|
![]() |
|
|
|
"Non me gostaría ser presidenta do Goberno". O primeiro que farías se foses presidenta do goberno. Non me gostaría ser presidenta do Goberno porque penso que é moi difícil, xa que nunca chove a gusto de todos. Nestas eleccións non hai mulleres nos primeiros postos. ¿Estarías por obrigar a que o 50% dos candidatos fosen mulleres, como se fixo en Francia? Coido que prima a valía sobre o xénero e non poño ningunha porcentaxe. Deben ser persoas que valgan para o posto que van desempregar. Se son metade mulleres e metade homes e valen, ben; pero ¿e se hai un 90 por cento de mulleres válidas e só un 10 por cento de homes, ou á inversa? ¿Por que non pode ser? O importante é que fagan ben para todos e para o seu país. ¿A que muller che gustaría ver de presidenta do goberno? Non coñezo suficientemente ningunha muller para saber cal podería ser unha boa presidenta do Goberno. O noso comezo democrático está marcado pola frase "Anque chova, vota". ¿Que medida tomarías ti para frear a abstención (ou para potenciala)? Hai que votar, dun xeito ou doutro, pero hai que votar. Se a xente non vota, é imposible saber o que quere. Hai que votar para saber o que quere a xente e ir cara a un país cada vez mellor. O ministerio que faría falta crear. Cada un tira polo seu. Eu poñería unha persoa, un artista, para defender os nosos intereses ante Facenda, porque ós artistas cárgansenos uns baremos no pago de impostos como se traballasemos todo o ano. Pero os artistas traballan por tempadas, e non se deberían aplicar eses baremos tan altos. ¿Tiras para a dereita, para o centro ou para a esquerda? Resérvome. As opinións de: - Mela Casal. Actriz, alcaldesa de Portozás. - Xavier Queipo. Biólogo galego en Bruxelas. Escritor. - Xavier Alcalá. Enxeñeiro de telecomunicacións. Escritor. Eleccións nun clic | Candidaturas | Eleccións anteriores | Enquisas | Especial Xerais 2000 | Vieiros |
||||||