Eleccions municipais 99

O teu concello
Candidaturas
Intencion de voto
Linha directa
Noticias anteriores

Especial Eleccions
Bonifacio Borreiros, candidato do PSdG-PSOE por Ferrol
Bonifacio Borreiros
Bonifacio Borreiros, candidato á Alcaldía de Ferrol polo PSdeG-PSOE.

Liña directa co candidato, faille as túas preguntas, críticas ou suxestións.
    Bonifacio Borreros Fernández, casado, médico e de 53 anos, nace en 1 de agosto de 1955 descendente de traballadores da Constructora e E. N. Bazán. Despois da Escola do Cabalo Branco, estudia no Tirso de Molina (Caranza e despois Amboaxe), figurando nos seus cadros de honra ata a Universidade. Accede á Facutade de Medicina de Santiago con sobresaliente e honra, onde se licencia en Medicina e Cirurxía, atinxindo sobresalientes no grao e monográficos do doutoramento. Tamén estudia Teoría, Dereito, Historia e Estructura da Economía na Facultade de Económicas e Empresariais de Santiago.

    Interno do Departamento de Histoloxía e Anatomía Patolóxica co número 1 por oposición, é axudante de Clases Prácticas durante tres anos e presidente da Academia de Internos da Universidade. Exerce a súa profesión en Pontevedra e A Coruña, dirixe varios Cursos sanitarios e publica máis dunha ducia de traballos científicos.

    É profesor de "Tecnoloxía Sanitaria", especialidade de Formación Profesional, desde 1984, número 1 por Oposición.

    Milita desde os 17 anos na loita progresista, e é elixido Delegado desde 2º curso de Facultade, candidato de "Plataformas Democráticas"; representa o Distrito galego na histórica Reunión Xeral de Universidades (RGU) que convoca Folga Xeral (Cataluña, 1974) e en múltiplos actos políticos. En 1976, legalizado o Partido Socialista Galego, xa é membro da súa Comisión Executiva e Secretario político da Universidade. Toma parte activa na primeira campaña electoral (xuño de 1977), destacando o mitin central con Celso Emilio Ferreiro no estadio Sta. Isabel de compostela.

    Foi Derector Xeral de Cultura da Xunta de Galicia presidida por González Laxe. Deputado do Parlamento del Galicia desde 1990, foi Portavoz de Cultura e Industria e membro da permanente do Grupo dos socialistas de Galicia. Deputado no Congreso dos Deputados na actualidade. É Presidente da Agrupación Socialista Ferrolá e membro da Permanente da Comisión Executiva do PSdG-PSOE.

    Ao seu paso pola Dirección Xeral se debe en Ferrol investimentos (Centro Cultural Hospital de Caridade, Escultura "10 de marzo" en Recimil a petición sindical, Ateneo Ferrolán, "Toxos e Froles", Liceo Rubia Barcia...) Bibliotecas e lotes fundacionais en Asociacións Culturais e de veciños (S. Pablo Catabois, Caranza, Recimil, Ateneo, Esmelle, S. Xoán, Sta. mariña...) Recuperación patrimonio cultural (Casino Ferrolán, Fotoxornalismo antigo da cidade,...) Investimentos culturais e deportivos (Círculo Mercantil, SAF, Confrarías de Semana Santa, AFFA, Clube de Prensa, SGHN, comezo de "Galicia en Foco", Concello de Ferrol, individuais, musicais, Racing, Clubes modestos,...), mecenado aos artistas plásticos ferroláns co 1% de investimentos públicos,...

    Despois do proceso de Primarias, é elixido Candidato á Alcaldía de Ferrol.

    Candidatura do PSdeG-PSOE por Ferrol
    Programa do PP





O teu Concello | Intención de voto | Liña directa | Noticias anteriores | Especial Eleccións99 | Vieiros