|
![]() |
|
|
|
"Non tiro nin a esquerda nin a dereita, eu son das miñas propias ideas". O primeiro que farías se foses presidente do goberno. Iniciar trámites para converter España nunha república federal proxectada cara á Iberoamérica. Nestas eleccións non hai mulleres nos primeiros postos. ¿Estarías por obrigar a que o 50% dos candidatos fosen mulleres, como se fixo en Francia? Debemos educar as nenas na idea de que elas tamén poden e deben gobernar. Pero cómprelles ás mulleres conquistaren os postos de mando en competencia cos varóns. ¿A que muller che gustaría ver de presidenta do goberno? Non coñezo ningunha muller para o posto (como tampouco coñezo moitos homes). O noso comezo democrático está marcado pola frase "Anque chova, vota". ¿Que medida tomarías ti para frear a abstención (ou para potenciala)? Prohibirlles aos políticos faceren as infinitas pallasadas de cada campaña, e obrigalos a expresaren claramente programas e xeitos de realizalos. O ministerio que faría falta crear. O de Ciencia e Tecnoloxía. ¿Tiras para a dereita, para o centro ou para a esquerda? Tiro cara ás miñas ideas, que non se concretizan en ningún lugar do "espectro político" As opinións de: - Mela Casal. Actriz, alcaldesa de Portozás - Xavier Queipo. Biólogo galego en Bruxelas. Escritor Eleccións nun clic | Candidaturas | Eleccións anteriores | Enquisas | Especial Xerais 2000 | Vieiros |
||||||