Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Alba Nogueira

U-lo goberno anunciado?

09:30 08/05/2009

Alberto Nuñez Feijoó chegou ao goberno con promesas de austeridade, presa por gobernar, denuncias de ilegalidade cara actuacións do goberno anterior e con anuncios dun goberno técnico.  Non fan falta cen días para que a realidade desminta á propaganda.

No DOG do 1 de maio publícase a nova estrutura orgánica das delegacións territoriais da Xunta de Galicia.  As anteriores delegacións provinciais –unha por Consellaría (52)- con rango de Subdirección Xeral son substituídas por cinco delegacións territorias con rango de Dirección Xeral (5).  Ademáis créase unha secretaría territorial por cada delegado territorial (5) –con rango de subdirección xeral- e tamén unha xefatura territorial por cada consellería (50). Sesenta cargos actuais frente a cincuenta e dous do anterior goberno, tendo en conta ademais que os cinco delegados territoriais teñen un nivel superior de Director Xeral. U-la a austeridade e o cambio?.

As presas por gobernar, mesmo antes de ser elexidos e en contra da lóxica parlamentar democrática, transfórmanse na incapacidade de ter preparados o conxunto de nomeamentos e os reaxustes orgánicos necesarios para empezar a traballar desde o primeiro día. U-la a urxencia porque o anterior goberno fixera o traspaso de poderes?.

Os anuncios de poñer en marcha certas promesas electorais precipitadas e irreflexivas son rápidamente desbotados mostrando a escasa solidez do proxecto proposto ao electorado. Nin baixan os impostos, nin se pode derrogar o Decreto do uso do galego ou Lei de Normalización Lingüística con instruccións administrativas (como calquera alumno de primeiro de Dereito sabería), nin se ven as medidas para loitar contra a crise. Por non falar de que a realidade teimuda desminte á ficción e non existe conflito social ou educativo con cuestións como o galego. U-lo os proxectos reais para problemas reais da sociedade?.

Que vai facer o goberno para que nos centros públicos de ensino se oferten os servizos complementarios de comedor e actividades extra-escolares xestionados pola Administración e cuns prezos subvencionados para que as familias con menos recursos acceder a eles? Escoitar ás ANPAS dos colexios privados que din que hai que subvencionalos a eles?.

Que vai facer para protexer o litoral para o desfrute do conxunto da cidadanía? Reunirse cos promotores como xa fixo para trazar a solución?.

Como vai apoiar as economías familiares máis precarias? Suprimindo o imposto de sucesións?.

Como vai extender a rede de servizos sociais? Dándolle gañancias a xestores privados a costa da calidade da prestación e as posibilidades de implantar novos centros?.

Como vai cambiar o modelo de mobilidade por modos de transporte máis sostibles? Construindo novas autovías para que as constructoras de Hernández poidan terlle preparada unha acollida cordial ao final do mandato?.

Que solucións lle vai dar aos nosos gandeiros? Dicir que aínda sobran máis e que o medio rural debe quedar abandonado?.

A cidadanía agarda respostas. O tempo electoral rematou.

4.74/5 (69 votos)


Sen comentarios

Novo comentario

É preciso que te rexistres para poder participar en Vieiros. Desde a páxina de entrada podes crear o teu Vieiros.

Se xa tes o teu nome en Vieiros, podes acceder dende aquí:



Alba Nogueira

Alba Nogueira López naceu en Cee en 1968. É doutora en Dereito e profesora de Dereito Administrativo na Universidade de Santiago. »



Anteriores...