Declaración conxunta

As institucións públicas e as organizacións políticas, sindicais, empresariais e sociais abaixo relacionadas, con ausencia do Partido Poular, en representación dos afectados polo accidente do "Discoverer Enterprise" contra a ponte das Pías na noite do pasado día 13 de xaneiro de 1998, esixen:

1. Declaración de zona de emerxencia ou catastrófica para toda a comarca de Ferrolterra.
2. Inmediata construcción da Autovía Fene-Ferrol na súa totalidade.
3. Urxente construcción dunha ponte de catro carrís sobre a ría de Ferrol contemplando un novo trazado coa "Solución Ronda Oeste de Desconxestión" no Concello de Fene, e atendendo aos estudos sobre correntes mariñas en beneficio da riqueza marisqueira.
4. Solución provisoria para a circulación viaria polas Pías e sen retrasar a definitiva.
5. Elaboración dun plan de emerxencia sanitaria.
6. Rehabilitación inmediata de todos os servizos afectados.
7. Fortalecemento dos servizos de transporte colectivo, especialmente dos ferroviarios e marítimos.
8. Cobertura económica institucional.
9. Nomeamento dun interlocutor autorizado que coordine connosco todas as accións.
10. Axilización das xestións administrativo-aconómicas através dunha "ventanilla única".
11. Avaliación das perdas económicas no tecido empresarial, institucional, e de calquera persoa física ou xurídica afectada, para a súa compensación futura.
12. Que as accións anteriores non sexan só específicas para este caso senón que servan de pulo para o relanzamento económico de Ferrolterra, satisfacendo reinvidicacións e débedas históricas.

Ferrol,15 de xaneiro de 1998

Asinado por

Concellos: Ares, Cabanas, Fene, Mugardos, Narón, Neda e Pontedeume
Sindicatos: CIG, CCOO, UGT e USO
Asociación de Empresarios de Ferrolterra e Unión de Empresarios de Ferrol
Partídos políticos: BNG, EU-EG, IF, IU e PSdG-PSOE.


Informacións sobre o accidente | Volver a Vieiros