Vieiros

No lombo do Atlántico
Vieiros de meu Perfil



Soache Galicia
ANTÓN PAZ E FERNANDO ECHÁVARRI OURO NA CLASE TORNADO DE VELA

“Sempre tivemos o control para poder conseguir esta medalla de ouro”

4

19:30 21/08/2008 - Os regatistas galegos conversaron con Vieiros dende Biexín poucas horas despois de lograr o cuarto ouro olímpico da historia do noso deporte. Fala Antón Paz:

Hai 19 superviventes

O goberno español eleva a 153 o número de mortos no accidente de Baraxas

5

09:15 21/08/2008 - A ministra de Fomento afirmou que se chegará ao fondo da investigación para "exixir responsabilidades" e que "estes accidentes non volvan suceder".

"Decepción" da alcaldesa socialista

Un edil do PSdeG abandona o goberno local de Mos por diferenzas no pacto co BNG

4

19:00 21/08/2008 - Critica, entre outros contidos do acordo, que se lle dea prioridade á creación dun Servizo de Normalización Lingüística.

ENTRE O 18 E O 27 DE SETEMBRO

Pradolongo participará no Festival de Cine de Donosti

1

13:30 21/08/2008 - Participará na sección 'Made in Spain', dirixida á crítica internacional e aos compradores que acudan á oficina de vendas do certame.

Crónicas da India (27)

Funcionariado

2

10:20 21/08/2008 - Hai persoas ás que non lles cabe na cabeza que haxa persoas capaces de antepoñer o que cren xusto e o benestar das persoas desfavorecidas aos seus ingresos e posición. Escribe María Reimóndez, de...

Manifestación nas oficinas de Carlyle Group

Nova York indemnizará a 52 persoas detidas nunha protesta contra a invasión de Iraq

3

12:20 21/08/2008 - O concello da cidade estadounidense acordou pagar dous millóns de dólares aos demandantes pola violación dos seus dereitos civís.

comunicado greenpeace

Os supermercados, cómplices da desaparición dos caladoiros de peixe

13:15 21/08/2008 - As políticas de compra sustentábel das grandes superficies son inexistentes, insuficientes ou sinxelamente non se cumpren.

O SÁBADO 23, NA CORUÑA

Terceira batalla de bandas no 'Nsaio no Camiño'

19:00 21/08/2008 - Telemaco, Noise Project e Os trasnos de Moscoso loitarán por acompañar a Maryland e Som do Galpom na final.

ARTISTAS NOVOS PINTARÁN AS SÚAS OBRAS NAS PAREDES

Os barrios de Ferrol serán un inmenso mural

1

12:20 21/08/2008 - A iniciativa naceu para denunciar a situación de Canido, e agora o Concello apoiará a súa realización noutros lugares da cidade.

CURIOSA PROTESTA

Un lucense percorrerá tres mil quilómetros en patín para pedir carrís bici

1

13:00 21/08/2008 - Arrancou este mércores 20, para facer un percorrido que o levará por cidades como Barcelona, París ou Friburgo.

Voto exterior

O PSOE cede e o parlamento español estudará a reforma electoral en setembro

18:00 20/08/2008 - Logo do acordo o resto de grupos retiran as súas peticións. Quintana di que Zapatero podería cambiar a lei "mañá mesmo".





Ferrol Verán


xornal pontevedra UIMP - Becas e Matrículas



Outros canais


En Venezuela a revolución bolivariana terminou coa cultura de élites

O presidente venezuelano, Hugo Chávez Frías, participou no acto de entrega de títulos a 393 profesores especialistas en Desenvolvemento cultural. "O fascismo derrótase con cultura", foron as declaracións do presidente Chávez no acto realizado no Complejo Cultural Teresa Carreño. Chávez recordou ao poeta García Lorca no acto e dixo que en Venezuela "acabouse a cultura elitesca, restrinxida, que moitas veces non era cultura nin era nada. Hoxe hai en Venezuela unha enxurrada cultural".


Asina no punto.gal Apoia o Manifesto a prol da convivencia lingüística e a da igualdade de dereitos para o galego