Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Venezuela

Edición xestionada por Xurxo Martínez Crespo
RSS de Venezuela
12:50 03/07/2009 O GRUPO ESPAÑOL SANTANDER CONSIDEROU Á VENDA TODO UN ÉXITO

Hoxe o Banco de Venezuela-Grupo Santander pasa a mans estatais

Segundo ás cláusulas estabelecidas dentro do contrato de compra-venda do Banco de Venezuela-Grupo Santander, que asinaron o pasado 22 de maio o Goberno venezuelano e o Grupo Santander do Estado español, hoxe sexta feira, 3 de xullo, o Estado venezuelano pagará 630 millóns de dólares, pagamento que concretará o traspaso oficial do Banco a mans do Estado venezuelano.


SEGUNDO O PRESIDENTE VENEZUELANO HUGO CHÁVEZ

"Oligarquía venezuelana apoia golpe hondureño para reeditalo en Venezuela"

O presidente venezuelano, Hugo Chávez, declarou nun acto de ascensos militares na cidade de Maracay, que a oligarquía venezuelana respalda o golpe hondureño e que xustificaría a reedición do golpe de Estado en Venezuela. 

ADVERTIU O PRESIDENTE VENEZUELANO EN MANAGUA

Venezuela suspende envío de petróleo a Honduras

O anuncio fíxoo o presidente Hugo Chávez esta Segunda feira na súa intervención na xuntanza dos países da ALBA e do Grupo de Rio, que se realizou en Managua para tomar medidas contra o golpe de Estado que aconteceu en Honduras.


APÓS O GOLPE DE ESTADO EN HONDURAS

Comeza Cume extraordinario da ALBA en Nicaragua

O presidente anfitrión, Daniel Ortega,  salientou a presenza do presidente constitucional da República de Honduras, Manuel Zelaya, así como os gobernantes de Ecuador, Rafael Correa; o ministro de Exteriores cubano, Bruno Rodríguez e o presidente da República Bolivariana de Venezuela, Hugo Chávez. "Mañá chegará o presidente de Bolivia, Evo Morales", agregou o presidente nicaragüano.

É A PRINCIPAL TELEVISIÓN OPOSITORA E RESPALDOU O GOLPE DE ESTADO DE 2002

Inician procedemento sancionatorio contra Globovisión

Unha comisión da Comisión Nacional de Telecomunicaciones (Conatel) presentouse nas se da canle privada de televisión Globovisión para notificar do inicio dun novo procedemento sancionador contra a empresa, por ter, presuntamente, coadxuvado en accións delitivas permitindo o uso dos seus servizos para iso.


REMATAN AS MESAS TÉCNICAS PARA A SÚA FORMACIÓN

A ALBA cultural xa está en marcha

Remataron as mesas técnicas do proxecto gran nacional ALBA Cultural en Caracas, xuntanza que tentou definir as accións axeitadas para impulsar esta actividade, financiado polo Banco da ALBA. Na xuntanza participaron representantes de Cuba, Dominicana, Nicaragua, Bolivia, Ecuador e Venezuela.

NA 98º DA CONFERENCIA INTERNACIONAL DO TRABALLO

Sindicalistas venezuelanos acusan ao goberno de Chávez en Xenebra

O embaixador Juan Arias, representante permanente de Venezuela en Xenebra perante das Nacións Unidas, rexeitou as acusacións formuladas polos sindicalistas venezueanos da Central de Trabajadores de Venezuela (CTV) contra o goberno venezuelano, durante a celebración da nonaxésima oitava Conferencia Internacional do Traballo, en Xenebra.