Vieiros

As linguas suman
Vieiros de meu Perfil


Euskadi

Edición xestionada por Vieiros
RSS de Euskadi
20:00 30/06/2009 AMPARA A SÚA ILEGALIZACIÓN

O Tribunal de Estrasburgo defende que Batasuna “complementaba” a ETA

Dálle a razón ao Estado Español e á súa Lei de Partidos, desestimando finalmente o recurso presentado por Batasuna en decembro de 2007.


XUNTANZAS DECISIVAS

O futuro político de Euskadi cocíñase esta semana a lume vivo

O novo paso a prol a ilegalización de Batasuna coincide coa semana de maior actividade de Patxi López dende que chegou á lehendakaritza, entre ameazas do PP e críticas do PNV.

Tras apenas dúas semanas de goberno

Patxi López enfróntase á primeira folga xeral, convocada polos sindicatos nacionalistas vascos

A mobilización, á que se sumou un milleiro de comités de empresa, suscita expectación polas confrontacións políticas co novo executivo socialista.


Zaloa Ibeas de la Cruz, dirixente do sindicato LAB

"En Euskadi hai riqueza acumulada, mais non reverte na clase traballadora"

A secretaria nacional da Área de Muller da central vasca participou esta cuarta feira nunha palestra organizada pola CUT.

Na investidura a lehendakari

Patxi López anuncia o impulso dun “bilingüismo integrador” en Euskadi

En materia de política lingüística, o líder dos socialistas vascos sinalou que vai derrogar algúns artigos do Curriculum que estabelecen o éuscaro como lingua vehicular no ensino.


Na investidura do novo lehendakari

López felicita a ausencia da esquerda abertzale e Ibarretxe agoira unha cruzada contra a identidade nacional

O candidato do PSE pediu unidade e consenso pola paz, e enunciou medidas anticrise. O candidato do PNV reprochoulle, de novo, o pacto cos populares, sinalando que é un "acordo que vén de Madrid".

Goberno en minoría

Patxi López chega a lehendakari ofrecendo un "cambio histórico" para Euskadi

O líder do PSE promete darlle pulo a unha nova etapa sen rupturas e baseada no consenso. No seu adeus, Ibarretxe reprocharalle a súa negativa ao acordo co PNV.