Chat

Chat con Suso de Toro
Xoves, 23 de marzo do 2000



<Vieiros> Ola a todas e a todos. Moitas gracias por estardes aquí...
<Vieiros> Hoxe temos connosco a Suso de Toro, un dos máis brillantes e existosos escritores das letras galegas contemporáneas. Boas noites xa, Suso.
<suso> Ola, boa noite to everybody
<rabalde> Ola Sç
<psicopipe> Ola Suso
<Ana> moi boas
<suso> Ei, aquí andamos
<Xabier> ben, como se fai para as preguntas?
<Goio> boassss
<Vieiros> Pedide vez cun signo de interrogación "?"
<Vieiros> e logo LoisR daravos a vez a cada un
<Vieiros> Imos aló. Primeiro Vieiros fará unhas preguntas e logo abriremos o chat ao público.
<Vieiros> Está a saír do prelo a túa nova novela, "Non volvas". Cóntanos un pouco de que vai e que supón este libro na túa traxectoria.
<xavier> hola
<xavier> el applet esta en catalan?
<suso> O que supon non o sei. Vai de novela, ou sexa unha historia de atrás a diante
<Maria> Por favor Xavier, non interrumpas se queres falar pide vez cun "?"
<xavier> ok
<suso> Eu entendo que é unha volta máis do mesmo, unha viaxe carao pasado.
<suso> Todo o que eu escribo acaba sempre no mesmo, alguén investiga a súa vida anterior, o pasado familialr
<suso> O que pasa é que esta vez a protagonista é unha muller
<suso> .Outra.
<Vieiros> Ben, Suso non quere contestar a máis preguntas de Vieiros :-) Quere falar directamente con vós. Así que nada, empezade a bombardealo...
<Carlos> ?
<LoisR> Fala Carlos
<Vieiros> Carliños...
<rabalde> Que libro doutro autor gostaríate ter escrito?
<Carlos> Aquí Carlos, fan Nº 2346 do club de Suso de Toro
<LoisR> Quizais, como somos poucos podemos levar o chat en aberto e se logo se lía voltamos a moderado, ok?
<Ana> ? A protagonista desta nova novela é unha nova Lola ou é completamente distinta?
<suso> Oes, sen dúbida o Macbeth, que é a mellor obra da literatura celta.
<suso> Outra.Aínda que Follas Novas ou En las orillas del Sar non é moco de pavo
<Carlos> Perdoade, pero é que me estaban molestando. Ai podo falar
<psicopipe> ?
<suso> Outra.
<LoisR> fala Carlos
<xavier> hasta logo. un galego desde catalunya GIRONA. voume. adios suso
<Carlos> Suso, en Calzados Lola utilizaches unha estructura clásica...
<Carlos> na túa última, ata o de agora, volveche a experimentar...
<LoisR> Veña carlos
<rabalde> Canto queda do teu pasado para que sigas a currar, perdón, escribir, sobre el?
<Carlos> ¿En Non volvas?
<LoisR> Susos contestará a Carlos.
<suso> A CArlos primeiro, desta volta é parecido, o que pasa é que non sei se é moi clásico..
<suso> Esta vez a historia, como en Calzados, avanza tamén de diante cara atrás...
<suso> o protagonista vai do mundo dos vivos ao mundo dos mortos. Descende ao Hades.
<Carlos> hummm. Estou desexando lela
<suso> A Rabalde: Realmente nunca conto nada da miña vida,nadiña, nin sequera cousas que teñan ocorrido...
<suso> o que pasa é que non sei por que teño unha fixación coa investigacióndo pasado.
<LoisR> Agora vai psicopipe
<suso> Outra.
<psicopipe> Si. Suso, por que dicias antes que o Macbeth
<psicopipe> era a mellor obra da literatura celta?
<suso> Pois porque é unha obra de fantasmas,de horror, meigas, e ademais adapta literalemnte temas da literatura celta irlandesa
<suso> Outra.
<psicopipe> ?
<LoisR> Veña pois psicopipe
<psicopipe> E pensas que hai un xenero ou unha literatura galega...
<psicopipe> que poida axeitarse tamen a esa descricion ?
<suso> Penso que non. Aquí non hai tradición épica,
<suso> aquí o achego ao celta é a través do lirismo..
<suso> e do xogo literario, como Cunqueiro. Marabilloso, por certo na súa maneira.
<suso> Outra.
<Ana> ?
<LoisR> Veña Ana
<Ana> e o teu favorito libro galego?
<rabalde> ?
<suso> Precisamente, esa épica é algo que fago moito enfalta na nosa lit. *** Goio abandonou IRC (Ping timeout)
<suso> O meu favorito...¿Follas Novas? tamén gusto moito de A esmorga. E dos artigos de xornal do Otero P.
<suso> E como non...De Cousas, marabilla pura.
<psicopipe> ?
<LoisR> Outra? Suso
<LoisR> Vai Rabalde
<suso> De todos modos, falta unha épica taménna lit. portug., castelá, italiana...
<roberto> ?
<rabalde> Hai un tempo nun xornal falabas da idea de achegar o galego ao portugués (a gramática). Exactamente de que tipo de achegamento falabas?
<suso> Ben, esa é a típica pregunta que me deixa descolocado, porque o que máis me gusta é falar de lit...
<Carlos> ?
<suso> aínda que as leas nas que me meto como intelectual opinando obríganme a reponder..
<suso> Eu penso como Castelao, o galego é a variante norte do galeg-portug.Son distintas, mais hai que mirar de achegarse todo o posíbel
<suso> porque nos interesa moito.
<suso> Outra.
<LoisR> Vai Swann
<Swann> ¿Non cres que, en xeral, a lite galega actual apenas se fala dos cambios que está a sofrer a sociedade galega? (especulación, caciquismo, depoboación do campo...). Fai falla unha novela que fale dos cambios que se produciron dende os 50 ata a actualidade.
<suso> Non me quero tirar o moco de máis, mais se cadra esta miña novela retrata algo deses cambios.
<Swann> ¿Que quixeches dicir (entrevista en La Voz de Galicia) co de que os intelectuais galegos teñen mentalidade funcionarial?
<suso> Fala da guerra, do medo, da desertización da aldea e tamén da contemporaneidade.
<suso> Outra.
<Ana> ?
<LoisR> Psicopipe vas ti agora
<suso> Verás, eu son funcionario, en excedencia. E sei que cando tés asegurado un salario ata a xubilación
<psicopipe> Ben eu era nada mais polo de Cousas
<suso> é moi fácil falar das cousas. E iso conduce a ser moi ...
<psicopipe> que eu tamen penso que iso é do mellor
<suso> moi non sei agora. MOi alegre.
<suso> Outra.
<psicopipe> e ainda non se fixo nada que o superase
<psicopipe> o combinar dous medios, a escrita, a imaxe e o feito que o fai
<psicopipe> non sei. E o mellor.
<suso> A min de cousas o que màis me gusta é a elegancia. O combinar intensidade emocional coa forama adecuada. E ademais o Castelao tiña un
<suso> instinto dramático, un Pathos, que non abunda por aquí.
<LoisR> Por favor non dialogar para ter unha conversa ordenada. Can do Suso diga outra, vai Roberto
<psicopipe> ?
<suso> Completo unha cousa anterior. Cando digo funcionarial, refírom e a ter unha visión burocrática das cousas e
<suso> tamén a non comprender como é a vida, unha loita.
<LoisR> Veña Suso, outra?
<suso> Outra.
<roberto> Hola, Suso, teño curiosidade por saber que opinion tes sobre este xeito telegrafico de comunicacion. Ti, que es tan falangueiro (menos mal que a maior parte do tempo escribes)
<suso> A verdade è que para min é insatisfactorio.
<roberto> ?
<suso> Outra.
<roberto> Xa o imaxinaba
<LoisR> Vai Carlos
<Carlos> Suso, antes dicías que nesta novela o portagonista baixa o mundo dos mortos. En TIC TAC os persoaxes xa se relacionaban cos mortos: o que atopa o seu pai morto no Castromil (maxistrais capitulos escritos con paixón), o neno que vai ver por primeira vez o mar e afoga... Na túa obra anterior a TIC TAC o tema non aparece.
<suso> Pois non o pensara antes, palabras
<suso> Outra.
<casdeiro> ?
<LoisR> Vai psicope
<psicopipe> Que pensas que é o máis exportable da literatura galega?
<suso> En toda literat. o que importa é a orixinalidade. O camiño do particular.
<psicopipe> Que sentido ten seguir escribindo en galego se se busca unicamente o criterio de ter o maior numero de vendas?
<rabalde> ?
<suso> todo escritor quere ser lido, unha vez que publicas.
<suso> queres que che lea a máis xente posible.
<suso> Agora que tamén conta non traicioarse.
<suso> Estas cousas fanse por compromiso.
<psicopipe> que queres dicir?
<suso> Quero dicir que un como persoa, e polo tanto cmo artista, debe ter unhas normas propias ìntimas
<suso> Outra.
<LoisR> Unha pregunta de parte de Victor: Considéraste parte da xeración bravú ou do bravú?
<suso> O de bravú, está ben, é unha etiqueta
<Swann> ?
<suso> máis nada. Eu empecei a escribir hai dezeoito anos, daquela non había bravú nin caralladas.
<suso> Outra.
<LoisR> vai Roberto
<LoisR> Roberto preguntou en privado:Imaxino que poder vivir da literatura ten moitas vantaxes. ¿Ten algun incoveniente?
<suso> TEn. Unha parte da tùa vida, ademais da creación, é andar de representatne...
<suso> ese è un precio duro, andar de figura en fotos e televisóns
<suso> Outra.
<LoisR> Vai CAsdeiro
<casdeiro> Escribo dende Euskadi. Teño moi pouquiño tempo -magoa- porque marcho a ver a Siniestro, Romulo e mais o Manquiña en Bilbao coa H. do Blues. Soamente queria dicirche que TIC-TAC foi a novela que mais que me ten impresionado nestes ultimos anos e espero ler pronto o que tes feito despois. Regaleillo a miña moza en castelan (e vasca) e tamen flipou. Gracias de parte dos dous :-) A ver se teño outra oportunidade de 'chatear' outra vez contigo.
<suso> Pois, gracias, de corazón.
<suso> Outra.
<LoisR> Vai Rabalde
<Ana> ?
<LoisR> RAbalde, veña
<LoisR> Vai Swann
<Swann> Hai pouco revisitei dous contos nos que (penso) se fai unha análise (premonitoria) do que ocurriu na "transición" e está a ocorrer nestes momentos de Pax Fraguiana coa cultura e a política galega. Refírome a "Tagen Ata" de Ferrín " e "Larvisión" de Alcalá. ¿Por que (xa) non vai por aí a lite galega? Denunciando, describindo o que está a pasar, sen deixar de ser boa literatura.
<suso> Na miña opinión a literatura é unha cousa é o xornalismo é outra...
<suso> Admiro o xonalismo e o documental, mais a liter. ten outra finalidade, facer soñar...
<rabalde> Chegaron os ordenatas ao Planeta SusoDeToro ou aínda escriben con lapis?
<rabalde> :)
<suso> Outra cusa é que o autor ten unha ollada persoal e queria que non transmite unha opinión sobre o mundo.
<suso> Outra.
<LoisR> Contestalle a rabalde, aínda que polo retraso non o mezca
<LoisR> :)
<suso> Pois escribo con ordenador...
<suso> Fago en falta o escribir a man, mais cando traballas moito...
<suso> De todos modos estou agradecidísimo ao ordenador e mesmo estoullo a Internet...
<roberto> ?
<suso> mesmo pesno poñer eu unha páxina web desas con retrincos.
<suso> Outra.
<LoisR> Outra de Victor que caeu: ten pensado unha edicion no castelan para latinoamerica e resto de españa?... Supoño que se refire a Non volvas
<suso> Si, Está sendo traducida ao castelan e sairá en Setembro..
<suso> E esa editorial pulbica e distribue en Sudam.
<suso> OUtra.
<LoisR> Vai Ana
<Ana> Como noutras novelas túas, repites cunha muller como protagonista. Gústache retratar personaxes femininos ou é unha casualidade coma outra calquera?
<suso> Pois penso que será casualidade, se cadra.
<suso> Aínda que tamén hai unha constatación do ascenso do feminino no mundo...
<suso> constato a debilidade dos homes e contemplo con curiosidadee fascinación à muller.
<suso> Outra.
<LoisR> Vai Roberto
<roberto> As gafas teñente servido como metafora e penso que tamen como pose estetica. ¿Non cres que corres o risco de que che pase o que lle ocorria a aquel teu vello personaxe do efecto astronauta, que xa non podia volver a ser o mesmo?
<suso> Diso se trata. Eu teño de ser polo meu traballo un personaxe, Suso de Toro, mais eu prefiro
<suso> separalo de min. Teño que vivir esa esquizofrenia. HOxe, se empezase a escribir, faíao con seud`nimo. Outra.
<LoisR> Vai Vieiros
<Vieiros> A ver Suso, ti sempre andas coa teima de que a literatura galega é unha merda. Algúns ódiante por iso... séguelo pensando?
<suso> Nunca dixen tal, a modo...Eu tamén son parte da lit. Gal...
<suso> é máis, penso que para os poucos que somos temos unha lit. m ellor que a media.Outra.
<Vieiros> entón, por que es un tipo tan polémico?
<suso> A modo...Eu non son polèmico, son un señor moi formal...
<Vieiros> ao mellor porque chamas ás cousas polo seu nome?
<suso> o que sí è que participo en polémicas..
<Swann> ogalla houbese mais polemica na intelectualidade galega
<suso> As polémicas é o que permiten aos cidadàns considerar os asuntos e logo tomar decisiòns.Outra.
<rabalde> .
<LoisR> Veña Rabalde
<Ana> ?
<Swann> Si, pero para iso hai que crear estados de opinion, e a prensa/cultura galegas están mudas
<suso> Xa, é real.Mais o intelectual ten un deber cívico, senon para que carallo os queremos.
<suso> Non se trata de ser profetas, mais hai pensar as cousas e dicilas.
<suso> Outra.
<LoisR> Vai Ana
<psicopipe> ?
<Swann> pero hai que unirse. Xa o di o refran castelan: "Aqui todos somos gallegos, y no nos entendemos". A quen manda interesalle que vos peleedes, e tervos enganchados con premios, medallas, etc
<suso> Unirse no fundamental, desde logo...
<suso> unirse na defensa de cousas com´uns, masi tamén debe haber opinòns distintas...
<suso> e os intelectuasi deben dicir o que pensan. E debe haber ideas distintas...
<suso> para que a sociedade escolla.Outra
<LoisR> Perdíme: Ana?, Rabalde?
<suso> Stombringer era unha cancion de Deep Purple
<suso> Outra.
<LoisR> Pois veña, vai Psicopipe
<psicopipe> Pido, por favor disculpas. Mais, suso, non consideras que un escritor en lingua galega ten tamen un deber de normalizacion, de fixacion da lingua? Digoo porque penso que haberia que ter algo de coidado coas palabras que se utilizan. Penso que o uso de palabras malsoantes como m..... ou cara... expresadas neste chat pois non quedan moi ben. Poden estar ben para cousas de tabernas, pero haberia que evitalas nunha discusion ou chat como este. Non p
<pocho> ¿que pasou con Maximo pradera no seu programa? non estivo nada ben a entrevista
<Swann> e deixarse de prexuizos, como ti ben indicaches nesa entrevista, contra os que non son tan "nacionalistas" coma nos, nin tan de "esquerdas". O interese basico da Xunta/PP e ter o chiringuito funcionando para dicir que hai moitos "cursiños" e que se len moitos libros, pero non e certo. E nos calamos e dicimos "si, si, lense moitos libros" "cada vez falase mais o galego"
<LoisR> Ceos! Un pouco de orde
<LoisR> Suso, por favor responde a Psicopipe
<suso> a psicopipe. Sinceramente desculpas, de todos modos un chat é para un círculo sempre...
<suso> restrinxido, os interesados nunha cousa, e presuponse unha sensibildade media...
<suso> pero é certo que cada un ten a súa sensibilidade.
<suso> Outra.
<LoisR> Agora a Pocho
<pocho> responde sobre a entrevista
<suso> Pois que nós estabamos un pouco máis rapidos que eles...
<suso> A culpa foi da bebida...
<LuKe> Eu tamén opino que o chat debe ser un lugar aberto onde cada un é libre de expresarse como queira.
<suso> e non o digo con orgullo, pero cadrou así.
<suso> Outra.
<LoisR> Veña non darlle máis voltas ás expresións. Suso agora a Swann
<suso> A verdade é que eles estaban un pouco desbordados...
<suso> Outra.
<LoisR> Suso: a túa obra está publicada en México (Mexicano está co nectado desde alí)
<pocho> ¿que é Xelís? nunca falas del
<LoisR> Era unha pregunta
<suso> A situación da lingua é moi confusa, contradictoria. Hai cousas que melloran e outras que retroceden. A..
<suso> verdade é que non sei se ser opitimista ou non.
<Mexicano> ?
<suso> Outra.
<LoisR> Veña Mexicano, ándele
<Mexicano> ¿Algunha vez estiveches en América?
<suso> En México vai saír en breve, Conta saldada, Cuenta saldada, en edit. Alfaguara.
<suso> Outra.
<Swann> ?
<suso> Estiven en USA `nicamente. Convidaronem a ir a B.Aires e a Montevideo, mais non puidren ir.
<suso> Outra.
?
<LoisR> Vai Swann
<Ana> ?
<Swann> ¿Cando será que a meirande parte das novelas en galego superen as 100 paxinas e vaian dirixidas a un publico non xuvenil? ¿Cando se lera en galego en Galicia?
<suso> Hai novelas extensas, iso non garantiza a calidade, a intensidade...
<rabalde> ? (se a conexión deixame)
<suso> E cada vez lese màis en galego ( e falase menos).
<suso> Outra.
<LoisR> Agora vai StormBrin, agora Ultra
<LoisR> Como tarda damos paso a Ana
<Ana> Por certo, fascinoume o xeito tan telúrico co que presentaches en Land-Rover o mundo rural. En Calzados Lola voltabas de novo á aldea..., ves á terra como unha especie de epicentro de tormentas persoais? ou é, que,
<suso> Pois iso mesmo penso que o has ver mais claro e fondo nesta nova...
<Ana> en certo modo, aínda nos queda a terra como recurso para mirarnos directamente a nós mesmos?
<suso> De todos modos para min o tema do paraìso perdido é fundamental...
<suso> todo o que escribo trata da ruptura con ese paraìso. DA perda.
<suso> Outra.
<LoisR> Rabalde, supoño
<ultra> En Polaroid habia un "Manifiesto Kamikaze" moi interesante. Era do teu maxín ou sacácheslo dalgures?
<LoisR> Vale, reponde a Ultra
<suso> Inventeino eu. E un xogo de ideas e tamén un ensaio estético, un remdo de Manifesto vanga.
<suso> Outra.
<LoisR> Rabalde!!!!
<Mexicano> ?
<ultra> rabalde -> ultra ;-)
<LoisR> Mexicano, vas ti
<suso> Mexico é un paìs extraño. Delicado e ferozmente machista.
<suso> Outra.
<LoisR> Houbo pregunta?
<Ana> ?
<LoisR> Mexicano pregunta por favor
<LoisR> Vai Ana
<Ana> Veña, postos a cotillear, pintores que che gosten
<ultra> ? (non é pregunta é recomendación cinéfila)
<suso> Gusto de LUcien Freud, de Velazquez, Goya,...
<suso> Gusto de Groz, demoita xente...Outra.
<Swann> ?
<LoisR> Recomenda RoberoUltraAbalde
<suso> Pelicula: Charlot, E.T., Centauros del Desierto...
<suso> Sed de Mal...
<Ana> ?
<suso> NOn sei. Todo o cine é unha marabilla, eu gusto de todo..Outra
<LoisR> Ana
<Ana> Qué che resulta máis difícil á hora de poñerte a escribir unha nova historia?
<suso> Nada é difìcil, é todo o é.
<suso> Quero dicir que o primeiro é a semente, unha idea isnpirada...
<suso> E logo ven o soñar os personaxes, a historia...
<Mexicano> ?
<suso> todo ten a sùa marabilla, todo é sorpresa para o autor...Outra.
<LoisR> A ver se pode entrar Mexicano
<Mexicano> ¿Canto tempo crees que tarde en aparecer no noso mundo "A Sombra Cazadora? Ou xa vivimos dalgunha forma coela
<Ana> ?
<Swann> ? (again)
<suso> A Sombra é un pesadelo...
<ultra> Película do mes: Buenos Aires viceversa.
<suso> Todo pesadelo expresa un horror que nos é intimo, alà no fondo.
<ultra> 100% SdeToro
<suso> Todos temos medo ao futuro. Ese é o secreto.
<ultra> ;-)
<suso> OUtra.
<LoisR> Perdón Swan tiñas que ir antes. Fala agora
<Swann> ¿De que temas vas tratar na(s) tua(s) proxima(s) novela(s)?
<suso> Nunca trato de temas, sempre conto yhistorias.
<suso> Contra historias modestamente e o meu oficio.Outra.
<LoisR> Ana vas ti
<Ana> Qué opinas daqueles que din que os autores que máis venden fan literatura kleenex e que non van a quedar ahí perennes, per seculem seculorem....?
<suso> A envexa é unha planta moi vella e ubicua. E desgraciadamente todos ...
<suso> comemos dela algunha vez. Sexamos compresivos cos demais...Outra.
<LoisR> Que tal a experiencia con pepiño Barro na Voz. Facíades unha parella fabulosa. Pasou algo? ou decidíchedes parar motu propio?
<Swann> Hai que se liberar
<suso> Foi moi fremoso porque Pepe e mais eu somos amigos de verdade. O que pasa é que eu cansei...
<suso> Sentín que non tiña liberdade...
<suso> e non por causa da empresa...
<suso> senón de min mesmo.
<Ana> ?
<suso> Sentía que estaba obrigado a falar de toda inxustiza...
<suso> e ao final non escribía o que no fondo eu querìa...
<ultra> ?
<suso> Outra.
<LoisR> Veña Ana
<Ana> nanai ... en branco
<LoisR> Ultra
<ultra> Opinión de Manolo@Rivas.com
<ultra> :-)
<Vieiros> estás preguntando que pensa de manolo rivas?
<suso> Joder, non sei.
<suso> Eu penso que teño unha "biografia" de compromiso publico...
<Mexicano> ?
<ultra> Vaaaaamos... que non está no chat e isto non sae de aquí... ;-)
<Ana> ?
<suso> e agora o meu deber é opinar o que penso. De acordo, pero tampouco me apetecía acabar en profeta.
<suso> Todos temos dereito a vivir.Digo eu.
<Swann> Como Lennon e McCartney, iso faria que cada un se superase a si mesmo, e nos, os lectores, veña a comprar os vosos libros ;- ) En serio, un enfrontamento, ainda que fose de coña, non estaria nada mal. Hai que reinventar o marketin ou o que sexa con tal de que se lea máis en galego.
<LoisR> Non é por afondar no de Ultra, Suso, pero a resposta é críptica de máis, non?
<LoisR> Respondeme a min e logo a Swann
<suso> Pode ser.
<suso> Quero dicir que cansei. Sentìa que había un publico que agardaba que eu dixese...
<suso> exactamente iso. E a min non me vai escribir a dictado, nin sequera os da miña mala conciencia.
<suso> Outra.
<LoisR> Agora responde a Swann. Logo vai mexicano e Ana
<suso> Esa tentación de enfrontarnos está ai desde sempre...
<Mexicano> Deberías vir a México, e un país suigenris, estás invitado, creo que che daría moitas ideas pra escribir
<suso> Hai sete anos un xornalista en Madrid quería que nos enfronta semos...
<suso> EStou certo de que se lle inspirou a Rulfo Comala, tamén me había inspirar algo.Gracias.
<suso> Outra.
<LoisR> Mexicano: Aquí hai xente que di que non escribe, pero que fai unha fotos boisismas tamén están invitados?
<Swann> polo menos, así, pasaría algo neste paisiño, para empezar
<LoisR> Vai Ana
<suso> Pro serìa algo ficticio...
<Ana> Non pensas que aínda nos falta un pulo en Galiza, que estamos nunha situación na que podemos falar das cousas( tanto culturais como políticas), pero, ou por cartos ou por pasotismo e falta de propostas, aquí non pasa ná de ná?non sei
<suso> Manolo e mais eu somos autores moi distintos, mais afortunadamente somos...
<Mexicano> Claro que si, hai unhas paisaxes e situacións fermosísimas
<Swann> por fin empeza o debate
<suso> amigos. E isto é bo.
<LoisR> Por favor, Suso, responde a Ana
<suso> Hai que mirara as cousas con perspectiva...
<suso> pero tes razon ao mesmo tempo.
<suso> Este paìs esta cambiando moito, por debaixo...
<suso> o que pasa é que para todos nòs ese ritmo é moi lento.Outra.
<LoisR> Eu non teño máis veces pedidas...
<psicopipe> ?
<LoisR> Veña Psicopipe
<psicopipe> En que pensas que está cambiando?
<psicopipe> En que che gustaria que cambiara?
<Ana> ?
<psicopipe> En que che gustaria que non cambiase?
<suso> Hoxe sodes mais as persoas que tedes conciencia de ser cidadans galegos...
<suso> hai unha minoría que medra
<Swann> Hai conciencia, pero non se usa a conciencia. Vente para Cataluña, e xa veras
<suso> e tamén hai un peso morto que vai retrocedendo. A vidad é asì.
<suso> Outra.
<psicopipe> ?
<LoisR> Vai Ana
<Ana> dame pena que, ó mesmo tempo, sexamos todos medio morralla, amantes e caciques á vez...
<suso> E certo. Cataluña ten moi mal cartel, non se lle recoñece a sua valentìa civica.
<suso> Outra.
<suso> Todos somos victima e verdugo tamén. Asi e a vida.
<Swann> E ademais, as señoras con abrigo de vison falan catalan. Sobre o galego ainda hoxe hai prexuizos
<suso> Oxala teñamos no futuro mais señores e señoras con abrigo, sen ser de visòn, que falen galego.
<Swann> xa me entendes
<suso> Precisamos que o galego sexa visto como unha lingua nacional, interclasista, de ricos e de pobres.
<suso> de estudiados e de non estudiados.
<suso> Outra.
<LoisR> Globalización: Optimista ou pesimista sobre o futuro do pais no novo escenario
<Ana> Cambiando de patrón, pensas que nesa loita o escritor debe estar, como narrador, afastado, ou que, tamén é bo facer primeiros planos da historia tan sorprendentes coma os de autores como Ferrín
<suso> A Mundializaciòn xa esta feita,non ten volta atrás. Hai que procurar a xustiza neste mundo...
<suso> non noutro que non existe...
<suso> Eu dentro diso,son optimista...
<suso> penso que hai novas posibilidades para a GAliza que ten recursos e xente...
<suso> pero que estivo moi atada. Se nos deixan, podemos...Outra.
<Ana> Ejem,...metínme sen pedir vez
<LoisR> Responde a Ana, por favor
<Swann> Se nos deixan? E non deberiamos facer algo?
<suso> Creo que cada escritor debe facer, e fai, aquilo que ve preciso...
<psicopipe> ?
<suso> hai quen escolle unha temática ou outra menos actual...
<suso> Mais na lit. o que importa é a visión do autro.Unha cousa é a lit. eoutra a Histo.
<Mexicano> ?
<suso> Digamos que a lit. é cando un autor conta algo que ten significado e tamén sentido.
<suso> Outra.
<LoisR> Vai psicopipe
<psicopipe> Quen non deixa?
<Swann> Pero as duas van moi unidas, mira a Castelao, el valia mais que a meirande parte dos intelectuais xuntos da sua epoca,
<suso> Ben, eu penso que a Galiza padeceu unha grande opresion eque hoxe ten interiorizado...
<suso> xa a opresión. Estamos presos da nosa historia...
<suso> somos unha vella pero coa inseguridade dunha nena.Outr.
<LoisR> Vai Mexicano
<Vieiros> A ver, mozos e mozas, hai que ir rematando que morremos coa fame...
<Ana> Ohhhhh. ..
<psicopipe> ?
<Vieiros> Última, veña...
<LoisR> Vai mexicano
<Mexicano> ¿Cómo ves ós galegos que estan dispersos polo mundo no novo clima que se vive en Galiza?¿Cal e o noso papel?
<suso> Non o sei.
<Swann> eu tampouco, volver, supoño
<suso> E non son nada optimista.A emigración é un fracaso.
<suso> Para o paìs que ve emigrar a sua xente e para todo emigrante.
<suso> Cando o emigrante volve, como Ulises, comproba que ninguén o coñece.
<suso> E duro de verdade. Mais tamén é verdade que emigrar supuxo un triunfo para moitas..
<suso> persoas. Emigrabas e saías da fame. TAmèn foi un acto de orgullo e de afouteza....
<suso> a emigración son moitas cousas e contradictorias.Foi triunfo e foi ruptura que non ten soldadura.
<suso> Outra.
<LoisR> A derradeira: Vai Psicopipe
<psicopipe> Penso que ves a emigracion con prexuizos mais como o chat xa esta a acabar pois nada. Pois moitas gracias a Vieiros e a Suso pola conversa.
<suso> Penso que non, quero vela con obxectividade e vendo que è complexo e contradictorio.
<psicopipe> Usas topicos.
<Swann> E mellor emirgrar que ter que abaixarse polas farangullas do amiguismo, enchufismo e nepotismo
<suso> De feito non existe a emigración, existen os emigrantes. Cada persoa è unha historia.
<suso> Outra.
<suso> Totalmente de acordo.
<psicopipe> Non é tanto asi. Hai moitos tipos de emigracion.
<psicopipe> Perdon.
<suso> Iso quero dicir. Que è unha perda da riqueza dun paìs e que causa dor a quen emigra e a...
<psicopipe> Comparto totaltmente o ultimo que dis de que cada persoa é unha historia.
<Mexicano> ?
<Ana> ?
<suso> quen fica. Mais tamén ten a avantaxe de liberarse dunha condena inxusta.
<Vieiros> Ben, aquí rematou o noso chat de hoxe. Moitas gracias a tod@s por participardes, gracias a Suso. Antes de despedirnos, só dicirvos que o mércores vindeiro ás 10 da noite haberá un chat aquí mesmo con Jaureguizar. Moi boas noites!
<suso> Outra.
<Swann> Poido poñer moitos exemplos de persoas que tiveron que liscar por esas razóns, xente que poderia facer un bo traballo pola cultura, lingua, etc., en Galicia. Pero "divide e venceras"
<suso> Adeus,compañeiros.
<psicopipe> Adeus. Gracias pola conversa.
<Ana> Moitos mercis. Graciñas, Suso. Chao a todos.
<LoisR> Adeus
<Swann> Moitas gracias pola conversa-bombardeo. Moita sorte co no vo libro. Aqui tes un lector e un amigo.


Os chats de Vieiros | Vieiros