Galicia Hoxe

Xerais 2000

Noticias
Eleccions nun clic
Candidaturas
Eleccions anteriores
Intencion de voto
Cuestions xerais   A opinión de 10 galegos  

  Xavier Queipo
  
Biólogo galego en Bruxelas. Escritor


"O primeiro que faría sería legalizar as drogas".


O primeiro que farías se foses presidente do goberno.
Legalizar o consumo de calquera tipo de substancias abandonando así a hipocresía imperante no estamento político que se pon ata as cellas de alcol e outras drogas e logo se escandaliza por un cigarro da risa máis ou menos.

Nestas eleccións non hai mulleres nos primeiros postos. ¿Estarías por obrigar a que o 50% dos candidatos fosen mulleres, como se fixo en Francia?
Estou en contra de calquera tipo de cuotas. Son cuestións internas de cada formación política.

¿A que muller che gustaría ver de presidenta do goberno?
Non xulgaría xamais un presidente por ningunha condición diferencial de sexo, raza, confesión relixiosa, opción sexual ou calquera outra. Ser muller ou ser home, ser asiático ou galego non son valores en si mesmos.

O noso comezo democrático está marcado pola frase "Anque chova, vota". ¿Que medida tomarías ti para frear a abstención (ou para potenciala)?
A abstención é un síntoma. Os remedios que atacan os síntomas son nefastos. O que hai que facer é descubrir e ataca-los factores etiolóxicos, os que son causa dos síntomas.

O ministerio que faría falta crear.
Un ministerio do mar. Hai unha Política Común de Pesca comunitaria ben diferenciada da Política Agrícola Común. Somos o estado da CE con maior potencial pesqueiro e a pesca é un sector estratéxico para algunhas áreas do estado, por exemplo Galicia. Penso que son razóns suficientes.

¿Tiras para a dereita, para o centro ou para a esquerda?
Non me gustan as etiquetas nin a xeometría diferencial que as sustenta. Eu son partidario do respecto integral ás minorÌas. Ser de dereitas é ter medo ós cambios (sobre todo de ostentación do poder). Como biólogo coñezo a importancia do hÌbrido, por iso non teño medo ós cambios e, daquela, non me considero reaccionario.


As opinións de:
     - Mela Casal. Actriz, alcaldesa de Portozás



Eleccións nun clic | Candidaturas | Eleccións anteriores | Enquisas | Especial Xerais 2000 | Vieiros