Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Vicent Partal

A trampa escocesa

12:35 28/12/2009

Xa que o goberno escocés non ten abondo deputados para propoñer un referendo directamente de independencia, proxecta un referendo cunhas cantas opcións. E aquí resulta que hai quen pensa usar "a carta escocesa" como argumento contra o independentismo.

O goberno de Escocia propuxo facer un referendo sobre a independencia en 2010. Pero os deputados partidarios de facelo non suman votos abondo no Parlamento escocés. Polo tanto, vaise propoñer un referendo con varias posibilidades: independencia, unha cousa que poderíamos chamar independencia 'light', máis federalismo e volta ao unitarismo. Este paso atrás introduciuse en función da posición dos partidos pro-británicos fronte ao proceso e a posibilidade, entón, de facer o referendo.

Pois ben, a vía escocesa comeza a facer burato nalgúns ámbitos políticos da nosa casa. Hai quen cre que sería 'máis democrático' un referendo deste estilo que non un que propuxera, simplemente, independencia si ou non. O argumento, ao meu parecer, non se sostén. Non é máis democrático ofrecer catro opcións que dar dúas. Se fora así, ofrecer quince sería moito máis democrático aínda?

Pero os propoñentes deste argumento saben bastante ben por que o esgrimen. Un deputado do Parlament explicaba o outro día que o independentismo gaña cando o enquisado ou o votante só pode optar entre independencia ou estado das autonomías. Pero que, en cambio, baixa cando hai tamén a opción federal. De acordo. Seguro que si. Pero preguntarlle aos cataláns se preferirían unha España federal cando xa non hai nin un só federalista en toda España é simplemente unha trampa. Por máis que a inspiración veña de Escocia.

4.67/5 (21 votos)



Vicent Partal (Bétera, 1960). Fundador e director do diario electrónico VilaWeb, creado en 1995. VilaWeb conseguiu converterse nun medio dixital de referencia e líder de audiencia en lingua catalá.

»



Anteriores...