Eleccions municipais 99

O teu concello
Candidaturas
Intencion de voto
Linha directa
- Xosé A. Sanchez Bugallo (PSdeG-PSOE)
- Dositeo Rodríguez Rodríguez (PP)
- Encarna Otero (BNG)

Noticias anteriores

Especial Eleccions
Programa do BNG para Santiago

A Corporación que saia elixida no mes de xuño de 1999 terá que afrontar na súa acción de governo o reto de conducir Compostela nun novo milénio, mellorando as cousas que xa están feitas e pondo en marcha todas aquelas que ainda agardan po facer, que son moitas, tendo que por en marcha ideas para o futuro e levando a cabo unha política integral que abranga os case 230 quilómetros cadrados de território e coordenando na aacción municipal de Santiago a sua condición de concello, cabeceira de comarca, capital de Galiza e cidade universal. Este reto, o reto de governo, é o que o BNG quer compartir con todo o povo de Compostela como un compromiso que asume con responsabilidade, capacidade de traballo, ilusión, experiéncia municipal e equipa para faacé-lo coa consciéncia de que é urxente converter a Santiago nun Concello democrático, participativo, cunha xestión eficaz e comprometido coa cultura, co ambiente e co benestar de todas as persoas.

 

1. Xestión democrática e participación cidadá.

- Criación dunha concelleria específica para as relacións viciñais e a xestión interna

- Promoción do asociacionismo e dotación dunha rede completa de centros socio-culturais

- Desenvolvimento do Regulamento de Participación Cidadá. Constitución, prévia consulta coas entidades representativas do movimento viciñal, o Consello de Relacións Viciñais e posta ao dia do rexistro municipal de asociacións.

 

2. Urbanismo, vivenda e infraestruturas.

- Recondución da situación actual na procura dunha cidade que expanda o seu tecido urbano dun xeito contínuo e compacto, capaz de absorber todo o crecimento demográfico. Corrección dos déficits de equipamento público e social e de infaestruturas actualmente existentes.

- Incremento da oferta real e efectiva, xurídica e urbanisticamente, de solo apto para a construcción de vivendas, coa utilización de critérios de compactación e extensión da cidade, pero coa previsión de áreas destinadas a vivenda unifamiliar nas zonas máis aptas urbanisticamente.

- Prioridade na dotación dos seguintes centros educativos previstos na LOXSE: Conservatório de Música e Danza, Escola de Teatro e Escola de Idiomas.

- Posta en marcha dun plano de reabilitación de vivenda nos bairros e zonas que se atopan nunha situación de maior deterioro (Polígono de Vista Alegre, etc) e para actuar no ámbito dos PERIs doas bairros (Pontepedriña, Santa Marta, Cornes, etc).

-Facer un inventário das vivendas baleiras e obrigar á propriedade a cumprir coa normativa urbanística de ornato e conservación, prevista na lexislación vixente.

- Desenvolvimento das beiras dos rios Sarela e Sar e do monte Pedroso e posta en uso do património etnográfico e natural existene nestas zonas. Plano de limpeza, sinalización e inventário de todo o património existente no ámbito territorial de Compostela.

- Abaratamento da vivenda e política de vivenda própria. Promoción de vivenda pública e promoción privada de vivenda protexida. Reabilitación de vivenda rural e urbana.

- Criación da Oficina territorial do Rural (OTR). O rural contará cun plano de dotación de servizos, urbanización, equipamentos e desenvolvimento e posta en uso do património a executar por meio do Plano de Actuación Municipal que incluirá tamén a rede viária, mediante un sistema de rede principal polo que circulará o transporte urbano e escolar, mercadorias, recollida de lixo, etc e redes secundarias cun tratamento diferenciado de camiños, pistas, etc.

 

3. Tráfico, transporte e aparcamento.

- Xestión directa do trasporte público urbano através dunha empresa pública municipal, neste caso TUCSA. Reestruturación das liñas, de xeito que se optimicen os percorridos ao tempo que se desconxestiona o centro urbano.

- Criación mancomunada dunha rede de transporte comarcal que, combinada con aparcamentos periféricos, permitiría reducir o número de veículos particulares que se desprazan diariamente desde os núcleos periféricos a Santiago por razóns de traballo.

- Xestión directa do Concello sobreo funcionamento do servizo de ORA e retirada de veículos.

- Criación dunha Xefatura de Tráfico en Santiago de Compostela

- Potenciamento do transporte ferroviário de proximidades e criación dunha liña de ferro Santiago-Lavacolla.

 

4. Economia.

- Potenciación o atractivo turístico da cidade, promocionando a oferta cultural e acadando convénios coas institucións e empresas hosteleiras para que capten turistas durante todo o ano.

- Contribución ao desenvolvimento local e ao emprego através de sociedadesde criación de empresas Universidade/Concello. Apoio á implantación de novas titulacións no Cámpus Universitário de Santiago.

- Dotación de Solo industrial no Polígono do Tambre, asi como de equipamentos dos terreos para a instalación de empresas innovadoras, sobre todo no eido das telecomunicacións.

- Conversión de Santiago nun centro de referencia para o noroeste peninsular tanto na compravenda de gando como na distribución alimentária, potenciando "Mercagalicia".

- Favorecer a estabilidade financeira e o equilibrio no orzamento municipal, por meio dun rigoroso control de gasto que permita cumprir o actual Plano de Saneamento.

 

5. Muller.

- Criación do Consello Municipal da Muller, que elaborará un Plano para a igualdade de oportunidades e de trato das mulleres de Santiago de Compostela.

- Dotación dun local para as asociacións de mulleres, unha AGORA ou Casa das Mulleres.

- Programas específicos de información e de intervención en materias de saúde, educación sexual, traballo, etc.

- Loita concreta contra os maos tratos e a violéncia doméstica.

- Programas de formación ocupacional e apoio á incorporación da muller ao mundo laboral. Fomento da participación cultural, educativa e de lecer.

 

6. Mocidade

- Política de integración e de dinamización da mocidade e cooperación nos temas máis relacionados con ela: vivenda, emprego, transporte, etc.

- Criación do Centro de Información Xuvenil

- Fomento do emprego coa criación de Escolas Taller, bolsas de traballo municipais, axudas a proxectos de cooperativas, etc.

- Abaratamento da vivenda dos alugueres. Reabilitación de vivendas do Casco histórico e construcción de vivendas de protección oficial.

- Disposición de recursos para a mocidade: orzamento, equipamentos, locais de reunión, etc.

- Antimilitarismo.

 

7. Sanidade

- Criación dun Consello Municipal de Saúde.

- Plano integral mancomunado de meio ambiente: abastacimento de água potábel, saneamento e depuración das águas, recollida e tratamento do lixo, programas para a reución da contaminación atmosférica, acústica e de vibracións.

- Programa para a mellora dos mercados públicos.

- Control hixiénico-sanitário dos estabelecimentos dedicados a actividades relacionadas coa alimentación.

- Programa para a regulación das actividades molestas, nocivas e perigosas.

- Programa de Educación para a saúde.

- Plano Municipal de Drogodependéncias.

- Integración de Santiago na Rede de Cidades Saudábeis.

- Mellora da atención primária.

- Hospital Xeriátrico comarcal.

 

8. Ben-estar

- Criación da Área de políticas sociais: posta en funcionamento dun Plano contra a Exclusión Social; equipas interdisciplinares a nivel de bairros e parroquias; consello municipal de Servizos Sociais, Oficina do Voluntariado.

- Participación do concello no Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade.

 

9. Meio Ambiente

- Criación da concelleria de Meio Ambiente.

- Protección dos espazos naturais do Concello: Monte Pedroso, Brañas do Sar e rio Sarela.

- Saneamento e protección dos cauces fluviais e zona húmidas.

- Programa de Educación Ambiental.

 

10. Educación

- Participación na definición da rede de centros non universitarios.

- Cesión de terreos e urbanización dos centros

- Programa de medidas de colaboración e participación na política educativa.

- Promoción das ensinanzas artísticas e partida de cartos municipais para bolsas de estudos.

 

11. Cultura

- Criación do consello Municipal de Cultura.

- Posta en marcha da Casa da Cultura de compostela.

- Biblioteca Pública.

- Criación dunha rádio-televisión municipal ao servizo da cidadania e como meio para a normalización do idioma.

- Integración da mocidade en telleres de criación: Teatro, música. Literatura, Pintura, gravado, Audiovisuais.

- Pular a posta en marcha dunha Escola de Teatro Municipal

- Criación dunha Filmoteca de Santiago. Promoción de cinemas de bairro e parróquia. Apoio á Unidade de Producción Audiovisual xa existente.

- Dotar a cidade dun Conservatório superior de Música e Danza, homologado e de carácter público, e dun Centro Integrado de Música (CIM). Potenciar a Real filharmonia de Galiza e a Escola de Altos Estudos Musicais.

- Criación dun arquivo etnográfico de concello e comarca. Apoiar as asociacións de carácter tradicional e musical e dotación de locais.

- Aproveitar ao máximo as infraestruturas, equipamentos, cultura própria e criación para que a capitalidade europea do ano 2000 sexa un espello para a cultura galega, amais dun eixo de desenvolvemento para comostela

 

12. Normalización lingüística.

- Consello municipal para a Normalización lingüística.

- Modificación do Regulamento de Usos do galego e ampliación da dotación de persoal do Departamento de língua do concello. difusión da toponímia.


Encarna Otero, candidata do BNG por Santiago
Candidatura do BNG por Santiago


O teu Concello | Intención de voto | Noticias anteriores | Especial Eleccións99 | Vieiros