Galicia Hoxe

Xerais 2000

Noticias
Eleccions nun clic
Candidaturas
Eleccions anteriores
Intencion de voto
Cuestions xerais   A opinión de 10 galegos  

  Menchu Lamas
  
Artista plástica. Vive en Madrid


Superaría o "Anque chova, vota" con "Hai que mollarse"


O primeiro que farías se foses presidenta do goberno.
Tentaría levar adiante medidas de tipo social.

Nestas eleccións non hai mulleres nos primeiros postos. ¿Estarías por obrigar a que o 50% dos candidatos fosen mulleres, como se fixo en Francia?
Podería ser unha boa idea. O que compre de tódolos xeitos é superar as discriminacións na propia sociedade, no traballo, na realidade cotiá.

¿A que muller che gustaría ver de presidenta do goberno?
Dende logo unha moi distante da "Dama de ferro".

O noso comezo democrático está marcado pola frase "Anque chova, vota". ¿Que medida tomarías ti para frear a abstención (ou para potenciala)?
Outro eslogan actualizado podería dicir: " ¡Hai que mollarse!". Compre participar no debate político e non só no tempo das eleccións.

O ministerio que faría falta crear.
Sobra burocracia. Aínda que non sería mala idea a existencia "real" dun Ministerio de Cultura ou dun Ministerio das Culturas que posibilitara un diálogo entre as culturas do estado.

¿Tiras para a dereita, para o centro ou para a esquerda?
A esquerda defende a solidariedade e a pluralidade fronte á "lei da selva".


As opinións de:
     - Mela Casal. Actriz, alcaldesa de Portozás.
     - Xavier Queipo. Biólogo galego en Bruxelas. Escritor.
     - Xavier Alcalá. Enxeñeiro de telecomunicacións. Escritor.
     - Ana Kiro. Show-woman galega. Folclórica
     - O mago Antón. Mago, claro.
     - Xulia Vaquero. Atleta.




Eleccións nun clic | Candidaturas | Eleccións anteriores | Enquisas | Especial Xerais 2000 | Vieiros