Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Manuel Suárez

Unha sesión especial na Asemblea Celestial da Emigración Riopratense

12:17 15/12/2009

Pensa don Luís Seoane que aquí enriba tamén hai que estar ben informado e sobre todo aproveitar que non hai publicidade porque a Radio do Ceo é de titularidade enteiramente celestial e non admite capital privado. Así é que pensou nun debate sobre as recentes eleccións no Uruguai [onde residen uns 30.000 galegos de orixe] cun invitado nativo de excepción para erguer un pouco os índices de audiencia. O convidado é Raúl Sendic Antonaccio que responderá aos tertulianos Fernando Estévez Alonso, Xosé Fernández Seivane e Xosé Mera de la Torre.  As intervencións segundo a orde alfábetica do apelido paterno.

--- Estévez: Se estou aquí supoño é porque fun secretario letrado da Corte Electoral e non pola miña participación nun cargo político durante o mandato do presidente Lacalle. Son un fillo da emigración, os meus pais eran de Morgadáns [Gondomar] e por tanto son conservador. Para min os tupamaros eran o demo. Non entendo que neste tranquilo país nacese un grupo que quería chegar ao poder polas armas. Unha clase media ampla era o gran freo ás inxustizas sociais. Foron vostedes os que meteron a pata. Sen aquelas accións de efecto no Tiro Suizo [roubo de armas] ou en Pando [cidade tomada] non habería golpe militar nin dictadura. Vostede, señor Sendic, non ingresaría no cárcere e poida que hoxe fose o novo presidente do país.

--- Sendic: Lo entiendo. Permítame que me exprese en uruguayo porque mi gallego aún no está perfeccionado aunque voy aprendiendo bastante con el profesor Pereira Caamaño. Bien. No es fácil rebobinar sin hacer depuración de aquello que el paso del tiempo nos demuestra que es erróneo. Tendemos a volver atrás idealizando el pasado. Nos pasa, creo, que a casi todos. De verdad le digo que la cosa es un poco más compleja. En mi opinión el golpe es anterior a la llegada de los milicos. Tiene nombre y apellido: Pacheco Areco. Es decir que tiene su actor protagonista. Nuestro querido Uruguay democrático se fue al tacho cuando el fascismo apostó por la Reforma Naranja.

--- Fernández: Eu de política entendo pouco. O que afirmo é que as súas ideas fixéronme sufrir moito. A miña filla Ana María ingresou nas ringleiras da subversión e tivo que fuxir para Suecia. A min paréceme que non era para andar argallando historias revolucionarias nun país no que case todos queremos tomar mate tranquilos escoitando os goles de Nacional e de Peñarol. Foron moitos anos de dor nos que familias enteiras quedaron destruídas e vostede foi o líder. Non sei que tiña na cabeza…pensar que a xente ía apoiar unha loita de guerrilla urbana. Agora pasou pero foi moi fodido… xa me entende?.

--- Sendic:  No le puedo pedir disculpas porque acá arriba no sirven de nada. Nuestra lucha era por un país mejor. Eramos tan buenas personas que creímos en la utopía de transformar el país y la mentalidad de la población. Teníamos urgencia. Lo cierto es que el país se estaba resquebrajando y los blancolorados como si la cosa no fuese con ellos.  Seguían afanando…seguían en la joda. Había que parar aquel desastre e intentar cambiar mediante la toma del poder, provisonal, para que luego viniesen elecciones libres. Lo nuestro no era la dictadura del proletariado.

---Mera:  Eu son galego auténtico, de Codesos [Boqueixón] e laburando día e noite puiden comprar un taxímetro. Así puiden facer que os meus fillos estudasen.  Tiña unha casa na rúa doutor Luís Piera. Vivía ben. Hai que recoñecer que foron os propios colorados os que romperon o regulamento. Había unha cancha chamada Uruguai con dous equipos: os brancos e os colorados. Eles sabían que un terceiro equipo chamado M.L.N. non tiña ningunha posibilidade de gañar o campionato. Tiñan os árbitros comprados e pitaron primeiro un penal e logo un fóra de xogo.

--- Sendic: Me gusta la similitud futbolística que realiza. Nunca fui muy futbolero, lo confieso, me parecía que era una forma de taradez para que la gente olvidase los problemas. Si la “pax romana” era de pan y circo, la nuestra era de mate y fútbol. Lo que no se fue la cantidad de tarjetas rojas que nos sacaron. Tengo que reconocer que jugábamos enteramente al ataque. Así nos fue. A lo mejor la falla estuvo en que me pusieron a mi de centro-delantero cuando había que poner al Pepe que siendo más lento mirá la cantidad de goles que metió.

---Estévez: O meu desexo era que volvese Lacalle. Quería que o Partido Nacional fose o triunfador. Unha pena porque o novo presidente non ten categoría ningunha.  Non se pode comparar a preparación do neto de Herrera coa ignorancia de Mujica. Por favor, estamos caendo moi baixo. Polo menos Tabaré era médico aínda que seguidor da bobada fracasada chamada socialismo. O novo presidente non vexo eu que teña nada na cachola e non entendo a razón de que o elixisen.  Axiña irei falar con Wilson para ver se me explica o misterio.

--- Sendic: Bueno, a lo mejor usted se está equivocando. Piense en que si estudió fue porque sus padres gayegos laburaron fuerte para darle una carrera. Cada uno vota a quien quiere pero la derecha tradicional nunca apoyó el esfuerzo de los emigrantes. Yo también vengo de afuera, por partida doble. Soy del interior, del departamento de Flores y mis raíces son europeas: por el viejo de la ex Yugoeslavia y por la vieja de Italia. Fueron las ideas de progreso de las que bebió don José Batlle y Ordóñez las que hicieron que usted pudiese ir a la universidad. Piense un poquito y no se ciegue que acá su voto no cuenta.

--- Fernández: Sendo uruguaio e moi montevideano e bo bailador de tangos, sempre quixen convertirme nun vello labrador de Galicia. Cando o meu pai contaba as súas andainas polas terras lucenses da Pastoriza sentía que falaba o heroe máis grande da historia. Teño que facerlle un monumento. Veu para aquí sen un peso pero á súa familia nunca lle faltaron uns cartiños no peto. Ao mellor acerta Sendic ao afrimar que os blancolorados eran contrarios á loita do que viña do outro lado do mar.

--- Sendic: Mi poco conocimiento sobre los gayegos me dice que fueron muy importantes en la consolidación de la clase media en nuestro país. El profesor Vidart lo afirma con rotundidad y es hombre sabio. El emigrante es el ser humano más generoso de la tierra, creo yo, porque se desprende de lo propio para darle una vida mejor a sus hijos. Es así. Dejan el terruño para laburar en un país lejano y la meta no es hacer guita. No, quieren simplemente que los hijos tengan mejor calidad de vida.

--- Mera: Nunca pensei que vostede Sendic tivese algunha similitude con nós. O certo é que neste país somos todos descendentes dos barcos que atracaron no porto de Montevideo. Se lle son sincero teño que recoñecer que para min vostede era un criminal ou un tolo que quería facer a revolución.  Algo de tolemia había como naquela boludez das “tatuceras”. Coido que con estes debates que organiza Seoane, enriquecémonos todos. Eu tiña os meus reparos en participar porque pensei que con vostede o diálogo era imposible. Mirá vós, las vueltas de la vida. Se se lle ocorre legalizar unha Coalición Electoral Celestial pode contar comigo para falar con algúns compatriotas dos que fuxen correndo cando ven que está a falar co “Che” Guevara.

--- Sendic: Le agradezco la oferta de colaboración pero el Jefe-Dios no permite ninguna clase de organización política o religiosa. Acá lo único autorizado son las ONG que se encargan de acercar un poco de leña al fuego que calienta los corazones de los buenos de espíritu. El Jefe dice que después de años diciendo o escuchando bobadas es tiempo de sentimientos nobles. Se imagina unas elecciones celestiales en las que me presente como candidato contra, por ejemplo, Pacheco Areco.  El reciente triunfo electoral me hizo muy feliz. El viejo compañero Pepe Mujica hará muy bien las cosas. Piense en que para él, es pan comido. Si fue capaz de hablar con las ranitas…si descifró el código de comunicación de las hormigas no tendrá dificultad en dialogar con todos los que caminen por la senda que lleva a un futuro de bienestar para nuestra querida Banda Oriental.

5/5 (2 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Manuel Suárez

Manuel Suárez Suárez naceu en 1953 en Vimianzo (Terra de Soneira). Con só cinco anos emigrou coa súa nai a Montevideo, onde se licenciou en Dereito. No Uruguai participou activamente na vida asociativa galega e dirixiu a publicación trimestral Guieiro. Tamén publicou o libro "Memorias Riopratenses" (2003). »



Anteriores...