobil químico?).
<edu-pais> (perdón pola lonxitude)
<MSoto> Con Malpica, conseguimos medios da Demarcación de Costas, e agora estamos traballando na organización de brigadas coordinados con esta, ao tempo que exiximos mais medios e a decalración de ZOna Catastrófica....
<MSoto> Hoxe mesmo nos chamou o Ministro de MA sr. Matas, e falou-se con el pola tarde. Outra
<Piche> seguinte
<MSoto> Efectivamente, ADEGA forma parte da Platagforma NUNCA MAIS, e alí estaremos...
<MSoto> mesmo organizando e convocando para ese dia. outra
<Piche> Que previsións tedes
<Piche> mellor
<Piche> deberiamos ir todos
<sergio> Para quando essa manifestaçäo e onde??
<MSoto> Non podemos falar de Chernóbil... a radiación é outra cousa, mais grave. Pero teremos que falar ao menos de 10 anos para a recuperación, e non sempre esta recuperación é total...
<MSoto> Vexanmos un exemplo: se só ficaban nas costas galegas menos de 30 pareallas de Arao dos cons, canntas fican agora, quizas menos da mitade?. Se era dificil....
<MSoto> se era dificil que 30 parella sobrevivan como especie, con este accidente é posíbel que a especie desapreza. Entón estamos ante un cábmio irreversíbel. Pero outros muitos especies e equilibrios ecolóxicos tamén ser verán afectados a longo prazo. outra
<Piche> Que posibilidades existen de que a mancha entre nas rias baixas do sur, de arousa a sur
<MSoto> A manifestación vai ser o domingo en Compostela, ás 12 horas na Alameda....
<MSoto> para anotar-se nas brigadas voluntarias de ADEGA, chmar ao seguinte telefone: 680 420 807. outra
<melmac> estase traballando duro para quitar o chapapote das praiass, pero como ou cando se vai quitar dos penedos?
<MSoto> Todo é cuestión de metereoloxia. As probabilidades por tanto está aí, e no caso de soprar contra as rias baixas, non se dispón de medios suficinetes para evitar un impacto xeralizado. outra
<pisuke> no es una lastima que la conciencia ecologica i de protección de la tierra tenga que venir despues de desgracias?
<Piche> E de que se desprace cara o Cantábrico, pode chegar a Francia ou a outros paises?
<MSoto> Quitar o chapapote dos pènedos é muito mais dificil. A maior parte estçá a saca-lo o mar...
<MSoto> que o vai distribuindo cara outras zonas, disolvendo-o na auga (esta é a parte que provoca toxicidade e malformacións...) e evaporando-o...
<MSoto> para o resto, fan falta máquinas con auga a presión, ou mesmo cepillos para frega-las de forma manual: imaxinade...
<MSoto> poden-se emrpegar disolventes ou dispersantes, pero a toxicidades destes pode ser tan alta como a dos hidrocarburos, e estamos en contra. outra
<Loure> A limpeza das praias supoño que será o máis doado de facer pero, ¿como se limpan os fondos mariños? ¿como se limpa o que está pegado as rochas? ¿Deixando que o faga o mar? Se é así, toda esa merda volve ó mar, e volve entón de novo ás praias ¿como de rexeneran -biolóxicamente e non estéticamente- as praias afectadas?
<MSoto> Conv´en recapitular: unha vez que temos o accidente e o derrame de aceite, todo o que se pode facer é paliar, pero non resolver....
<MSoto> as unicas solucións están mais atrás, nba prevención, evitando que os accidnetes ocurran...
<MSoto> os fondos mariños? quen pode imaxinar como limpa-los?. Só o tempo, e a capacidade de biodegradación do mar.....
<Loure> o que queres dicir é que a catástrofe non se pode solucionar, que temos todo contaminado, cheo de chapapote, e que nada podemos facer?
<MSoto> pero os contamaintes van-se acumulando, non só os dos accidnetes senon todo o que botamos desde terra, desde os coches, desde os portos, mesmo dede os buques de pesca ou recreativos. outra
<Piche> Crés que o piche chegou ó fondo nalgunha zona, digoo polos naseiros, ou enlixaron os aparellos ó halalos pa bordo.
<MSoto> NON. Podemos recuperar unha parte do vertido. As estad´iticas din que pouco mais do 20%. Probvabelmente perto da mitade xa se disolveu en auga ou se evaporou a atm´ofera, e este ...
<MSoto> vai ser o principal proceso, xuntamnte coa biodegradación por micoorganismos...
<MSoto> Pero repito: o mais importante é prevenir futuros accidentes, e reducir tamén outras fontes de contamianción. Mesmo...
<MSoto> reducir a nosa dependencia do petróleo, unah substáncia tóxica e perigosa. Dai o lema de NUNCA MAIS que elixiu a plataforma. outra
<MSoto> O piche tivo que chegar aos fondos mariños en muitos lugares e irá chegando ainda mais...
<Piche> ADEGA xa se manifestou na defensa dos rios e das rias, crés que é o momento para quitar dunha vez os depósitos de hidrocarburos do Ferrazo en Vilagarcia?
<sergio> Tem ADEGA preparada alguma mobilizaçâo (ou semelhante) para evitar o passo dum petroleiro (segundo informou a Voz) como o do Prestige nos próximos dias polo corredor de Fisterra? Acho se deveria de pressionar entre tod@s <mailto:tod@s> para evitá-lo.
<MSoto> Ao comezo flota na auga, pero a medida que perde volátiles faise mais denso e acaba indo ao fondo...
<MSoto> Nas praias temos comprobando como hai bolas a 30 ou 40 cm de profundidade, e cada vez enterra-se mais, ainda que en ocasións volta a reflotar. outra
<MSoto> Efectivamente, estes depósitos teñen que ser alimentados por buques, ainda que de menor tonelaxe, que poden causar marés negras no interior da Ria de Arousa....
<MSoto> un pequeno cargamento deste tipo pode convertir-se nunha catástropfe para todo o ecosistema, e para pescadores e mariscadores. ...
<MSoto> A plataforma da Ria de Arousa ten toda a razón e ADEGA apoiou-na desde o prmeiro momento. outra
<Loure> Aproveitando a marea negra, hai cantidade de barcos que limpan os seus contenedores na zona ("un pouquiño máis de merda non se nota") mentres os galegos limpamos as praias coa man. ¿Os gobernos están a facer algo para evitalo? ¿seguen pasando 600 barcos diarios polo corredor? ¿Non se podería desviar esta ruta provisionalmente? esperemos que definitivamente.
<MSoto> De forma imediata, penso que nin ADEGA nen ninguén pode evitar o paso de petroleiros por onde teñen autorizado...
<MSoto> pero o que non debemos agardar é a 5, 10 ou 15 anos para aplciar as medidas de seguridade adoptadas depois do accidnete do Erica, hai 3 anos...
<MSoto> non podemos aceptar mais moratorias, e outras medidas adicioanis terán que adoptar-se...
<MSoto> temos que presionar (Manifa do domingo, etc) para que en breves meses se adopten aquelas medidas mais urxnetes...
<Loure> ¿cales son as medidas másis urxentes que se deben tomar?
<MSoto> Sobre o que algúsn buques aproveitan para verter... isto ocorre durante todo o ano, dia a dia, sen que as protestas ecoloxistas teñan muito eco...
<MSoto> é é unha indicación mais de que non hai visiáncia, e de que a Xunta de Galiza (ou o Ministerio de MA, de Pesca, etc) lle preocupa pouco o ambiente...
<Piche> Non crés que en certa medida os mariñeiros somos pouco consecuentes. Agora poñemos o grito no ceo porque corremos o risco de perder o noso sustento pero non hai mais que dar un paseo por calquer praia e ver a cantidade de merda que teñen. Debemos toma
<MSoto> é algo que tamén ocorre en terra, nos nosos rios, ou mesmo coa empresa PMA que queima aceites de coches en Laracha, foi multada vairas veces (multas símbólicas...
<MSoto> e agora encarga-se do tratamento do piche recuperado... Unha ironia!. outra
<MSoto> Medidas mais urxentes: alonxar o tránsito da costa e das zonas de pesca (a mais de 200 millas), pero sobre todo exixir o doble casco: isto último pode facelo a UE e os estados/portos europeus....
<MSoto> outras muitas medidas de seguridade tamén se poden adoptar, mellorar a situación laboral das tripulacións, e mais que nada a vixiancia por aprte das autoridades locais...
<MSoto> proibir a circulación por augas comunitarias de buques con bandeiras piratas, etc. outra
<melmac> seguinte
<melmac> ¿pensas que se presionou abondo, e refirome tamen o que fixeron os colect. ecoloxistas, dende o ultimo suceso, Mar Exeo, para que houbese medios para afrontar estas situacions?
<melmac> puidose facer mais?
<MSoto> A ADEGA colleu-nos este accidente cunahs xornadas sobre a pesca e o litoral. ...
<MSoto> nelas abordabvamos por exmeplo o problema de contamianción desde terra, pero en diversas ocasións tratamos do grave problema do tráfico marítimo...
<MSoto> e todas as medidas das que se fala xa foron analizadas e propostas por ADEGA (e outras muitas entidades) hai anos...
<MSoto> sen dúvida pouidemos facer muitos mais, pero sobre todo a resposnabilidade é das institucións públicas, das autoridades.
<MSoto> Vou co que fan os mariñeiros. Efectivamente, son numerosos os vertidos icnontrolados que se poden atopar nas nosas costas, e resíduos químicos en todo o litoral...
<MSoto> isto indica que non hai moita consciencia ambiental, que hai descoñecimento, pero que podmeos conseguir se os ministros continuan a afirmar que isto non é unha maré negra... e que
<MSoto> os danos son escasos?. O domingo é unha boaq ocasión para sabermos que opina e como reacciona toda a xente implicada, non só os ecoloxistas. outra
<tordatron> Os diferentes grupos ecoloxistas, Adega, Greenpeace, WWF..¿estades colaborando, hai contacto, traballades xunto nisto ou noutros asuntos?
<MSoto> Traballamos xunto nalgunhas cousas, noutras non, e tamén hai subordinación, ou intentos de imporñer algún liderazo. A tendendia destes últimos dias ...
<degres> É para dar ánimos a Manolo e a todos nós. Por certo, en Galiza non hai voluntarios/as? Na prensa só saen de Madrid, Greenpeace, etc. ... ou é que tamén nesto hai gato encerrado?
<MSoto> é a coordinar-se os colectivos galegos entre si (ADEGA, FEG, CEMMA, SGHN) a nivel de actuacións, e coordinar-se a nivel de información cos restantes ONGs e tamén coa admisnitración,....
<MSoto> nauqeles eidos nos que isto é posíbel. outra
<Loure> Greenpeace é unha asociación ecoloxista forte, con cartos, barcos, recursos... ¿Non poderían encargarse eles da limpeza máis dif´´icil (penedos) mentres outras asociacións máis pequenas da recollida de aves, etc?
<MSoto> A implicación de miles de persoas galegas, sobre todo da xente nova, sexa das bisbarras afectadas, ou de COmpsotela, de Ourense, de A COruña...
<MSoto> sobre todo das universidades, foi elevadísima. A resposta de voluntarios é infinitamente superior que no caso do Mar Exeo...
<MSoto> Nós mesmos nos vimos sorprendidos (gratamente) e tamén a Admisntiración. ADEGA contou con mais de 300 colaboradores o pasado fin de semana...
<MSoto> e agora veremos como via para os próximos dias. Tamén é certo que chamanb grupos desde fora do pais buscando quen os coordine...
<MSoto> a negativa da admsintiración a aceptar voluntarios foi o único problema neste sentido.
<MSoto> Tense-m,e rematado o tempo. Ásd 8 tiña que estar en Carballo para unha reunión, así que teremos que deixa-lo para outra ocasión.audos todos e todas.
<degres> A que se debeu esa negativa ?
<Piche> Gracias, ánimo e adiante !!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
<Loure> gracias MSoto, que todo vaia ben. A seguir traballando
<anton1> Todos a limpar o fuel!
<degres> Sorte!
<MSoto> A negativa da admisnitración: a que non queren por os medios, e a que están acostumados a facer clientelismo coas axundas públicas. Por iso parece que prefiren pagar a todo o mundo...
<MSoto> ADEGA só traballará con voluntarios, sen cobrar, ainda que coordinando-se co aadmisnitración, pois non se pode facer por libre.
<MSoto> Lembro de novo o telefoen para partiticipar con ADEGA: 680 420 807, só para persoas que se atopen en Galiza, pois dificilmente podemos coordinar grupos que veñan de fora...
<degres> Gracias tamén a Vieiros por este aire de libertade.
<Vieiros> Moitas gracias a todos por participar e especialmente a Manuel pola súa intervención neste chat
<MSoto> Para as persoas que qeuiran traballar directamente coa admsintgiración, cobrando: 900 606 022. Taén é unha boa forma de participar, e mesmo estar no allo e exixir mais...
<MSoto> medios e unah actuación mais decidida.
<MSoto> Gracias e boas tardes a todos/as.
<Vieiros> Agardámosvos no próximo encontro virtual de Vieiros
<Vieiros> Boas noites a todos
<Loure> O Comité de Empresa de TVE en Galicia denunciou que o director está impoñendo censura informativa, obrigándolles a omitir palabras coma "marea negra" e facéndolles ocultar o evidente. Hai que ir a Compostela o domingo. ¡que se nos oia!
<MSoto> NOTA: EN INGles chama.-se Oil Spill, é dicer derrame de petróleo, o que técnicamente nso traballos científicos se traduce nas linguas latinas por marea negra...
<MSoto> se negan que sexa marea negra, tamén negan que sexa un vertido ou derrame de combustibel no mar.



Os chats de Vieiros | Vieiros