|
![]() |
|
|
|
"O que sobran neste país son ministerios". O primeiro que farías se foses presidenta do goberno. O primeiro, dialogar con todos para buscarlle amaño a este país. Nestas eleccións non hai mulleres nos primeiros postos. ¿Estarías por obrigar a que o 50% dos candidatos fosen mulleres, como se fixo en Francia? Por obriga non habería de ser. Hai mulleres capacitadas abondas como para facer polo menos a metade dos candidatos. Claro que, se as cousas non van polas boas haberá que obrigar a facelo. ¿A que muller che gustaría ver de presidenta do goberno? A min o que me gustaría sería unha muller dialogante. Paréceme que Cristina Almeida era axeitada, pero ultimamente desapareceu, non sei se porque quixo desaparecer ou porque dicía verdades. O noso comezo democrático está marcado pola frase "Anque chova, vota". ¿Que medida tomarías ti para frear a abstención (ou para potenciala)? Había que implantar unha campaña menos violenta, unha campaña na que se buscasen cousas en conxunto e que se acurtasen as diferencias entre os uns e os outros. O ministerio que faría falta crear. O que sobran son ministerios. Ben chegan os que hai. O que hai que facer é traballar neles. ¿Tiras para a dereita, para o centro ou para a esquerda? Case máis pola esquerda. Eleccións nun clic | Candidaturas | Eleccións anteriores | Enquisas | Especial Xerais 2000 | Vieiros |
||||||