Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Adela Figueroa

Comentarios ás Normas do Hábitat

14:05 07/05/2008

Estas normas buscan una vivenda digna para o común da povoación, visando fundamentalmente que os espazos habitados non sexan un simples produto especulativo, senón un ben de uso. A constitución española garante o dereito á una vivenda DIGNA para todas as españolas/is, mas, na realidade, estamos asistindo á situación inmoral e esperpéntica dun exceso de vivendas construidas ,(19.000 desocupadas só en Lugo) e ,ao mesmo tempo, á incapacidade para acceder á una vivenda digna por una grande parte da povoación.

Nesta norma regúlanse as condicións de salubridade para una vivenda, en base á superficie mínima imprescindible, ventilación dos cuartos, definición dos mesmos en pezas vivideiras de dia ou de noite, orientación solar para facilitar a entrada de luz natural, contrarrestar calquera sensación de aillamento ou encerramento que poden producir salas sen algunha vista ao exterior.

O espazo vital é un elemento importante na saúde fisica e psiquica, non só dos humanos, mas de case todos os animais, que se tornan mais esixentes segundo se complica a escala evolutiva. A ventilación é necesaria para favorecer un ar mais rico en osixeno e para eliminar substancias tóxicas que detectamos a través dos maus cheiros. O sol é imprescindible para o bon funcionamento da hipófise, glándula endocrina que controla o funcionamento de todas as demais e que é responsable de funcións tan importantes como das que dependen o optimismo (“O sol é alegria”, non é unha afimación falsa) e ademais é desinfectante. O aforro enerxético tamén depende da orientación, e do aillamento térmico da casa.

Regular os corredores para podermos pasar por eles, ainda sentadas nunha cadeira de rodas, asi como o cuarto de baño,parece sensato e previsor.Quen tivese un eivado ou dependente na casa ten que recoñecer a importancia desta medida.Condicionar o tamaño das cociñas ao número de dormitorios aumenta a seguranza e a comodidade; garantir a ventilación dos rochos non fai mais que aumentar a nosa seguranza para evitar a acumulación de gases que poidan ser tóxicos.

Mas nesta norma non só se regula o aspecto interno das vivendas. Tamén o fai co aspecto externo, para que poidan ser integradas na paisaxe. Unha necesidade repetidamente denunciada . A paisaxe non a constituen apenas os montes e os rios, senon as modificacións e adaptacións que os habitantes teñan feito deles. É o que se define como “paisaxes culturais”. Galiza é un expoñente desta característica. As diferentes curvas de nivel que marcan as nosa paisaxes con outeiros e vales non deberian seren eliminadas e cadriculadas. Podemos adapatar as novas construccións a estes desniveis ainda embelecéndoos.

Esta poderia ser unha solución para o crime que se quere perpetrar no PARQUE ROSALIA de Lugo, repetindo, nesta cidade, o desastre xa consumado doutros lugares como as traseiras da Av das Fontiñas(antes Carrero Blanco de triste memoria –ministro do interior Franquista).

Darlle á vivenda un valor social regulando a percentaxe mínima que hai que destinar a solo para Vivendas de Protección Oficial, é un valor en si mesmo, e é cumplir coa constitución española. Regular a especulación que esta a facer dos nosos Concellos una arma de RECALIFICACIÖN ,( novo vervo que España practica en toda a sua extensión) é una necesidade de saúde social e democrática.
As Normas do Hábitat Galego eran una demanda social xeralizada nunha sociedade que está rexeitar masivamente o deterioro do medio, da democracia e da honestidade pública.

As críticas que se escoitan, por parte de alcaldes, van dirixidas ao temor que sinten pola perda de competencias e materia de solo, mas non escoitei críticas á norma en sí. Os construtores quéixanse porque temen gañar menos.....( non será esto necesario?). Se somos capaces de pagar un plus de seguranza no noso coche, como podemos non exixir o mesmo para a vivenda na que imos pasar a maioria da nosa vida?

Este é o momento mais apropiado, porque a crise da construción (que todas/os anunciabamos) esixe agora un maior intervencionismo administrativo.

Do ponto de vista ambiental é unha norma que ven poñer un orde onde non o habia, fundamentalmente no aspecto estético e no respeto coa cultura. Por iso coidamos que é importante e que pode axudar a parar a desfeita en que este país está metido.

4.08/5 (36 votos)



Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA. »



Anteriores...