|
| - moderador: esta connosco Camilo Nogueira... - moderador: candidato do BNG ó parlamento Europeo... - moderador: Farei eu dúas preguntas... - Anton: ¿Que opina dos argumentos que esgrimen o PP e o PSOE na sua contra (nacionalismos...bla bla bla - moderador: despois outras dúas Vieiros... - Anton: E unha ameaza para a paz? - maisu: maisu? - moderador: e abriremos o chat - Javi: ? - moderador: Antón, por favor, espera turno - moderador: Señor Nogueira, ata que punto é importante este proceso electoral... - moderador: europeo para os galegos? - Balbordo: ? - Camilo: é moi importante, porque na UE se deciden, con medidas económicas ou lexislativas... - Camilo: cousas que afectan a toda a nosa vida cotidiana e ao noso futuro;... - Camilo: ao noso modelo de sociedade tamén - Camilo: outra - LoisR: Por favor moderador, fale en aberto... - moderador: Señor Nogueira... - LoisR: Repito eu a pregunta enteira:O feito de que estea Camilo Nogueira...como representante do BNG ....cara ás europeas ten algo que ver co...liderazgo de Xosé manuel Beiras e...un posible conflico de líderes? - maisu: Camilo moiboas serans. pouco teño que preguntar en canto as dúbidas que poda terporque sei que se alguen pode facer algo interesente é que defenda os nosos inr¡tereses en EuropaIndustria, Peixe, Agro, Ecoloxía eses seredes vos BNG e nos os que sempre estaremos convosco ala donde nos atopemos, eu quero mandarvos a todos a tí moi especialmente por estar aquí. Moita sorte no vindeiro 13. Esta vez a xente no noso país estará representada en Eu - moderador: o feito de que vostede fora elixido para as europeas ... - moderador: obedece nalgunha medida a un posible... - moderador: conflicto entre líderes do BNG? - LoisR: Ola botarate, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Camilo: non,claro, o BNG dalle moita importancia ao feito de defender os intereses de Galiza ante a UE,.. - LoisR: Ola xeitoso, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Rusty: ? - PLACIDO: ? - Camilo: moi especialmente despois da marxinación sufrida desde a entrada en 1986, creou elexir en min ao mellor candidadato... - moderador: maisu, espera turno - Camilo: posibel, ou ao mellor deputado posibel. pero non significa, nen moitos menos, que eu non vaia participar..na vida politica.. - Camilo: galega, xunto con Beiras e os demais comparñeiros.. - Camilo: outra - Vieiros: De chegares ao Parlamento Europeo, en que grupo te aliñarías? Nalgún da esquerda ou no da Europa dos Pobos? e por que... - moderador: Vai agora Vieiros - maisu: maisu? - Camilo: Decidirémolo despois das elecións, posibelmente nun grupo que reuna aos deputados e deputadas... - Camilo: das naciòns sen estado, pero en todo caso coincidindo con todas as posicións progresistas e da esquerda de... - Camilo: calquera grupo ou pais. - Camilo: outra - moderador: vieiros de novo - Vieiros: Seguindo coa túa "soidade", cando se decidan temas fundamentais para Galicia (pesca, leite...) terá que buscar aliados noutros países, quen cre que podería apoiar as teses do BNG? - Camilo: os deputados de paises ou grupos que teñen problemas semellantes, mais en todo caso, o povo galego debera reaccionar... - maisu: maisu ? - Camilo: democraticamente en función do que ocorra coas nosas iniciativas. o problema que me plantexas pode afectarnos a nos.... - Camilo: ou a calquera outro grupo. - Camilo: outra - moderador: Turno para Rusty - Rusty: ¿Como se pode compatibilizar, por exemplo, o apoio á pesca do noso país co feito de pertencer a unha entidade política cómplice de crimes de guerra contra Yugoslavia? ¿O mercado europeo deixou de sera ruína do pobo galego (xa sei que, polo menos, vostede é europeísta dos de sempre)? Gracias. - Javi: ? - Camilo: Creo que a pesca non ten moito que ver cos crimes de guerra.... - LoisR: Ola Paulo, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - maisu: maisu ? - Camilo: e sobre a ruina, unha cousa é a necesidade de estar na UE e outra a politica que se faga desde ela... - Camilo: que nos queremos cambiar coa a nosa acción. - Camilo: outra - moderador: vai balbordo - V-Vigo: ? - moderador: Balbordo, vas ti - Balbordo: ¿Non che parece penoso que un dos argumentos contra obter un deputado na Europa é que con un só non se fai nada, cando os demais partidos ofreceno primeiro galego nos postos "desechabéls"? - Bitor: ? - maisu: maisu? - Camilo: claro, e tanto máis canto que o PP e o PSOE nen siquera mencionan a Galiza nos seus programas. - Camilo: outra - Balbordo: ? - moderador: vai Maisu - maisu: Camilo porque é oBNG o que millor defendería este país na Europa é non PP,PSOE etc. - LoisR: Ola Tagen, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Camilo: porque nos temos un proxecto nacional galego, estamos responsabilizados coa nosa xente, e presentamos ... - Camilo: un programa para Galiza: os demais non. Ademais teñen demostrado abondo que a súa política marxina a Galiza... - LoisR: Ola Martinho, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Camilo: Pensa ainda hoxe no ferrocarril, o desemprego, a frota pesqueira... - Camilo: outra - moderador: Agora vai Javi - Javi: ¿Como é que un partido que se define de esquerdas pacta coa dereita de ciu e pnv? - Javi: ¿Como é que un partido nacionalista pacta có PSOE? - Javi: ¿non será que o que son vostedes por enriba de todo é oportunistas? - Javi: ¿ou é que son tales as ansias de poder que se fai falla pactarían có diaño? - maisu:eu maisu estou en Euskadi, si ¿por qué? - Camilo: Os acordos co CiU e PNV son institucionais, referense á proposta dun Estado plurinacional, e fanse cos partidos que.... - Camilo: gobernan en Cataluña e Euskadi: se fosen de esquerdas sería mellor, pero non os eleximos nos: de... - Camilo: todas formas son partidos inequivocamente democráticos. Os posibeis acordos co PSoE estan destinados a ... - Camilo: derrotar a Fraga, á dereita caciquil, a ser posibel como é probabel con alcaldes ou alcaldesas do BNG.. - Paulo: ? - Camilo: outra. - moderador: Vai v-vigo - Javi: ? - LoisR: Ola don, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - V-Vigo: A pertenencia á Euroxión Galiza-Norte de Portugal pode diluí-lo noso papel como nación sen estado. Ou pola contra pode dinamizalo? - LoisR: Ola bemybaby, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Dario: ? - Camilo: pode dinamizalo, tanto no aspecto economico, como no linguistico. o espazo.. - Camilo: galaico-portugués con 14 millós de habitantes debe ser un eixo prioritario de desenvolvimento en ... - Camilo: Europa. - moderador: vai bitor - Bitor: Camilo 1- Que pensa em termos de evolucion de política comun de defesa, tendo em conta a relacións con os EUA e a possivel creacion de um exercito comum europeo ? 2- que língua oficial utilizará no parlamento europeo ? Castelan ou Portugués ? - Camilo: Creio que se estamos por uma Europa política debemos reconhecer a necessidade de forzas militares conjuntas... - Camilo: por moito que sejamos pacificistas....procurei falar galego, possivelmente aproveitando a .... - Camilo: oficialidade do portugués. - moderador: Vai de novo balbordo - Balbordo: O outro día nun acto electoral do P.P. era moi pavero observar que cada vez que o orador se refería a temas europeus trataba de evitalos ( cuota láctea, pesca, ubvencións ), e destacaba os "avances noutras rexións españolas" , ¿por qué seguen a pensar que os do P.P. eP.S.O.E. que os galegos ainda temos complexo de inferioridade?. - maisu: maisu? - Camilo: precisamente porque ainda o pensan sobe extraordinariamente o Bng. - Camilo: outra. - Balbordo: ? - Camilo: Vai Maisu - Camilo: pregunta, maisu - maisu: sup - LoisR: Por favor Maisu fai a tua pregunta - Paulo: ?? - LoisR: Ola Javichu, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Javi: ? - LoisR: Por favor intervén Dario - Dario: No derradeiro chat... - Dario: de onte co candidato do bng á alcaldia de ferrol... - Dario: dixonos os presentes que unha das... - Dario: prioridades do bng en europa... - maisu: maisu, está no traballo e pide disculpas - Dario: serian os nosos asteleiros... - Dario: ¿Que propostas ten o BNG neste sentido para defender ali? - Dario: Gracias - LoisR: Ola Xoan, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Camilo: queremos derrogar a directiva que lle proibe a Astano a construción de buques.. - Camilo: outra. - moderador: vai agora Paulo - Paulo: Vde. merece o maior dos meus respetos como político (mesmo a miña admiración persoal), e sempre defendeu a participacion na UE (eu non); mais agora representa ao BNG que era anti-Mastrique ¿pq o BNG non asume o seu pasado recente, explicando que tivo que mudar para ensanchar a súa base electoral? ¿pq pretende ser a esquerda nacionalista en Ourense presentando a un sr. de dereitas como Rodriguez Peña? - maisu: maisu ? - Camilo: Creo que non BNG se produciu unha sintese política sobra a UE, sen que iso supuxera, sinceramente a renuncia.. - LoisR: Ola Simbad, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - LoisR: Ola druida, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Camilo: a posicións como as referentes ao Tratado de Mastrique, que non avanzaba na Europa política e social, preocupandose a unión financeira...curando só - Simbad: ? - V-Vigo: ? - LoisR: Ola Eu, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Camilo:e poñendo en cuestión aspectos básicos do Estado do benestar... - maisu: ? - Camilo: Peña non é de dereitas. - Camilo: outra - moderador: vai Javi e logo Maisu - Javi: Todos sabemos que o PE, conta cunhas competencias un tanto limitadas, porque ás decisións importantes tómaas o Consello... - Javi: Ainda así, supoñendo que o PE tivese capacidade política real, que non a ten,... - Javi: ¿Para que sirve na práctica un deputado do bng no parlamento si está só, ou contan con algún apoio unha vez alí? - Javi: ¿Qué pode facer vostede polos sectores productivos galegos no parlamento? Ademáis de falar, claro está. - Javi: Tamén gustaríame saber que opinión lle merece pertencer a un Parlamento sen capacidade - maisu: Desesa - Javi: ... - moderador: Javi, por favor, non te estendas tanto - Javi: lexislativa - Javi: oks - maisu: ? - Anton: E eu? - Simbad: ?? - maisu: Adeus a todos e muita sorte ó BNG . - Camilo: un deputado do BNG pode facer desde o ponto regulamentario o mesmo que calquera outra deputado, a diferencia cos demais é como xa ... - Tagen: ? - Javi: ? - Camilo: dixen que eu vou defender un programa e un proxecto nacional galego e os problemas e reivindicaciòns... - Camilo:da sociedade galega....nos queremos un Parlamento de Europa con capacidade, representando... - Camilo: aos cidadáns e cidadás, e ás nacións europeas. - Camilo: outra. - moderador: Entendo que maisu se despediu, polo lle pasa a palabra a Simbad. Despois vai Anton. - LoisR: Ola guapito, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Simbad: Milleiros de persoas visitan Galicia en programas de turismo programados por turoperadores....¿Podese facer algo para que teñan unha idea mais real e acertada do que Galicia é ahora e do que foi no pasado?? - Camilo: creo que realmente haberá que esperar a que goberne o BNG nos concellos e no Goberno Galego... - Camilo: para arranxar ese problema. - Camilo: outra. - moderador: vai Tagen - druida: ? - Simbad: ? - Tagen: Falemos de politica europea. Agora parece triunfar a famosa "terceira via" de Tony Blair. Que opinion lle merece dita "alternativa"? Non lle parece que reflicte unha falla de ideas dende a socialdemocracia (e dende a esquerda en xeral) ante o neoliberalismo economico? - Camilo: Non me parece unha vía de esquerdas. hai outras polìticas,como por exemplo a de Jospin en Franza... - Camilo: que son distintas ainda mantendose no campo da socialdemocracia. - Camilo: outra. - moderador: Dentro de cinco minutos, ás 18.30, marchará Camilo Nogueira... - moderador: polo que queda xa poucas preguntas... - moderador: Vai de novo Javi e logo druida - LoisR: Ola gaivota, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Javi: ¿Qué tipo de accións van a levar a cabo para que a cota láctea se adecúe á producción gandeira galega? - Javi: ¿Como van acada-los cartos para que os astilleiros volten o seu mellor pasado? - Javi: ¿Van a negociar con Marrocos o tema dos caladoiros? - Javi: Ou eso son competencias que exceden ó PE? - moderador: Javi, para xa - Camilo: imos reclamar que se duplique a produciòn lactea galega, explicando que é a unica via para desenvolver o campo.. - Camilo: galego e chegar ao nivel doutros paises como Bretaña e Irlanda..."como en Irlanda, erguete e anda,... - Camilo: erguete e anda". - LoisR: Ola Pepe, benvido/a ao chat con Camilo Nogueira, candidato do BNG ao Parlamento Europeo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Camilo: os cartos dos asteleiros son os que hoxe proceden da UE e nos rouba o Goberno Central do PP. - Camilo: outra. - moderador: vai agora druida - druida: Non pensas que Fraga nesta campaña está mais reaccionario que nunca? Falar de "balcanización", de que os partidos minoritarios non sirven para nada, insultos, etc.. a que pode ser debida esta actitude? Temen algo? - Eu: ? - Camilo: saben que van perder a maior parte das cidades e que o BNG vai gobernar en cinco das sete. E para Fraga...un fracaso.. - Camilo: político transcendental e para Galiza unha conmoción democrática. - Camilo: outra. - moderador: A última pregunta para Simbad - moderador: Simbad, vas ti - moderador: Simbad esta despistado, vai a última para Eu - moderador: Eu, vas ti - Eu: De saír elegido para as europeias, e sendo o "galego" umha língua nom oficial na UE, desde que língua o traduzirám? (lembre a experiência do euro-deputado de "Coalición Galega") - Pepe: ¿cal e a maneira de estar tranquilo coas "pequenas" corruptelas que nos rodean, e que se xustifican co pretexto de ser "listo", que non "honesto" (ainda que teñan a mesma terminacion) - Camilo: Dixen que vou procurar falar galego e que traduzan desde o portugués. de todas formas quere advertir.. - Camilo: que non vou ficar calado por cuestión da lingua - Camilo: outra. - moderador: Camilo vai responder, finalmente, a Pepe - Camilo: eu non estou tranquilo. - Camilo: Camilo: moitas gracias,obrigado polas vosas preguntas e por esta experiencia, gracias ao Correo e a Vieiros. - moderador: Gracias a Camilo Nogueira... - Vieiros: Moitas gracias a Camilo Nogueira por participar e tamén ao resto dos internautas. Lembramos que mañá ás 12.00 haberá outro chat con Daniel Varela, o candidato número 22 na lista do PP ás europeas. E hoxe continuaremos cos chats das municipais: ás 20.00 horas estará connosco Antonio Erias (PP A Coruña) e ás 22.30 Bonifacio Borreiros. Máis información nas webs de Vieiros e El Correo. Pasade unha boa tarde. - druida: Sorte para Galiza o vindeiro domingo!! - Javi: sorte camilo - moderador: e a tódolos internautas... |