Moitas veces esquecémonos de que somos un povo espallado polo mundo. Moitas veces non reparamos na nosa realidade fóra da Galiza. Pero, sobre todo, non temos en conta a visión que teñen dos galegos nos lugares (moitas veces lonxanos, outras veces non tanto) onde hai un galego, onde hai alguén que fala a nosa lingua.
¿Qué pensan de nós os arxentinos, uruguaios, brasileiros...? ¿E os madrileños, cataláns e vascos? Primeiro entran os prexuízos, aquelas crenzas que se transmiten de pais a fillos, cuestións que se presupoñen vox populi, pero que á hora da verdade quedan eclipsadas e pasan a ser meras curiosidades ou, se cadra, aquilo do que primeiro se esquecen.
O traballo do que emigrou: deixar un bo sabor de boca do que significa ser galego, cousa que, xeralmente, non é agradecido nin doado, pero que é tremendamente satisfatorio cando acadas éxitos, xa que te sabes representante de toda unha nación; de todo o noso país; de todas as nosas xentes.
Hai diferentes maneiras de ver a un galego, incluso diferenciadas polo tempo. A vella imaxe do galego traballador, que estaba alí en París, Bruxelas, Berlín etc gañando a vida pra mandarlle cartos periódicamente aos seus (e moitas veces vivindo unha vida penosa). Esta visión, seguramente, situaríamola cronoloxicamente nos anos do franquismo e, ademáis coincidiría coa apertura dun sinfín de negocios galegos (restaurantes, bares e outros), que lle deron unha proxección gastronómica e social a todo aquilo que se definía como “galego”. Tamén esta foi a época da gran puxanza dos Centros Galegos, que se erixían como as grandes entidades sociais de refuxio dos galegos no exterior, onde compartían a súa morriña e, simplemente, interactuaban entre eles (de aí saíran moitas parellas, e moitas amizades). Dalgunha maneira, esta época, situémola xeográficamente en Bos Aires, París ou Barcelona, ten características moi similares, mais unha cousa destaca por encima de todo: os galegos, como comunidade cultural, social e, política, non existíamos.
E sí, falo de comunidade cultural, social e política, das tres patas da existencia real dun povo, aínda que estea fóra. Sen querer ferir as sensibilidades de ninguén, os galegos, ata os anos 90, fomos uns reprimidos política, social, e culturalmente. Só estabamos orgullosos dos nosos platos, das nosas bebidas e dos nosos bailes populares; que constituíron un folclore. Ata que a xente, comezou a entrar en sentido.
Da degustación á cultura
O GALEGO, volveu ser a lingua propia dos Centros Galegos e das Federacións de Entidades Galegas (cousa que, en moitos casos, parecía imposible). AS ACTIVIDADES CULTURAIS deixaron de ser solo comilonas e degustacións. Estas dúas cousas, en maior ou menor medida, vanse cumplindo pouco a pouco e máis dende o impacto que representou o movemento “Nunca Máis” e o cambio de goberno (no que afecta a subvencións e atención ás entidades do exterior). Aínda así, esquecémonos da parte máis importante da presenza galega no exterior: a vertente política. Temos un triángulo que completar, temos que ser galegos e estar orgullosos de selo, dentro da nosa (libre) opción política.
¿CÓMO NOS VEN? Unha gran parte da poboación venos como a nacionalidade histórica que non merecería selo, como a Galiza filla de Fraga e do PP, como a comunidade envellecida que só ten gaitas. Tamén dubidan sobre a realidade da nosa lingua, - preguntando en moitas ocasións se o galego está normativizado (xa non normalizado) – pero tamén da solvencia e fortaleza do nacionalismo, así como da propia conciencia de país. Semella curioso que a pedagoxía se teña que converter en imprescindíbel á hora de contar que o BNG é de esquerdas (non de dereitas, como pensan moitos que é –cando digo moitos, digo moitos cataláns, neste caso- , cando ollan o pacto “Galeuscat”) e que ten unha base social sólida na Galiza.
Non debemos deixar que se fale só de nacionalismos catalán e vasco; non debemos deixar que nos pasen por encima á hora de ser protagonistas nos titulares dos telexornais. Debemos organizarnos, debemos afirmarnos políticamente alí onde nós estemos. É por iso, que, a conciencia individual, debe facer presente ao nacionalismo galego na emigración. Os galegos, non temos fronteiras; non poñamos nós trabas ao que somos...
Pois nom tem nada de estranho que pensem que o BNG parece de direitas; segundo Quintana, vive noutra dimensom, nem de direitas nem de esquerdas (de centro comercial?).
Non concordo, segundo Quintana, neste país non se pode ser de esquerdas sen ser nacionalista. O que debemos é abandonar ese xogo de "progresismo", "izquierdas", etc., que tanto ben lle fai ao PSOE.
Mas que jogo de progressismo e de esquerdas, que nom o vejo por ningures? Em todo caso, parece perigosso regalar-lhe o campo da esquerda a quem nom o merece em absoluto. Agora vai resultar que se o BNG se direitiza fai-lhe dano ao PSOE e se defende os seus principios fai-lhe bem, o mundo patas arriba como diria o Galeano.
Non digo que se dereitice, se alguén hai de dereitas neste país é o PSOE, mais esa dicotomía izquierda-derecha venlles moi ben, así transmiten a mensaxe de que os demais grupos "de la izquierda" deben orbitar arredor deles, como Izquierda Unida. Eu son nacionalista, e para min iso leva implícito ser de esquerdas, non necesito explicitalo, sería como pedir desculpas. Iso é o que quixen dicir.
Parabéns polo artigo, Falcón, dá gusto mirar xente nova na emigración preocupada polo galego e pola Galiza.
Só un par de apuntiños:
1) Tes que lle botar unha ollada á normativa do galego, esa pola que che preguntan; vai para cinco anos que mudaron certas cousas.
2) O BNG NON é de esquerdas. Eu atreveríame a dicir que nin tan sequera nacionalista.
O BNG pode que non seña de esquerdas, máis no BNG HAI xente de esquerdas e nacionalista.
De todos os xeitos xa que tes atrevemento, dime onde hai esa fauna tan rara, amigo lavesedo
A min o artigo agrádame o xusto. En primeiro lugar, porque non vexo claramente a que é a idea principal que o motiva. Quizais que os galegos, aínda estando na Patagonia debemos saca-la bandeira. Nos sei non o entendín moi ben.
Sobre os comentarios, perdón, mais dá a impresión de indica-lo evidente. O BNG, é unha organización multipartidaria no que hai partidos, digamos que, de centro. Aínda que outros partidos maioritarios se sitúan no campo da esquerda, non sempre os postulados bloqueiros están no mesmo ámbito.
Eu coido que, en ocasións, o labor que fai o BNG de desmarcarse como forza predominantemente nacionalista subordina determinadas políticas de esquerda que quedan en mans, coxunturalmente, de forzas estatalistas coma o PSOE. É dicir, eu quero, na Galiza, que o BNG non só sexa nacionalista, douno por suposto, máis tamén reclamo que faga máis fincapé nas políticas de igualdade, social, económica ou mesmo sexual. Non me chega unha forza "nacionalista" de dereitas, ou de centro (para iso están os "piñeiristas" e toda esa tropa de folclóricos, de "terras galegas" e outras erbas). Por que se lle deixa o campo libre ao PSOE? por que en canto o BNG toca poder vólvese tan pactista e contemporizador? por que as bases (CIG, Plataformas varias) teñen que tirar das orellas aos dirixentes lembrándolles compromisos múltiples? ondes está o apoio á lingua?. Por que na polémica sobre os soldos dos ex-cargos non manifestaron a súa opinión antes e houbo que esperar para corrixi-lo rumbo a que o sindicato se empezara a mover? Xa sabemos, habemos ir a modiño...
Mais eu boto de memos un BNG que no poder, traballe e funcione como antes.
Concordo no que dis frouxeira, no BNG hai xente nacionalista e de esquerdas, o que non entendo é o da fauna, sinceramente. Eu o que dicía é que o BNG hoxe en día non fai política de esquerdas, e por iso ao Silvio Falcón pregúntanlle como pacta o BNG con CiU e PNV.
Quitando a compoñente católica o PNV e CIU teñen políticas máis á esquerda que o PSOE (incluído PSdG).
"Semella curioso que a pedagoxía se teña que converter en imprescindíbel á hora de contar que o BNG é de esquerdas "
Non viría mal esa mesma pedagoxía aplicada ao propio Be-eNe-Ga.
"Non debemos deixar que se fale só de nacionalismos catalán e vasco;"
Dende cando poñer a Galiza no mundo pasa polo nacionalismo? O sentimento de pertenza a un país, a conciencia de pobo e mesmo a defensa da lingua e da cultura sonvos exclusivas? Deixade de sentirvos o centro do universo galaico. Corredes o risco de botar fóra da trincheira a moita xente.
non sei que carallo pensades que significa esquerda e dereita. Que CIU fai máis esquerda que PSOE?? claro está case son de centro pero CIU representa a dereita máis ultra. Lembrades a proposta do carné para inmigrantes de Rajoy? pois a idea naceu de CIU que xa o propuxo hai dous anos!!!
Em "naciones" normais, como a castelhana (do Ebro para abaixo, mas incluindo talvez Cantábria e Astúries e Aragão...), ser nacionalista espaÑol é o normal. Por isso ninguém se declara "nacionalista espaÑol": todo o mudo ou quase todo o mundo é "nacionalista", os da esquerda (IU e outros), os do centro-direita (PSOE), os da direita (PP) e os da extrema direita... Todos coincidem no fundamental: São nacionais duma "nación", não discutem nem sobre a língua e a sua formalização (ou normativa), nem sobre o território que a "nación" abrange...
Porém, nas situações como a que se acha a Galiza, o estado-nación conseguiu introduzir dúvidas, por vezes profundas e mesmo ridículas, nos aspetos que, relativamente ao seu nem tem nem permite: Que língua é a dos galegos? Ah!... E como deve usar-se? Ah!... E que território abrange a Galiza? Ah!...
::::
Quanto à língua e à sua formalização, o reino bourbónico pregoa, predica, prega que o castelhano é a língua de todos e assim a impõe; mas impõe também um determinado castelhano, o universal, que é o castelhano europeu e o americano, sem concessões às falas diferentes das castelhanas, como as andaluzas ou as canárias ou as extremenhas... Porém, esse reino bourbónico na Galiza impõe não apenas a língua castelhana, contra a galega, mas nesta impõe um jeito de formalização que a afasta da Galega ou Portuguesa universal, a portuguesa... (Digam os emigrantes do Brasil se acharam tantíssima diferenças entre o seu galego coloquial e os portugueses coloquiais do Brasil, salvo essas peculiaridades que têm todas as falas coloquiais...).
Portanto, ao que vou, a perspetivação dos Galegos relativamente à Galiza e às cousas galegas, entre elas, a Língua "própria", está muito disturbada pelas imposições (escolares e mediáticas) do reino bourbónico sob o qual a Galiza se acha submetida...
Como nos ven no mundo latino?
http://www.agalega...
Como nos ven noutros mundos?
http://www.vieiros.com/nova/66...
Naceu en 1989, en Esplugues de Llobregat (Barcelona). Estuda Ciencias Políticas e da Administración na Universitat de Barcelona. É Responsábel Local de Galiza Nova Barcelona e dirixe o programa de radio de ERGAC (Espazos Radiofónicos Galegos en Catalunya) "Barcelona Atlàntica", en Ràdio Trinitat Vella. Está vencellado a outros movementos do tecido asociativo galego en Catalunya como pode ser o Foro Civico Galego de Barcelona e Rede.cat. No ámbito literario foi finalista do X Premi de Redacció Breu Joan Santamaria. Tamén ten un blog. »