 |

 |

Cada vez que Galicia sentiu esvaer a súa cultura había alguén para revivila, a cada paso que a identidade do país esmorecía, xurdía quen empurraba para darlle azos. Durante moito tempo, o profesor Francisco Fernández Del Riego estivo aí, neses momentos. Mirando incansable pola nosa cultura, no pensamento sincero e comprometido de Del Riego non vemos só unha testemuña da nosa historia. Vemos a historia mesma. Logo da súa homenaxe continua ao país, desta volta, Vieiros réndelle homenaxe a el.
|
 |
 |
   |
|