
Ramón Arias Roca, candidato á Alcaldía de Lugo polo PP.
Liña directa co candidato, faille as túas preguntas, críticas ou suxestións. |
- Nacido no ano 1946. Casado e pai dun fillo.
- Graduado na Escola de Arquitectos Técnicos de Barcelona no ano 1974 coas especialidades de Construcción e Dirección de Obras.
- Comeza a súa actividade profesional no ano 1976 como Arquitécto Técnico en Lugo. A partir deste momento e paralelamente obtivo distintas prazas de aparellador municipal nos concellos de Mondoñedo, Rábade, Meira, Friol, Baleira e Castro de Rei, onde realiza traballos de asesoramento urbanístico e dirección de obras.
- No ano 1977 supera a oposición para a praza de Arquitecto Técnico na Deputación Provincial de Lugo e nesta cidade desempeña a Xefatura do Servicio de Urbanismo e Arquitectura.
- Ten ocupado distitntos puestos en diferentes actividades públicas: foi secretario do colexio oficial de Aparelladores, Presidente da Federación Lucense de Piragüismo e Vicepresidente do Clube Naútico de Sada.
- A súa andaina política comeza en 1995 cando se presenta ás eleccións municipais na lista do Partido Popular. Durante o actual mandato, desempeña a 2ª Tenencia da Alcaldía no concello de Lugo e é o responsable da concellería de Infraestructuras e Urbanismo.
Candidatura do PP por Lugo
Programa do PP
|