 |
Abel Ramón Caballero
Naceu en Ponteareas en 1946. Doutorouse en Economía
polas Universidades de Cambridge e Santiago. Nesta última conseguiu
a cátedra de Teoría Económica, que ocupa actualmente
na Universidade de Vigo.
Deputado nas Cortes, foi tamén voceiro de economía no Congreso,
entre 1983 e 1985, ano en que foi nomeado Ministro de Transportes, Turismo
e Comunicacións. Actualmente, é secretario de Política
Institucional da Comisión Executiva do PSOE, e presidente do PSdeG-PSOE.
Volver a Eleccións | Volver a Vieiros |