![]() |
Xaime Rodríguez-Arana
Nado en Ferrol no ano 1961, Xaime Rodríguez-Arana doutorouse en Dereito
pola Universidade de Santiago de Compostela, e obtivo a cátedra de
Dereito Administrativo na Coruña. Foi o primeiro director da Escola
Galega de Administración Pública, dende 1990. O seu labor
está vinculado a numerosos organismos de índole xurídica,
como o Forum Internacional de Administración Pública, do que
é secretario xeral. |