
Dositeo Rodríguez, candidato á Alcaldía de Santiago polo PP.
Liña directa co candidato, faille as túas preguntas, críticas ou suxestións. |
- Licenciado en Dereito, Profesor Mercantil, Interventor da Administración do Estado, Diplomado en Alta Dirección de Empresas (P.A.D.E.) polo Instituto de Estudios Superiores de Empresa (I.E.S.E.) e Censor Xurado de Contas, Auditor pertencente ó Instituto de Auditoría e Contabilidade.
- Diplomado en Comunidades Europeas pola Escola Diplomática do Ministerio de Asunto Exteriores.
- Pertence ó Corpo de Inspectores de Finanzas do Estado no que ingresou como nº1 da súa promoción e ó Corpo Técnico do Ministerio de Facenda e ó de Xestión da Facenda Pública.
- Desempeñou, entre outros, os postos de Interventor Adxunto do Ministerio de Sanidade, Xerente da Universidade de Santiago de Compostela e Interventor Xeral da Xunta de Galicia.
- Membro do Parlamento de Galicia polo Partido Popular na lexislatura de 1993 e na actual de 1997.
- Con data 7 de Febreiro de 1990 é nomeado Conselleiro da Presidencia e Administración Pública, cargo que desempeñou ata ó 18 de Febreiro de 1999, no que cesou para presentarse como candidato do Partido Popular ó Concello de Santiago.
- Casado con catro fillos.
Candidatura do PP por Santiago
Programa do PP
|