|
| - moderador: Boas tardes, señor Castrillo - moderador: Boas tardes a todos - V-Vigo: ola - moderador: Empeza aquí o chat co candidat.. - moderador: do BNG á alcaldía de Vigo.. - moderador: Lois Pérez Castrillo... - moderador: Empezará con dúas preguntas... - moderador: do moderador... - Castrillo: boas tardes - moderador: unha de Vieiros... - moderador: e outra de Vieiros Vigo... - moderador: e despois abrirase o chat. - moderador: Señor Castrillo, as súas enquisas... - moderador: coinciden coas que saen publicadas nos medios? - moderador: Señor Castrillo, repito a pregunta... - moderador: As súas propias enquisas coinciden coas publicadas polos medios días pasados? - moderador: Parece que o candidato ten problemas coas comunicacións - moderador: Imos esperar un anaco - V-Vigo: Que pasou? Quedouselle colgado? - moderador: Parece que si - LoisR: Castrillo, non está no chat. Caeu... ou eso parece... - moderador: Paciencia irmáns - LoisR: CAeu o proveedor desde o que entra Lois Castrillo, Cesatel, esperemos uns instantes a ver como vai - Castrillo: todas as enquisas coinciden en que o bng é a unicas forza política en ascenso... - Castrillo: xa que logo coinciden en coa percepción que temos falando coa xente - Castrillo: de todos xeitos o mello inquérito será o dia 13. outra - Castrillo: hoxe somos a segunda forza politica en intención de voto e seguimos avanzando. - Castrillo: outra - moderador: Ben, parece que xa estamos todos... - moderador: Señor Castrillo, se as enquisas se confirman... - V-Vigo: Que opina das ofertas de Fraga ó PSdeG para formar un pacto fronte á BNG tralas eleccións? - moderador: Imos esperar un momento para que se clarifique a cousa e reinicia-las preguntas. - Castrillo: que demostran o nerviosismo do PP e a veracidade das sondaxes... - Castrillo: haberá que agardar a ver que opina desas propostas o PSOE. outra - Castrillo: outra - moderador: Seica Castrillo está outra vez caído... - moderador: Teremos que esperar e... - moderador: encomendarnos ós deuses... - moderador: da comunicación - moderador: Parece que a cousa volve ir ben... - moderador: Señor Castrillo,.. - moderador: imaxinemos que as enquisas acertan... - moderador: e que viostedes chegan a acordos... - moderador: con outras forzas políticas.. - moderador: e vostede chega a ser alcalde.. - moderador: ¿qué van nota-los vigueses máis de contado? - moderador: Parece que a cousa volve ir mal - moderador: Mentres o candidato está fóra... - moderador: podedes face-las observacións que... - moderador: consideredes oportunas - LoisR: Ola druida, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - LoisR: Ola Javi, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Javi: hola - druida: ? - Javi: ? - V-Vigo: Parece que este chat está resultando un pouco accidentado - LoisR: Volven a estar fóra os de Cesatel - moderador: Si, desde logo, pero nunca choveu que non escampara - V-Vigo: Voltando a miña pregunta, esa que entrou a destempo - V-Vigo: Que vos parece a oferta de Fraga ó PSdeG - moderador: Contestade os que queirades... - moderador: se queredes. - Javi: a ver - Javi: quen ten que contestar? - druida: venlle as orellas ao lobo - moderador: calquera - Tagem: Estanlle amosando a sociedade quen e alternativa,... - Javi: pero non esta por aqui un candidato? - Tagem: tiran pedras contra o seu tellado - druida: Fraga nesta campaña está mais senil que nunca - Tagem: A menos que tenha razon Tourinho e lle interese facelo - Javi: estou de acordo con druida, tamén é un xeito de modera-lo seu discurso de dereitas - moderador: vos quen queredes que gañe? - druida: Está claro que prefiren ter ao PSOE de segundo en moitas cidades que ao BNG - Javi: ademáis penso que as coincidencias políticas entre o psoe e o pp son maiores que as do psoe-bng - LoisR: En Cesatel non saben que pasa... non traballan o venres pola tarde :( - LoisR: Ola Jos, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Javi: caiuse o candidato... anda que como lle pase o mesmo o dia 13.... - V-Vigo: Algún de vós participou na famosa enquisa na que vázquez resultou ser o máis valorado polos vigueses - Javi: no - druida: máis valorado para que? - Javi: ? - druida: ? - Castrillo: se chegamos a alcaldia o primeiro que cambiará será a relación entre o concello e a cidadania.. - moderador: Parece que o candidato volve estar connosco... - V-Vigo: Para falar inglés... - moderador: Tal vez sexa bo empezar de novo.. - moderador: e ver se agora todo vai ben... - Jos: ? - Javi: ? - Castrillo: abriremos canles de participación cidadá, melloraremos a eficacia dos servizos públicos... - moderador: Señor Castrillo,.. - moderador: imaxinemos que as enquisas acertan... - Tagem: ? - moderador: e que vostedes pactan cvon outras forzas - moderador: e que o BNG chega á alcaldía de Vigo... - moderador: ¿que notarán os vigueses máis de contado? - Castrillo: nomeadamente o transporte colectivo, buscaremos a eficacia da admisnitración municipalco fin de que a institucion gane credibilidade diante da cidadania - moderador: Señor Castrillo ¿outra? - Castrillo: outra - moderador: Vai entón Vieiros - Vieiros: Paralelismo futbolístico: Vigo pode ser o campión da Liga atlántica, pero ten enfronte un poderoso contrincante: O Porto. De gobernardes, que medidas tomarías para gañarlle en cuestións coma: porto, aeroporto, industria...? - Castrillo: o Porto de Vigo, cidade? - Castrillo: hai que reforzar o papel de Vigo no espacio socio-economico que conforma a eurorexión Galiza-Norte de Portugal... - Castrillo: Colaboraremos coa cidade de Porto no beneficio común que supon para os nosos habitantes este espacio.. - LoisR: Estamos sufrindo de novo ataques. Outra vez esperadde a que retomemos a tranquilidade - Castrillo: reclamaremos das admisnitracións central e autonomica as infraestruturas necesária para isto: nomeadamente o reforzamento do eixo ferroviário Vigo-Porto, - Castrillo: Vigo-Madrid e Vigo-Coruña... - Castrillo: outra - moderador: Vai v-vigo - V-Vigo: Onte un Ministro advertiu en Vigo ós seus militantes contra a súa formación política. Para algunha xente semella que representan Vdes. ó lobo.Son tan feros como os pintan? - Javi: ? - Castrillo: Somos feros para o PP non para o povo galego.. - Castrillo: outra - moderador: vai druida - V-Vigo: ? - moderador: Druida, vas ti - druida: Que actuación se ten prevista para o estadio de Balaídos? Non pensas que o traslado sería moi negativo e simplemente especulación do terreo? - Castrillo: Afirmativo. Garantoche que o estadio municipal non o vou mover do seu sitio... - Castrillo: En todo caso haberá que acometer as reformas necesárias que o dignificquen en colaboracoón coa secretaria xeral de deportes da Xunta.. - Castrillo: as prioridades do concello deben ser outras, pazo de congresos en beiramar, equipamentos socio culturais, rede de museus, ... - Castrillo: outra - moderador: vai javi - Javi: Despois da segregacion da Audiencia Provincial, ¿cal é a postura dos seus compañeiros en Pontevedra respecto ó tema?, porque en Pontevedra dixeron unhas cousas e no Congreso votaron outras... - LoisR: Ola malta, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Javi: xa. - Castrillo: a postura do BNG quedou reflexada no Congreso dos Deputados, o BNG apostapola colaboración entre as cidades de Vigo e Pontevedra e na coordenación das suas ofertas de servizos... - Javi: ? - Castrillo: e aí non hai ningunha contradición entre os programas municipais de Vigo e Pontevedra. - Castrillo: outra - moderador: vai tagem - Tagem: Vigo e a cidade industrial de Galicia. Segundo vostede, como ve a clase empresarial viguesa (e galega) a posibilidade de que o BNG governe? - Castrillo: Con espectativa e con menos hostilidade da que algúns pensan - Castrillo: outra - moderador: vai vvigo - V-Vigo: Pactaría o grupo municipal do BNG en Vigo cunha persoaxe como Manoel Soto? - Castrillo: non, o proximo governo municipal debe ser unha coalición programática entre o BNG e o PSOE - Castrillo: outra - moderador: vai javi de novo - Javi: O da colaboración e moi bonito e dase por suposto, non lle estou a preguntar sobre eso, algo no que todolos partidos estarán de acordo, supoño, ¿pero é coherente poñerse ó frente dunha manifestacion de 30000 persoas dicindo non á segregación da audiencia e absterse no congreso? E non me diga que a postura oficial do BNG é a abstencion que foi o que votou no congreso, algo opinará digo eu. - Castrillo: o que opino e que non estas informado de porque se mobilizaron 30.000 persoas en Pontevedra - Castrillo: a pancar te cabeza non era sobre a audiencia senon en contra da marxinación que as administracións somenten a esta cidade - Castrillo: o BNG abstivose non Congreso porque non foi admitida a sua enmenda de crear tamen unha sección da audiencia da Coruña na cidade do Ferrol - Castrillo: polo cal queda perfectamente claro a nosa posición sobre a descentralización da administración de Xustiza - Castrillo: outra - moderador: Señor Castrillo, ¿que pasaría en Vigo se Citroen tivese problemas serios? - Castrillo: seria moi perxudicial para a economia da cidade e haberá que poñer os meio para que isto non ocorra - Castrillo: diversificando a oferta industriald e vigo para evitar non facela dependente de esta empresa. - Javi: ? - LoisR: Ola Usuario, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Castrillo: desgraciadamente Citroen é unha multinacional e a capacidade das adminsitracións para evitar os seus problemas e relativa - Castrillo:outra - moderador: vai javi - Javi: Ben, logo queda claro que o BNG está a favor da segregación a pesares de que se pon o frente de manifestacións que (entre outras cousas) condenan esa segregación. Cambiando de tema... Tendo en conta a súa condición fundamentalmente nacionalista non pensa que un pacto con un PSOEspañol vai contra natura? - Usuario: Miguel? - moderador: Usuario, entendo que pides palabra - moderador: vas despois... - Castrillo: os pactos hai que facelos non por cuestións de ideoloxia, somente, senon sobre programas que concreten actuacións que fagan progresar os concellos - moderador: eu avísote - Castrillo: dentro dun marco global de progreso so pais - Castrillo:outra - Javi: ? - V-Vigo: ? - moderador: vai usuario - moderador: Parece que non o ten claro. Javi, doulle paso antes a V-vigo para que non acapares - moderador: v-vigo, vas ti - V-Vigo: Din que vde. vai obter a meirande parte do voto feminino de Vigo. Que lle parece? - Javi: oks - Castrillo: moi ben - Castrillo: e ademais parte tamen do masculino e ademais a meirande parte do voto xoven de ambos os dous sexos - Castrillo: outra - moderador: vai javi - Javi: Se os pactos se basan en programas, e en cada concello hai un programa ¿é descartable que o BNG se alie co pp en algún concello? - Usuario: Hola son Miguel¿Pensa pactar co PSOE tras coñecerse as actuacions urbanisticas ilegaisdenunciadas por Canabal - moderador: Usuario, espera o teu turno... - Castrillo: si, desde hai meses o BNG ten feito unha oferta ao PSOE de pacto global a nivel galego co obxectivo de instaurar a democrácia nos concello - moderador: eu avísote - Javi: ? - Castrillo: e mellorar a calidade de vida da cidadania dos mesmos e contribuir a articulación territorial de Galiza - Castrillo: outra - moderador: Acabamos de enteirarnos de que o candidato ten que marchar en cinco minutos - moderador: vai usuario - Usuario: Cales aon as propostas do BNG en referencia o EIXO ATLANTICO - druida: ? - V-Vigo: ? - Castrillo: o eixo non é o unico instrumento de colaboración entre Galiza e o norte de Portugal - Castrillo: nin sequera é o mais idoneo - LoisR: Ola BRANCA, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - LoisR: Ola KASIC, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Castrillo: non obstante aproveitarémo-lo para tirar adiante proxectos en colaboración con concellos portugueses, de rexeneración de zonas urbanas e de promoción cultural - Usuario: Cibran? - butrom: ? - Castrillo: outra - moderador: vai javi - Javi: ¿si hai unha oferta de pacto previo ás eleccións entre PSOE e BNG porque os programas son os tan semellantes... ¿que diferencia hai entre votar BNG ou votar PSOE? - Castrillo: eu non dixen que os programas fosen semellantes, eso di-lo ti - Usuario: ? - LoisR: Ola B, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Javi: ? - Castrillo: eu digo que para desprazar a principal lacra que ten a socedade galega para o seu progreso (o PP) hai que aliarse co que podes ter máis pontos en común - LoisR: Ola Eu, benvido/a ao chat con Lois Castrillo, candidato do BNG á alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Castrillo: ainda que non sexa un aliado todo o presentábel que desexaramos - SHEFFI: ? - SHEFFI: ? - moderador: Señor candidato, ¿outra? - Castrillo: ultima - Usuario: Cal e a politica que pretende desenrolar o BNG en materia de medio ambiente en Vigo e mais na sua Ria? - moderador: vai druida - druida: Se a Xunta marxinou nestes catro anos a Vigo...non hai o risco de que cun goberno do BNG-PSOE sexa ainda máis marxinado? - SHEFFI: ???? - Castrillo: mais marxinados do que estivemos cun governo de maioria absoluta do PP non vamos estar - Usuario: ? - Castrillo: nos apostamos pola colaboración respeituosa coas administracións sobre proxectos concretos que beneficien á cidade e que sexan apoiados pola mesma - paifaK: hai unha onda maso ou e certo cos vigueses preferen a Pacochet? - Castrillo: non utilizaremos a adminsitración municipal como un instrumento partidario - Castrillo: e se outros o fan a cidadania saberá pasarlles factura, fin - moderador: Dámoslle-las gracias a Lois Pérez Castrillo, que marcha agora mesmo... - moderador: e convidámosvos a que siguades participando na tertulia... |