Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Adela Figueroa

Cara aberta a Xosé Blanco, ministro de Fomento

17:25 08/04/2009

Moitas son as necesidades desta Provincia de Lugo, mais, entre todas destacaríamos o esquecemento que se ten dado ao longo de todos os tempos das súas comunicacións por tren. Tamén a constante perda de servizos que se vai efectivando ultimamente (Lugo-Barcelona, Lugo-Madrid, ou Lugo-Coruña).

Desde hai xa tempo, ADEGA , xunto com outros colectivos, como o Colexio de Arquitectos de Lugo , e as Asociacions Veciñais, veñen reclamando unha liña férrea que una a capital lucense con Santiago de Compostela, (Lugo é a única das capitais galegas que non ten este servizo), con parada en Lavacolla, e tamén unha liña que una Lugo coa súa costa , A Mariña Lucense. Fixéronse xa numerosos actos en que se deran argumentos dabondo para apoiar esta proposta, que foi aprobada nun Pleno do Concello e tamén da Diputación provincial. Citamos as Xornadas do Transporte organizadas por ADEGA e celebradas na Cámara de Comercio de Lugo em 2007, ou o Foro a favor do Tren ADEGA-Colexio de Arquitectos de Lugo en 2009. As conclusións de ambos eventos foram enviadas a todos os estamentos de poder, incluído a Alcaldía e máis á Deputación de Lugo . Nestas demóstrase como a posta en servizo de liñas de perto e proximidade podería ser implementada xa sen moito custo, aproveitando a infraestrutura existente (Lugo-Monforte,Lugo-Ourense, Melloras na liña Lugo-Coruña, ou Lugo-Ferrol).

Os estudos económicos destas propostas poden ser consultados nas páxina web de ADEGA onde se pode comprobar a sua viabilidade.

ADEGA tense comprometido nesta loita social, porque o Camiño de Ferro é o transporte mais ecolóxico, barato e seguro de todos. Pode combinar mercadorias con pasaxeiros abaratando os custos. Ten moitos menos accidentes que os tranportes por estrada e non se ve bloqueado por alteracións climátoloxicas, como vimos este inverno nas autoestradas.
O Governo Bipartito tiña aprobada a creación do “ENTE FERROVIARIO GALEGO” . Mais agora non sabemos que se vai facer con iso.

Hoxe vai o Alcalde de Lugo , outro José, L. Orozco á toma de pose do novo ministro. Lembrarase o noso alcalde de lle trasladar ao seu antigo alumno de bacharelato e amigo (sic.) a petición dos cidadáns de Lugo a través do citado acordo municipal aprobado por maioria neste mesmo ano? . Esperamos que si, en cumprimento do seu labor de representante de toda a cidadanía desta cidade tantas veces esquecida.

3.2/5 (30 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA. »



Anteriores...