Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Laudelino Pellitero

Piratería, desafío global

11:02 10/12/2009

Non se equivocaba a Unión Europea cando hai un ano enumeraba os tres novos desafíos para a seguridade estratéxica continental: Ciberterrorismo, cambio climático e piratería. Tiña rexistradas 42 abordaxes piratas, e o triplo de intentos. Polos rescates  pagáranse no 2008 máis 50 millóns de dólares. Ata a liberación do Alakrana a maior cifra eran os 3´2 millóns pagados polo MV Faina, ucraniano que transportaba cargamento bélico.

Existen causas estruturais que explican o rexurdimento da piratería moderna, da que somos actores e vítimas. Os señores da guerra ocupan os  eidos de poder vacantes que deixou a caída do Mohamed Siad en 1991. No 2004, a Unión Europea fracasou, dando o apoio ao Clan Darod,. No 2006 quen fracasou foi Casa Branca ao apoiar a impopular invasión pola veciña Kenia, mentres bombardeaba os redutos de Al Qaeda.

Se alguén ten algunha condición de garantir a orde e manter á raia ao señores da guerra e a Unión de Tribunais Islámicos (UTI). Pero na UTI, cada vez adquiren máis relevancia os sectores, vinculados a Al Qaeda, liderados por Sheik Asan Dari, relacionado cos ataques ás embaixadas dos EEUU en Kenya e Tanzania no 1998.

Nos últimos quince anos buques pesqueiros asiáticos ou europeos teñen fraxilizado a lánguida  industria pesqueira local.  Tampouco na agricultura hai alternativa, xa que as prolongadas secas acurraláronma ata a precaria subsistencia.

Sen goberno interlocutor para corresponsabilizarse na seguridade pública, sen parceiros políticos solventes para activar as necesarias políticas de cooperación bilateral que reclaman máis de 50 ONG, só queda pasar por Londres para negociar pola vida dos compatriotas. Na City encadra na legalidade o pago de rescates, que indirectamente lle subvencionan aos piratas as mansións, coches de luxo, prostitutas, armamento e a loxística para novas capturas ou para accións terroristas internacionais.

Negar que se pagou, ou preguntar  retoricamente se houbo pagamento forma parte da mesma hipocrisía que maioritariamente asumimos.
 

3.43/5 (23 votos)



Naceu no ano 1958. É analista internacional. Experto en América Latina, onde ten coordenado múltiples encontros internacionais. Coautor de diferentes libros coma: O Conflito dos Balcáns, Cuba: independencia e Revolución, Rusia: das orixes á crise dun modelo, Homenaxes á Lois Tobío... Colabora tamén con A Nosa Terra, A Voz de Galicia, Faro de Vigo ou Tempos Novos. Foi Coordenador Editorial de Tempo Exterior. Na actualidade dirixe o Instituto para a Proxección e a Análise Exterior (IPAEX). »



Anteriores...