O recente nomeamento de Benigno López González como novo Valedor do Pobo, por decisión unánime do Parlamento galego, foi saudado polos meios de comunicación coa divulgación dun haxiográfico currículum vitae, no cal chamaba a atención que o maxistrado “está en posesión de todos os cursos de galego e o coñecemento deste idioma, como lingua cooficial do Estado, foille recoñecido como mérito preferente”.
Para algúns xornais, como o ABC, ter feitos estes cursos concedíalle un “profundo coñecemento do galego”. Infelizmente, a suposta pericia lingüística do novo Valedor foi desmentida na súa primeira entrevista á TVG, onde se desenvolveu coa habilidade dun Pérez Touriño ou unha Sánchez Piñón, como comenta José Manuel Outeiro no seu blog O Reverso.
Este galego impotente e gaguexante das elites políticas e funcionariais do noso país é un fiel reflexo da importancia que conceden á lingua: o galego está ben cando che serve de mérito para ascender na carreira xudicial, máis o seu uso na Administración de Xustiza pode ser “en certo modo, perigoso”. O galego é unha lingua “tremendamente fermosa”, máis se no ensino é esixido ao mesmo nível que a Matemática, a Historia ou a Literatura (española, é de supor) os alumnos adquirirán “unha animadversión frente ao idioma, en vez de lle tomar cariño”. Estes exemplos, que algúns xulgaredes esaxerados e caricaturais, son citazóns literais das palabras do Valedor do Povo en dúas entrevistas publicadas o 31 de xullo de 2007 nos xornais La Opinión de A Coruña e La Voz de Galicia.
Benigno López, que como maxistrado do TSXG asinaba as sentenzas “en la Ciudad sede de este Tribunal” por non escreber A Coruña, ten o mérito de non disimular os seus preconceitos sobre o galego, unha lingua que acha “perigosa” na Administración de Xustiza por considerala practicamente inhábil para transmitir pensamentos complexos: “Non é o mesmo ‘delitos contra el honor’ que ‘delitos contra la honra’ e porén, ‘honor’ e ‘honra’ en galego son o mesmo termo”. Este xénero de declaracións, que ditas a título individual xa serían reprobábeis, son inadmisíbeis nunha institución que ten a función legal de tutelar os direitos individuais e colectivos emanados do Estatuto de Autonomía. O título deste artigo pode ser unha pregunta que moitos galego-falantes dirixan aos membros do Parlamento: señorías, quen nos vale a nós do Valedor?
Parabéns, letrado López de Castro. Acho que se trata de um artigo e de uma reflexão imprescindíveis. Quem nos vale do Valedor?
Estas mentes castradas, estes pailáns emperiquitados dende a súa ignorancia arrogante e a mantenta, dende os seus patéticos prexuízos de pasados séculos... Até cando teremos que aturalos como responsábeis da alta Administración Nacional? Seguen a terlle pánico á lingua e ben saben como neutralizala, ninguneala, destruíla, dialectalizala... porque a lingua, o galego, a cada pouco é máis poder: máis poder económico, máis poder político, máis poder social... de facto máis SOBERANÍA.
Que Benigno López González, agardo que de a pouco o "Valedor Cesante", vaia palillar á capital do Estado.
Pois tá bem, hom. Parabéns. Não se pode pôr o raposo a vigiar as galinhas...
Pois tá !
Parabéns ho, a todos os idiotas que elegiram POR UNANIMIDADE a este "personajillo" imundo para defender "o pueblo" ..
Ide cagar à via, imbéceis !
Concordo ao cento por cento con Hector; Lamento as declaracións do Valedor, e lamento o silencio que até agora manteñen os políticos que o elixiron. A lingua non é perigosa na xustiza; o perigo está na hipocresía e dos profesionais e dos altos cargos - Valedor !! - Imos aviados! - GRazas Vieiros por facilitar esta vía de expresión de rexeitamento; que sempre haxa rexeitamento explícito destas actitudes, destas cobardías!!
A administración Nacional é de €$paña. Nos non temos adción. nacional.
Que se expliquen os da unanimidade (ainda esperamos as explicacións da de "normalización" lingüística)
Compañeiro "ecoe": Cada quen vai aprendendo a interpretar e a dar ás palabras o significado máis politicamente correcto que ben lle convén. Nacional cualificativo de nación, e se a nación é Galiza non hei de entrar nunha lóxica de significados que non comparto: para min é Administración Nacional. Se alguén quere expresalo como Administración Galega, está no seu quen, e aínda queda máis hibridamente neutro falar de Administración Autonómica, para quen goste.