Vieiros
Especial Eleccións 99: Chat con Bonifacio Borreiros


- moderador: Ola a todas/os. Benvidas/os o último chat de hoxe...

- moderador: das eleccións municipais...

- moderador: que organizan conxuntamente Vieiros, O Correo Galego e El Correo Gallego...

- moderador: Temos o pracer de contar connosco nesta noite...

- moderador: co señor Bonifacio Borreiros...

- moderador: cabeza de lista dos socialistas...

- moderador: para o concello de Ferrol...

- moderador: Moitas gracias pola súa presencia e benvido...

- moderador: Lembrade...

- moderador: que antes de preguntar deberedes colocar un "?" e agardar...

- moderador: a que se vos dea paso. Gracias...

- moderador: Unha primeira cuestión...

- moderador: que quixeramos facerlle o candidato...

- moderador: é sobre cal é plantexamento do seu partido...

- moderador: sobre a potenciación da cidade de Ferrol a nivel turístico e de que plans se poderían levar a cabo...

- moderador: para abrir a cidade o mar.

- Bonifacio: boas noites a todos

- Bonifacio: en canto a cuestiòn...

- Bonifacio: prantexamos un plan turístico

- Bonifacio: ca participación...

- Bonifacio: de todo o sector hoteleiro e hosteleiro...

- Bonifacio: baseado...

- Bonifacio: en a potenciación das comunicacións, equipamentos e áreas de ocio...

- Bonifacio: senderismo, deportes náuticos, establecementos hosteleiros...

- Bonifacio: para a costa ferrolá que vai dende Cobas a Doniños...

- Bonifacio: En canto a abrir Ferrol ó mar...

- Bonifacio: un ambicioso programa en colaboura coas institucións ...

- Bonifacio: correspondentes...

- Bonifacio: para acadar que ningún impedimento físico impida...

- Bonifacio: ós ferroláns disfrutar do patrimonio da Ilustración( o mais ...

- Bonifacio: excelente do norte español e do propio mar. outra

- moderador: Un dos temas máis importantes no que se refire á zona de Ferrol son as infraestructuras. Tivo que ser un accidente marítimo o que levase a facer unha nova ponte :( ¿Que ideas teñen os socialistas para mellorar as comunicacións da cidade?

- DjD: nas

- LoisR: Ola DjD, benvido/a ao chat con Antonio Erias, candidato do PP á Alcaldía da Coruña. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Bonifacio: Ás comunicacións da cidade xiran primordialmente...

- Bonifacio: entorno a construcción daautovía Fene-Ferrol...

- Bonifacio: de acada-la Transcantábrica pola costa ata Ferrol...

- Bonifacio: desdeoblamento da autovía Ferrol-As Pontes...

- Bonifacio: modernización e reforzamentodas pontes de ferrocarril...

- Bonifacio: e construcción do porto exterior.

- Bonifacio: outra

- Vieiros: No chat que mantivemos onte co candidato do BNG, Xaime Bello, este manifestou que "o PSOE ten a pelota no seu tellado" á hora de pactar para arrincarlle a alcaldía ao PP. ¿Como se plantexa o tema dos pactos e baixo que condicións os farían?

- DjD: ?

- Bonifacio: A pelota paréceme que está nunha enquisa...

- Bonifacio: dunha determinada empresa...

- Bonifacio: coñezo as trampas electorais e o que digo é que a ...

- Bonifacio: enquisa verdadeira a daránós ferrol´as...

- cari: k

- Bonifacio: e ferroláns o día13. Despois dese exame valoraremos as...

- Bonifacio: "notas" da sociedade e actuaremos en consecuaçencia,...

- Bonifacio: sempre na liña de que en Ferrol haxa un governo estable...

- Bonifacio: e progresista. outra

- moderador: É o turno de DjD. Adiante.

- moderador: pregunta DjD

- DjD: gracias

- DjD: sr. Borreiros, non lle parece a vostede que un descenso en votos do PSG-PSOE sería unha

- DjD: mostra de que está vostede nunha lista onde a ideoloxía do seu partido non está en suficiente

- DjD: cohexión, xa que non fai moito tivo vostede un "rifirafe" interno co sr. Fernando Blanco.

- Bonifacio: Eu son candidato do socialismo ferrolán e nunhas...

- Bonifacio: eleccións primarias onde obtiven un apoio importante...

- Bonifacio: dos meurçs compañeiros. O segundo mais votado de españa. outra

- moderador: Pregunta Carme. Adiante.

- Carme: Que plans ten para o patrimonio da cidade? Como promovelo e conservalo?

- Bonifacio: En primeiro lugar rematar urxentemente o planespecial...

- Bonifacio: da Magdalena, posibilitando as subvencións a fondo...

- Bonifacio: perdido para a súa rehabilitación, e acometer neste mesmo ano...

- Doviges: ?

- Bonifacio: o plan especial de Ferrol Vello, A Graña e San felipe...

- Bonifacio: recuperar os edificios históricos da Ilustración, comenzando...

- B_Yaco: Boas

- LoisR: Ola B_Yaco, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Bonifacio: polo antigo governo militar convertindo en museu de arte moderno...

- Bonifacio: e a rehabilitación "completa" do Jofre convertindoo en sala...

- Bonifacio: de´eatro e ópera que participe nos circuitos nacionais e internacionais...

- Bonifacio: e desde logo a completa rehabilitación do antigo hospital de caridade...

- Carme: ?

- Bonifacio: obra que escomencei como DX cultura...

- B_Yaco: ?

- Bonifacio: e leva DEZ ANOS sen rematar, dende que está Fraga. outra

- moderador: Ten a palabra Vieiros Ferrol.

- vferrol: As enquisas non dan moi bos resultados para o PSOE de Ferrol. todo fai prever que van perder votos. porque?

- Bonifacio: A miña enquisa non me da eses resultados...

- moderador: :)

- Bonifacio: eu teño plena confianza nos ferrol´as e nas ferroláns. teño que...

- Bonifacio: recordar que todas as enquisas publicadas...

- Bonifacio: non concordan en absoluto entre elas...

- Bonifacio: nesta campaña as enquisas queren convertilas en arma electoral...

- Bonifacio: e certos grupos encubrrir a súa falta de proxecto en "xogos" de despiste". outra

- moderador: Vai Doviges. Adiante.

- Nahum: ?

- Doviges: ¿Onde deixou a bata de médico que sacaba antes nos carteis?

- Bonifacio: Eu son médico colexiado dende fai moitos anos. outra.

- moderador: Vai carme

- Carme: Como pode intervir o Concello no futuro dos estaleiros?

- Bonifacio: sendo unha ferramenta ó servicio da clase traballadora e do conxunto da cidade...

- Antonio: ?

- Bonifacio: negociando e apoiando activamente ...

- Bonifacio: a pervivencia da principal fonte económica desta cidade. outra

- moderado: toi

- LoisR: Nin idea...

- LoisR: Por favor volvede a pedir palabras para refacer a lista

- moderador: Perdoade, tivemos un problema coa rede

- moderador: Creo que ia Nahum.

- moderador: Adiante

- welt5: Perdon, cainme B_Yaco pasa a welt5

- Pindo: hola

- LoisR: Ola Pindo, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Nahum_: Si

- Nahum_: A ver

- Nahum_: E que cain

- moderador: Espera un intre welt5. Dalle Nahum

- Bonifacio: nada, nahum, colle unhas tiritas!

- Nahum_: Quería perguntarlle ó señor Borreiros por que din que son a opcion politica mais razoable

- Bonifacio: :)

- moderador: :)

- Antonio: ?

- Nahum_: :)

- Bonifacio: despois do fracaso do PP (incluso con violencia físcia entre eles)...

- Bonifacio: e posto o seu candidato dende fora de Ferrol e non refrendalo polos propios populares da cidade...

- Bonifacio: sin ser capaz de poñer orde "na súa casa", sen nengunha inversión nova...

- Bonifacio: non pode pedir maioría....

- Bonifacio: a forza nacionalista escondese da súa faciana, e non temos claro a súa posición...

- Carme: ?

- Bonifacio: en torno ó proxecto que quere para a cidade (30% de territorio para a defensa de todolos espa´ois),...

- Bonifacio: que construe as naves militares para toda españa)...

- Bonifacio: e nos representamos unha forza progresista que governou Ferrol sempre que houbo democracia...

- Bonifacio: menos estos catro anos...

- Bonifacio: pensamos que non pode dirixirse a cidade dende os dous extremos. putra.

- moderador: Agora pode preguntar Welt5. Adiante.

- Bonifacio: outra.

- moderador: :)

- vferrol: ?

- Bonifacio: :)

- welt5: Como editor e deseñador de http://personal1.iddeo.es/ferrolverde páxina medioambiental de ferrol, querolle preguntar señor Bonifacio que van facer cos máis de 180 vertedeiros ilegales e co vertedeiro de mouga, que van facer co colector xeral de saneamiento de ferrol lle poñen o non lle poñen a depuradora, que van facer con complexo sogama, etc?¿?¿?

- Bonifacio: no noso programa: eleminación de vertedeiros, recuperación de Mouga definitiva, ...

- LoisR: Ola Ivo, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Bonifacio: conectalo colector(obra feito polo governo de Laxe) ca depuradora en C aneliñas e o pleno do concello aprobou...

- Bonifacio: no seu día a participación no plan sogama...

- Bonifacio: eu entendoa como provisional. outra

- moderador: Antonio, por fin. Podes preguntar. Adiante.

- Antonio: cal e o sentido da sua frase, "temos que parar o nacionalismo como se fixo en Bazan"

- LoisR: Ola Quilmas, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Quilmas: Ola a todos

- moderador: Ola Quilmas

- LoisR: Ola mimosa, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- welt5: ?

- Nahum: ?

- moderador: Pregunta Carme.

- Carme: Se non acada a maioría con quen pactaría?

- mimosa: hola moderador

- Antonio: non se me contestou a preguntacal e o sentido da sua frase, "temos que parar o nacionalismo como se fixo en Bazan"

- Bonifacio: contestando a antonio...

- LoisR: Por favor Bonifacio, resposte a Antonio e despois a Carme

- mimosa: qué é da túa vida

- Bonifacio: teño que felicitar o resultado acadado por CCOO nas ultimas

- Bonifacio: eleccions celebradas en Bazan, e pídolles que lle voten...

- Bonifacio: unha man a cidade para apoiar o proxecto progresista e de esquerdas...

- moderador: Mimosa, por favor, non interveñas se non tes a palabra

- Bonifacio: que desta vez encabezo...

- Bonifacio: en canto a pregunta de carme...

- Bonifacio: eu espero os resultados das eleccións do día 13...

- Bonifacio: e espero obte-la maioría. outra

- moderador: Fala Vieiros Ferrol.

- vferrol: fagamos pol?itica ficcion. O BNG consegue maioria insuficiente e goberna logo dun pacto co PSOE, que conceller,a lle gustaria ocupar?

- Quilmas: ?

- LoisR: Ola focampo, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Bonifacio: eu nunca fixen política ficción, e leva 25 anos comprometido socialmente.outra

- moderador: Vai Welt5

- welt5: ¿A qué sectores dirixese a súa candidatura?

- Bonifacio: a clase traballadora...

- ithil: ?

- Bonifacio: e a todos os ferrolans de boa vontade que queiran impulsar dende o concello...

- Bonifacio: o cambio de mentalidade, a riqueza e o emprego...

- Bonifacio: e que Ferrol consiga ser capital do noroeste e 100.001 habitantes canto antes. outra

- moderador: Pregunta Nahum

- Carme: ?

- welt5: ?

- Nahum: ¿Cree necesaria a estabilidade no concello? ¿que faría para lograla?

- Fabian: "?"

- Bonifacio: a paz e a estabilidade municipal é primordial para acadalas inversións...

- Bonifacio: necesarias para crear emprego e requeza...

- Bonifacio: un governo forte con estilo democrático e de plena participación dos ciudadáns. outra.

- moderador: Pregunta Quilmas. Adiante.

- Quilmas: ¿que fará o seu partido con respecto ó porto que Ferrol se disputa coa Coruña?

- Bonifacio: como alcalde estarei como estou agora compromeltido radicalmente coa exteriorización do actual porto...

- Bonifacio: teño plena confianza nos pasos tecnicos alcanzados e estamos en disposición de ofertar dende Ferrol...

- Nahum: ?

- Bonifacio: unha boa solución incluso "lle poñeremos gratis" a canalización ata a refinería coruñesa.outra

- moderador: Turno para Ithil. Pregunta.

- moderador: Ithil, tes a pregunta?

- moderador: Ben, parece que se despistou. Carme, é o teu turno.

- LoisR: Ola Curra, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Carme: Ferrol ten páxina web desde hai tempo, é un Concello pioneiro nese sentido, ¿que lle parece o resultado que está dando? ¿para qué usaría esa web, qué novos servicios ofertaría?

- ithil: A qué se debió la salvaje y discriminatoria reconversión naval e industrialperpetrada por los sucesivos gobiernos socialistas contra Galicia y Ferrol, y a qué se debió que los socialistas ferrolanos (incluido Bonifacio Borreiros)fueran colaboracionistas en ello??

- Curra: Hola

- Bonifacio: en canto a pregunta de carme...

- Pindo: Hola

- Bonifacio: é bo e aumentaría as sua s prestaciósn...

- Bonifacio: dotandoo con enlaces con páxinas de interese xeral...

- Bonifacio: e de interes de servicios...

- Bonifacio: asi con conexión directas con páxinas dos grupos municipais...

- Fabi: "?"

- Bonifacio: outra.

- moderador: Welt5. Dalle.

- welt5: A población ferrolá envellece, cada vez hai menos nenos nas escolas, isto e debido coma todos sabemos a que a xente xove en canto pode escapa de Ferrol, que pensa facer contra isto. E se me contesta: "Impulsar o emprego" dígame como?¿?¿

- LoisR: Repito unha pregunta:A qué se debió la salvaje y discriminatoria reconversión naval e industrialperpetrada por los sucesivos gobiernos socialistas contra Galicia y Ferrol, y a qué se debió que los socialistas ferrolanos (incluido Bonifacio Borreiros)fueran colaboracionistas en ello??

- Bonifacio: :)...

- Bonifacio: ista é pregunta para media hora...

- Bonifacio: o concello ten que ser un arma contundente...

- Bonifacio: para crear chan a baixo precio, establecer un acordo entre empresarios...

- Bonifacio: sindicatos e o municipio para por escrito e con cifras acadar cada ano o establecemento de novas empresas...

- Bonifacio: e o propio concello incentivar mediante medidas de beneficios fiscais a implnatación de novos empregos. ter...

- Carmen: ?

- focampo: ?

- Bonifacio: unha bolsa de solo pra vivenda que fagan que os fillos e as fillas dos ferrolans sexan acollidos no traballo e na vivenda...

- Bonifacio: conquerindo os 100.001 habitantes. outra

- LoisR: Recordalla cando diga outra

- welt5: ?

- Bonifacio: en cantyo a da reconversión...

- Bonifacio: non foi unha salvaxe nin discriminatoria...

- Bonifacio: hoxe astano ten os mesmos empregas que puerto real,...

- Bonifacio: tan emblematico para algunhas forzas radicais. nestes dias se perderon en Bazan 1500 postos de traballo...

- Bonifacio: e non se vos oeu dicir nada.outra.

- Antonio: :-D

- moderador: Pregunta Nahum. Dálle.

- Nahum: ¿En que consiste o Ferrol de 100.001 habitantes

- Nahum: ?

- Bonifacio: non consiste nunha cuestión natalista...

- Bonifacio: senonm de xerar unha serie de medidas (nos presentamos 194 de choque) de tipo económico, social e cultura,...

- Bonifacio: para impedir que os ferrolans emigren,que teñan a sua disposiíón un nivel de vida a prezo razoable a consoancia...

- Nahum: Ah, pensei que iades retirar os condóns da venda....

- Nahum: :)

- LoisR: Ola pedroamar, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Bonifacio: coa zoa do noroeste:...

- Bonifacio: nunha palabra...

- Bonifacio: crear riqueza e emprego e ter vontade de liderar todo o noroeste galego.outra

- moderador: Veña, Carmen. Adiante.

- LoisR: Ola Joe, benvido/a ao chat con Bonifacio Borreiros, candidato do PSOE á Alcaldía de Ferrol. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez.

- Bonifacio: e a derradiera;)

- Carme: ke pensa facer, de sair elexido alcalde, con respecto as relación co resto de concellos da zona de influencia de ferrol? ;)

- Bonifacio: en primeiro lugar...

- Bonifacio: levarse BEN...

- Bonifacio: rompendo o illamento conservador actual, modificar a nosa mancumunidade...

- Bonifacio: e poñendo a Ferrol nun lugar de encontro comercial e cultural da sua área metropolitana. outra

- moderador: Ten a palabra Focampo. Adiante.

- focampo: Cando chego a Ferrol(vello)parece que este morto.Que hay de certoen que se perden os presupostos por non executálos?

- Bonifacio: para rematar os turnos:)

- Bonifacio: refireste o barrio primixenio de Ferrol ou a toda a cidade?

- focampo: a toda a zona vella de ferrol

- moderador: Quedan dúas palabras pedidas, Welt5 e Nahum, e despois pechamos o chat, se lle parece ben o señor candidato.

- welt5: Ferrol debido as moitas razons e unha comarca cun potencial enorme para a o turismo teñen algo en mente para impulsar esta importante fonte de ingresos?¿?¿

- Nahum: Welt5 primeiro

- Nahum: :)

- Bonifacio: de súpeto fai dous meses o actual alcalde en funcións "aparecéronlle" MIL MILLÓNS "que non contaba con eles...

- Bonifacio: leva catro anos sen aprobar un novo presuposto, ¿Que queres que chee diga?

- Bonifacio: outra

- Nahum: ¿En que consiste "rockferrol"? ¿Que outras actuacions levaranse a cabo con respecto á xuventude?

- moderador: Non, Nahum

- moderador: Está antes Welt

- Nahum: Welt acaba de preguntar

- moderador: Repregunta, Welt

- moderador: Non estaba contestado

- welt5: Comparto a pregunta de Nakum

- moderador: Vale

- Nahum: hahahaha

- welt5: gustariame que a contestase

- Nahum: :)

- Bonifacio: en canto a well5 xa esta contestada anteriormente, pero insistindo na cración do Consello Turístico e Hosteleiro para...

- Bonifacio: impulsar o plan o que me referría nunha resposta anterior....

- Bonifacio: e para rematar...

- Bonifacio: o concerto que levamos dende o noso programa...

- Bonifacio: é un ambicioso plan que pretende por a nosa cidade...

- Bonifacio: nas avangardas da música nacional e internacional...

- Bonifacio: un punto dce encontro dos xovenes .... e dos non tan xovenes...

- Bonifacio: como eu

- Bonifacio: moitas gracias e adeus...

- moderador: Moitas gracias, señor Borreiros pola súa presencia neste chat de Vieiros e Os Correos.

- Nahum: :)

- Bonifacio: unha aperta socialista.....

- Bonifacio: :)

- moderador: Gracias



Volver