Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Gaspar Méndez

A actual vixencia do dereito foral galego en Asturias e Castela e León

13:00 27/11/2009

No preámbulo da Lei 4/1995, do 24 de maio, de dereito civil de Galicia faise unha pequena, pero acertada, reseña histórica da evolución do noso dereito civil propio.    “O dereito civil de Galicia é unha creación xenuína do pobo galego.................................................................................................................................. Este proceso de creación consuetudinario e do dereito civil, como froito dunha realidade concreta no tempo e no espacio, viuse, certamente, interrompido polo movemento codificador uniformador xurdido no século XIX. É, precisamente, o Código Civil de 1889 o que coloca á marxe da legalidade vixente unha boa parte do noso dereito civil propio, sen que esta situación fose, nin moito menos, resolta coa promulgación, en 1963, da Compilación do dereito civil de Galicia, fragmentaria, incompleta, falta de entidade propia dun sistema xurídico e, en consecuencia, en boa parte, de costas á realidade social.”

Como ben di o citado preámbulo, á situación creada polo Código Civil español de 1889 e as posteriores reformas do mesmo, que non contemplaba a posibilidade de institucións de dereito civil propias dos diversos territorios que compoñían o estado, veuse a resolver, sequera parcial e tímidamente, coa Compilación do dereito civil de Galicia 147/1963, a cal reza no seu primeiro artículo:

El Derecho civil especial de Galicia se aplica en el ámbito que comprende la actual jurisdicción de la Audiencia Territorial de La Coruña. En aquellas comarcas de las provincias limítrofes de Oviedo, León y Zamora se aplicarán las disposiciones de los títulos I y II de esta Ley cuando se acredite la existencia y uso de las instituciones a que los mismos se refieren.
  
Ou sexa, que se está recoñecendo, aínda máis tímidamente se cabe, a vixencia do dereito foral galego fora dos límites da Galicia administrativa. Ou, se así se quere, que Galicia esténdese máis aló do territorio xurisdicional da Audiencia Territorial da Coruña.   

Coa constitución de 1978 e o estado das autonomías derivado da mesma, deuse un paso adiante e outro atrás. Por un lado, a constitución, no seu artículo 149 establece:  

  1. El Estado tiene competencia exclusiva sobre las siguientes materias:

.............................
  

8.ª Legislación civil, sin perjuicio de la conservación, modificación y desarrollo por las Comunidades Autónomas de los derechos civiles, forales o especiales, allí donde existan. ………”

A comunidade autónoma de Galicia desenvolveu o seu dereito propio a través das Leis 7/1987 e a referida 4/1995, derogandose na primeira delas a Compilación de 1963.   

O Parlamento de Galicia derogou a Compilación no referente a séu territorio. Pero, lóxicamente, a Compilación do dereito civil de Galicia segue plenamente vixente, cas limitación nela establecidas, nunhos territorios imprecisos das actuais comunidades autónomas de Castela e León e Asturias.
  
Sigue vixente, aínda que non se aplique, e por iso a tendencia é a que se converta nunha curiosidade ; nun fósil legal.
 
O mandato constitucional dista de ser imperativo para os parlamentos de Asturias e Castela e León. É por iso que ca Constitución demos un paso atrás, volvendo á uniformidade do Código Civil.  

Aínda así cabería unha interpretación, quizais menos literal, pero máis acorde co esprito da constitución, según a cal os devanditos parlamentos de Asturias e Castela e León deberían, por un lado delimitar o ámbito de aplicación do dereito civil galego nos seus respectivos ámbitos competenciais. Isto é: tanto en Asturias como en Castela e León debería haber un territorio de dereito foral e outro de dereito común.  

Por outra banda, os citados parlamentos deberían desenvolver o dereito civil galego aplicable nestes territorios dun xeito congruente co desenvolvemento do dereito na Galicia administrativa.

  

4.72/5 (18 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Naceu en Ponferrada en 1964. É licenciado en Ciencias Económicas pola Universidade de Alcalá e "Master en Facenda Pública: Gasto Público e Programación Económica" polo Instituto de Estudios Fiscales. Traballou na Consellaría de Economía da Comunidade de Madrid, e na actualidade é director dunha oficina bancaria na provincia de Lugo. »



Anteriores...