Del Riego e Galicia no rio do tempo
Homenaxe

A Fundación Premios da Crítica de Galicia artellou unha homenaxe a Francisco Fernández del Riego. O día é o 8 de marzo, ás 20:00 no Centro Cultural Caixanova de Vigo.

Programa:
  • Proxección dun audiovisual elaborado con fondos dos arquivos da TVE e TVG, producido por TVG, sobre a vida de Fernández del Riego.

  • Concerto de piano de Ramón Castromil

  • Intervención dos escritores Xesús Alonso Montero, Xosé Luís Franco Grande e Xela Arias, da lingüista Pilar Vázquez Cuesta, do alcalde de Vigo Lois Pérez Castrillo, de Xosé González en representación da Fundación Premios da Crítica de Galicia, e do presidente da Real Academia da Lingua, Xosé Ramón Barreiro.

A homenaxe está apoiada por un cento de entidades e irá acompañada da edición dun libro de homenaxe no que colaboran preto de trinta autores e autoras.


VieirosDel Riego e Galicia no río do tempoFotobiografíaEntrevistaUnha viaxe a Londres