Eleccions municipais 99

O teu concello
Candidaturas
Intencion de voto
Linha directa
- Xosé A. Sanchez Bugallo (PSdeG-PSOE)
- Dositeo Rodríguez Rodríguez (PP)
- Encarna Otero (BNG)

Noticias anteriores

Especial Eleccions
Xosé Antonio Sánchez Bugallo,candidato do PSdG-PSOE por Santiago
Juan Blanco
Xosé Antonio Sánchez Bugallo, candidato á Alcaldía de Santiago polo PSOE.

Liña directa co candidato, faille as túas preguntas, críticas ou suxestións.
  • Xosé Antonio Sánchez Bugallo é elixido alcalde de Santiago de Compostela nun Pleno do Concello celebrado o 23 de decembro de 1998, no que foi arroupado por numerosos e destacados representantes da vida política, social, económica e cultural da cidade.
  • O seu vínculo co Concello de Santiago de Compostela iníciase no ano 1983, como xefe de gabinete de Xerardo Estévez. Nas eleccións municipais do 87 entra como concelleiro electo polo PSdeG-PSOE, mandato no que asume moitas e diversas delegacións, destacando polo éxito da súa xestión en cada unha delas e pola capacidade de negociadora e de consenso.
  • No 91 encárgase das Concellerías de Deportes e Relacións Veciñais, que compatibiliza co cargo de deputado provincial, asumindo a delegación de Persoal e Réxime Interior da Deputación da Coruña. Como delegado de Relacións Veciñais crea o servicio de Atención ó Cidadán e a Oficina de Relacións Veciñais. No ámbito deportivo ocúpase especialmente do deporte de base e pon en funcionamento as Escolas Municipais Deportivas.
  • No último mandato (95-98) como responsable de Tráfico, Transportes e Seguridade Cidadá salienta o seu proxecto para a modernización do transporte urbano de Santiago de Compostela.
  • Na súa etapa como alcalde, Sánchez Bugallo, está a facer un importante esforzo para que Santiago de Compostela sexa recoñecida como capital de Galicia e dotada dos recursos necesarios para exercer esta condición. Asemade axiliza as xestións urbanísticas -en pouco máis de dous meses concedéronse unhas 800 licencias de nova construcción-, logra a sinatura de diversos convenios para a dinamización económica e social do Ensanche compostelán e impulsa a mellora ambiental das rúas de Alfredo Brañas, San Pedro e Hortas. En atención a algunha das vellas reivindicacións veciñais, inicia a construcción dos novos centros socio-culturais de Fontiñas e da Trisca, de maneira sobranceira, traballa polo achegamento da institución á cidadanía.
  • Xosé A. Sánchez Bugallo neceu o 31 de xaneiro de 1954 en Teixeiro (Curtis), transladándose a vivir a Santiago á idade de 9 anos. Está casado e ten unha filla.

    Candidatura do PSOE por Santiago
    Programa do PSOE





O teu Concello | Intención de voto | Noticias anteriores | Especial Eleccións99 | Vieiros