Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Xosé Vázquez Pintor

Os nosos futbolistas do exilio

09:00 27/10/2008

Case ninguén ousa discutir que o fútbol da elite é unha sobredose de intereses espúreos ao deporte e ao orgullo identitarios. Un ano si e dez tamén. Fican os nomes históricos da Massía, Mareo, Lezama: Catalunya, Asturias, Euskadi; e por acaso as Illas Canarias, na distancia.

Son aínda os referentes das “canteiras futbolísticas” onde se labran as virtudes dos nativos en terra de algures. Varridos os galegos dende hai anos, aínda hai quen lembra e ben defende aquelas carteiras millonarias que seica nos levaron por Europamundi con sabidurías dunha escolma deportiva. “Hai que ter fe!”-seica berrou un riseiro anónimo nas bancadas de Pasarón, Balaídos, Riazor; os tres campo-estadios míticos.

Son as catro da tarde do domingo, día 26 de outubro, cando escribo no silencio do meu cuarto esta crónica de salutación a Diego Castro, quen fora meu alumno no IES A Xunqueira de Pontevedra, un ano antes do seu soño iniciático no fútbol de carreira sen retorno: Pontevedra, Málaga, Xixón. Escribo sen saber que fará de si en Riazor estadio-europeo: el só “Galicia en goles” no céspede mol e solloso, onde estará na compaña das catro mil voces asturianas que conlevan humildade e sacrificio: un galano para el e para nós, que non desertamos da esperanza da canteira. E Adrián (Piscu) nos ollares do banquiño inxusto deste Dépor.

Que teñas un bo día, Diego; e sexas, tamén hoxe, aquel Bobi do meu soño en “Lume de biqueira”.

4,24/5 (17 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Xosé Vázquez

Xosé Vázquez Pintor naceu en Melide no ano 1946. É Licenciado en Filosofía e Ciencias da Educación e a súa obra abrangue a poesía, a narrativa, o teatro e o ensaio. »



Anteriores...