Open Vieiros

Vieiros

No lombo do Atlantico. Baixa o pdf con todos os relatos
Vieiros de meu Perfil



DATOS INEM

Novembro déixanos 12.390 parados máis

3

10:45 - O paro medrou un 7,36% no pasado mes e o número de desempregados sitúase xa en 180.820 persoas.

"Mercado en alza en toda Europa"

A Xunta volve á carga co naval civil en Astano, anuncia Quintana

18:30 - Presentará en Madrid unha nova proposta "que non se pode rexeitar" para que o empresariado galego poida construír buques en Navantia-Fene.

Análise: Ulo cambio?

Estados Unidos: 'Mesmos socios, mesmos adversarios'

1

14:00 - A ex primeira dama e o presidente electo sempre coincidiron nas cuestións sociais e económicas, mais no eido da política exterior as diverxencias -aparentemente- eran abismais.

Din que se usou con "fins terroristas"

O goberno indio culpa a Google Earth de servir de axuda nos atentados

12:00 - A policía di que os atacantes empregaron este programa, GPS e teléfonos móbiles para planificar o masacre. A última hora a India decide non emprender accións militares contra Paquistán.

Aprobado no Parlamento

Un canon hidroeléctrico de "xustiza histórica" pero pouco ambicioso

14:30 - Achegará 12 millóns anuais ás arcas públicas. O PP pide a derrogación, advertindo que subirán os recibos da luz. O BNG lamenta que non se aplique tamén ás minicentrais....

CERTAME NA INTERNET

YouTube crea a primeira orquestra colaborativa a través da rede

19:10 - Fai un chamamento a músicos afeccionados de todo o mundo para que envíen vídeos interpretando unha peza composta por Tan Dun e outra obra clásica.

Freo á banca electrónica

Os e-bancos impoñen cláusulas abusivas para "lavar as mans" en casos de fraude

12:50 - Os buratos e incumprimentos na normativa actual contribúen á vulneración dos dereitos dos consumidores.

Declaracións de Manuel Fraga

"Franco era severo, pero nunca foi un criminal, que eu saiba"

21

12:30 - O Che era "un criminal" e Franco "non". Así o expuxo despois da visita a un colexio aragonés, onde os rapaces lle entregaron traballos escolares sobre Constitución e democracia....

15 anos de prisión

Condenan por xenocidio un dos cantantes máis famosos de Ruanda

14:30 - Durante as matanzas de 1994, Simon Bikindi realizou un discurso incitando os 'hutus' a matar 'tutsis'.

En xuño de 2009

En sete meses non haberá bombas en acio no Estado Español

14:30 - Só as precisas para aprender a desactivalas. Así o prometeu a ministra de Defensa, Carme Chacón, un día antes de que un cento de países asinen un tratado que prohiba o seu uso....

ACHADO ARQUEOLÓXICO

Descobren o alixo de marihuana máis antigo do mundo

1

12:00 - O produto, xa usado como psicoactivo, atopouse nunha tumba de 2.700 anos de antigüidade, ao noroeste da China.




Cantos na Maré 08

Sons da Diversidade - Aynur


Culturgal 08



Outros canais


PSUV arrasou nas eleicións gañando un millón de votos máis

Ás 11:45 da noite deste domingo 23 de novembro o Consejo Nacional Electoral (CNE) emitiu o primeiro boletín cos resultados das eleicións rexionais 2008, xornada que tivo a màis alta participación dos derradeiros 10 anos cun 65,45%, o que representa "a maior participación que tivemos nunha elección rexional e local. Ao pobo de Venezuela, moitísimas grazas, parabens!", salientou a presidenta do CNE, Tibisay Lucena.
Porén o partido no Goberno, Partido Socialista Unico de Venezuela (PSUV), perdeu a posibilidade de gañar no estado Zulia (Maracaibo) e perdeu os goberno do estado Miranda (los Teques) (que abrangue unha importante área da zona metropolitana de Caracas), Carabobo (Valencia) e a Alcaldía Mayor de Caracas.



Futuro das Comunicacións xornal pontevedra