A Editorial Galaxia, o Concello de Noia e Barbantia, presentan a nova novela de Antón Riveiro Coello, Os Ollos de K. O acto terá lugar no Salón de Plenos do Concello de Noia, o venres 23 de novembro, ás 20″30 h., e acompañarán ao autor, Rafael García Guerrero, alcalde de Noia; Loli Caramés, concelleria de Cultura; Víctor Freixanes, director da Editorial Galaxia; e Xesús Laíño, profesor. Un home que agarda sentado nun banco sostendo na man un tarro cun ollo é o detonante que fai estourar os límites entre realidade e ficción.
Por se non abondase a polémica nas obras da autovía do Barbanza, o vial alternativo que é a AC-305 está a rexistrar numerosas saídas de vía dos vehículos.
Con menos balbordo mediático que o Pazo de Meirás, (torre, para Núñez Feijoó), a casa de Castelao na rianxeira Rúa de Abaixo 42 segue paseniño os trámites administrativos para se converter en Ben de Interese Cultural (BIC).