Vieiros

Vieiros de meu Perfil


Adela Figueroa

As consecuencias dun urbanismo irresponsábel

14:00 03/06/2007

Achégase o Dia mundial do Medio Ambiente: 5 de Xuño. Este Ano vai ser dedicado ao Cambio Climático. Concretamente ao problema que prantexa o desxeo xeralizado que está a sofrer o noso Planeta, e e, en particular as rexions polares.

O clima da terra depende , entre outras cousas, da temperatura global, e esta está directamente relacionada có contido de CO2 na atmósfera.

Como o CO2 aumentou rapida e intensamente nos últimos anos , tamén a temperatura global da Terra o fixo. O CO2 prodúcese como consecuencia das respiracions dos animais, e tamén das combustions das fábricas ou dos motores dos vehículos de transporte, contribuindo este nun 60% aprox. ás emisións de CO2 a atmósfera.

A sociedade , en xeral está alarmada. Todos os governantes declaran as suas intencións de compensar esta mudanza climática con accións protectoras para o medio ambiente.Pero estas accións non se cumplen. E o maior incumplimento dase na Planificación das cidades. O modelo urbanístico actual das “urbanizacions” satélites do núcleo orixinal deixando espacio libre entre este e a urbe promove un grande incremento do gasto enerxético debido aos transportes.Tal acontece nunha cidade pequena e, até agora, cómoda como Lugo.

En lugar de urbanizar o centro e ir ampliando a cidade pouco a pouco, nun modelo nuclear,optase polo modelo difuso, construindo aglomeracións de edificios , afastados do centro,que solo pode ser acometidas por grandes empresas capaces de facer as fortes inversións iniciais necesarias, comprando os terrenos a baixos precios.:Catro mil vivendas en San Fiz. Dous mil quinientas nos terrenos da antiga Abella ( o outro extremo da cidade). Toda esa xente terá que desplazarse e case nunca encontrará o transporte colectivo que se acaiga ás suas necesidades.Ese fenómeno, repetido en muitas cidades é un dos principais responsables das emisións de CO2 a atmósfera. O maior consumo energético producese nos edificios, cun 41% do total; séguelle o transporte cun 31% e a industria un 28% .Cada litro de gasolina consumida libera a atmósfera CO2(. 1 litro de gasóleo consumido = 2,6Kg de CO2 emitido a la atmósfera/ 1 litro de gasolina consumido = 2,3Kg. De CO2 emitido a la atmósfera)

Lugo é unha cidade agradablemente provinciana.Como outras, ainda en Galiza. que teñen a medida humana da perna da xente. Nestas novas andaduras de Governos Municipais fago un chamado de atención reclamando Plans Xerais deUrbanismo baseados na sensated e no senso común .

Adaptado á real potencialidade de crecemento povoacional (non o delirio de planificar para 300.000 habitantes como o que está pendente de aprovar en Lugo).Que permita o desenvolvimento das cidades como Lugo conservando aquelo que teñen de mais agradable :Unha cidade onde a xente se encontre polas ruas, poida desplazar a pe ou por liñas de transportes urbanos eficaces, nun ambiente amable a familiar.Que cumplan as premisas do desenvolvimento sustentable e da Axenda 21 na realidade, non como declaración de intencions incumplidas como o demostran a deriva que está a tomar o urbanismo que nos afasta innecesariamente dos compromisos de sustentabilidade e cunplimento da Axenda 21 .

3.11/5 (28 votos)



Adela Figueroa naceu en Lugo. É catedrática de Bioloxía-Xeoloxía no IES Lucus Augusti. Participou na fundación de organizacións como ADEGA ou a AS-PG e é tamén portavoz de Nunca Máis en Lugo. Ten xa unha numerosa obra científica e literaria. Na actualidade é presidenta de ADEGA. »



Anteriores...