Vieiros
Especial Eleccións 99: Chat con Juan Corral


-moderador: Boas tardes, señor Corral

- moderador: Empeza agora o chat co candidato do Partido popualr á Alcaldía de Vigo, Juan Corral

- JCorral: Muy boas tardes

- moderador: Este chat está organizado por El Correo Galego, O Correo galego e Vieiros

- moderador: Farei dúas preguntas para centrar este chat electoral, logo preguntará Vieiros e despois V-Vigo

- moderador: Despois abrirase o chat

- moderador: Señor Corral, que opinión lle merecen as enquisas dos últimos días?

- JCorral: BEN

- JCorral: En todas elas dan o Partido Popular coma vencedor en Vigo...

- JCorral: polo tanto coidamos que, nestas datas, son especialmente optimistas para nosa form,ación

- JCorral: outra

- moderador: É a 'pataca' máis quente de Vigo o urbanismo, o xa famoso Plan de Ordenación Urbana?

- JCorral: Según se desprende das propias enquisas , e tamén dos nosos contactos cos cidadans ...

- JCorral: hose en Vigo o principal problema é o tráfico.

- JCorral: outra

- moderador: Vai Vieiros

- moderador: Pregunta Vieiros e logo V-Vigo

- Vieiros: A inclusión de Horacio Gómez como número 2 da súa candidatura xerou unha forte polémica, ¿que ofrece o novo candidato do PP?

- JCorral: Horacio Gómez é un ciadadan con capacidade mais que demostrada para desenvolver proxectos: deportivos, empresariais

- JCorral: etc. daquela para o partido popular a persoa aporta experiencia na xestión capacidade de liderazgo ´...

- LoisR: Ola Manolito, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- JCorral: y la representatividade dun popular home público con prevalencia neses sectores xuvenis y empresariais.

- JCorral: outra

- V-Vigo: Sr. Corral: Ten o seu partido algunha alternativa concreta ó tema do tráfico, (un dos máis conflictivos da cidade), ou considera que o realizado polo seu predecesor no cargo é o correcto?

- moderador: Vai V-Vigo

- JCorral: Noso talante y a nosa mensaxe inlclúen a participación de todo-los sectores implicados

- LoisR: Ola Orsinia, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- JCorral: taxis, conductores do transporte público, etc. Por outra banda a posta en servizo das novas autoestradas xa favorecen un planeamento distinto con ...

- JCorral: novas solucions fai uns días impenmsables.outra

- Xocas: ?

- moderador: vai xocas

- Xocas: Chama a atencion que en toda Galicia, os fichaxes estrela foran do mundo do Futbol. O PP cando se lle acabe a canteira pensa fichar Brasileiros, Arxentinos, etc..??, :))), en serio, non coida que mais que pensar na capacidade de xestion ao coller a estes candidatos, o PP pensou mais no boom publicitario?

- Esteiro: ?

- JCorral: Dentro da candidatura do PP temos dende un paraolimpico ata un profesor de universidade, desde una ama de casa ata unha estudante de periodismo. Todos eles proceden de sectores igual o mais alonxados, teoricamente , da política que o deporte. Outra

- moderador: Pregunta Esteiro

- Esteiro: É a primeira vez que o vexo falar na nosa lingua. Sr. Corral ¿pensa o seu partido aplicar algunha política de normalización lingüística?

- JCorral: Teño. coma norma, responder na lingua na que fálaseme. ..

- V-Vigo: ?

- JCorral: O PP respeta e cumpre as leises de normalización linguistica.outra

- moderador: vai v-vigo

- V-Vigo: No caso de necesitalo, pactaría Vde. con Manoel Soto?

- Esteiro: ?

- JCorral: O noso programa e a nosa ilusión e acadar unha maioría suficiente para lograr governar Vigo, sin necesidade de pactos. outra

- moderador: vai esteiro

- Esteiro: ¿Ese respeto inclue cambiar "lonja" por lonxa?

- moderador: ?

- JCorral: Na placa comemorativa o no cartel.

- Xocas: ?

- Esteiro: ?

- JCorral: O bilinguismo armónico é o noso estilo.outra

- moderador: Señor Corral, non cre que o porto de Vigo, polo seu enclave e a súa enorme potencialidade debería estar máis potenciado?

- LoisR: Ola mayte, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- LoisR: Ola Ana, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- mayte: ?

- Ana: ?

- LoisR: Ola Andre, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- JCorral: O Porto de Vigo leva, nos derradeiros anos incrementando a súa productividade de xeito contínuo...

- ikhhob: ?

- V-Vigo: ?

- JCorral: a capacide da "lonxa" chegoú a saturarse algun destes derradeiros días,...

- JCorral: o tráfico de contenedores, automoviles y granito xa o fan nestes intres estar a cabeza dos portos europeos...

- JCorral: Sin embargo, todo e mellorable e pouco a pouco os 7000 postos de traballo que xenera incrementaranse na medida que se consigan novos clientes... outra

- moderador: Vai Xocas, despois Esteiro, Maite e Ana

- moderador: Xocas, vas ti

- moderador: A ver se Esteiro, entón

- Esteiro: Non creo que sexa cuestión de escoller se placa conmemorativa ou cartel. Haberá que respeta-lo sempre. Non sei se iso é bilingüismo armónico ou non, pero o peixe é o peixe e ha de estar na lonxa (sen ")¿non cre?

- Xocas: Pensando no futuro, Que medidas aplicará vostede no caso de que chegue a governar Vigo, para que no caso de que Citroen deixe de producir en Vigo, a cidade non fique con grandes eivas, como pasou en Ferrol con Astano??

- moderador: O candidato responde primeiro a Esteiro e despois a Xocas

- LoisR: Ola sonia, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- moderador: Despois seguimos coa orde establecida anteriormente

- JCorral: A diversidade productiva é, sin dúbidas, un obxectivo a acadar. Namentras que o porto é a razón de ser da cidade, na xúa orixen,...

- sonia: ?

- JCorral: Citroën convertéuna nunha gran cidade, a factoria de automóviles y a industria auxiliar producen coches de diferentes marcas e para moitos países .

- LoisR: Ola toupa, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- JCorral: da nosa intelixencia depende que esta actividade dure o mais posible.outra

- moderador: Xocas queda respondido. O candidato non lle contestou a Esteiro ¿quere facelo agora?

- JCorral: Sí, peixe é no mar, na lonxa xa e pescado. outra

- chats a ligazón ao applet e a xente volvíase tola para poder entrar. Está solucionado e agora parece que entran máis.

- moderador: Vai Maite

- mayte: Ola. Enlazando con isto, podería explicar o candidato o proxecto de Abrir Vigo o mar, o que costou e os beneficios reais para a cidade?

- JCorral: Non conven esquencer que o devandito proxecto foi elaborado xa fai moitos anos y pouco a pouco precisa ser revisado o cando menos actualizado. A imbricación entre unha cidade que tiña os tendais da roupa cara o mar ten que convertilos no escaparate dunha cidade moderna e estéticamente correcta.

- JCorral: outra

- moderador: vai ana

- Dario: ?

- Esteiro: ?

- Ana: ¿Pensa modificar a labor que fixeron estos catro anos os seus compañeiros de partido no Concello ?, e ¿por qué temos que creernos que nos vindeiros anos o seu partido vai tratar mellor a Vigo?

- JCorral: O partido popular escolléume coma candidato no mes de outubro, a pesares do pouco tempo trascurrido explicamos as razons do cambio de candidato coma razons de estratexia política e de aportar un novo equipo con novos proxectos, recoñecendo o traballo realizado por ...

- JCorral: a equipa de M. Pérez.

- JCorral: outra

- moderador: va ikhhob

- ikhhob: Se non é unha mera expresión sen significado, ¿que quere dicir iso do "bilingüísmo armónico" que antes mencionou?

- Orsinia: ?

- JCorral: No estatuto de Galicia e na lei de normalización linguistica ac larase nitidamente que na nosa terra hai duas linguas oficiais que teñen que convivir sin agresions.outra

- moderador: vai v-vigo

- V-Vigo: Se a meirande parte dos vigueses considera que o mellor alcalde é algúen semellante a Paco Vázquez, Cre ter algo en común con ese político?

- LoisR: Ola Breogan, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- JCorral: Dubido moito que esa afirmación sexa exacta.

- JCorral: outra.

- moderador: vai sonia

- sonia: Falar de Vigo e falar de caos circulatorio..., de atascos... ¡que pensa facer a este respecto se gaña o 13-X?

- moderador: O candidato xa respondeu antes a unha pregunta parecida. Se o estima oportuno pase a outra.

- JCorral: Na derradeira seman puxeronse en servizo preto de corenta novos kms de autoestrada. Abrironse cincocentas prazas de aparcamento. É preciso facer mais.

- JCorral: outra

- moderador: vai v-vigo de novo, despois Darío

- V-Vigo: Pensan, de acadar o goberno municipal, aplicar con máis rigor o regulamento sobre os cans soltos e animais perigosos nos parques públicos?

- JCorral: Un dos nosos compromisos e o de pootenciar a policia local de barrio, velahi ten unha tarefa para eles.outra

- moderador: Vai Darío

- Dario: ¿Que ten pensado para incrementar a presencia de Vigo no Eixo Atlántico? ¿Que importancia lle da?

- LoisR: Ola Mogly, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- JCorral: As asociacions de cidades sempre son boas, maxime cando todas elas teñen tanto en común e agora casi todas estan conectadas por autoestradas.outra

- moderador: Vai Esteiro, logo Sonia e Orsinia

- Breogan: ?

- moderador: Parece que Esteiro está despistado. Pregunta, Sonia

- Esteiro: Sinto dicirlle que en galego o que está na lonxa é o peixe. Ao mellor o bilingüismo armónico deberia empeza-lo por vostede mesmo.

- moderador: Sonia, espera

- JCorral: E dalle.outra

- Esteiro: ?

- moderador: vai Sonia

- sonia: Mellorarase o aspecto estetico da cidade, que da nalgunhas ocasions certa sensacion de abandono...

- mayte: ?

- Breogan: Gostaria-me saber porque unha persoa de centro participa nunha misa o 20 de novembro en Beade (de Ourense) en homenaxe ao dictador Franco

- JCorral: Vigo precisa benpouco para lucir, cicais fregar a cidade sexa un dos compromisos mais repetidos por nos nestes días.outra

- moderador: Breogán, está diante Sonia

- moderador: Agora, Breogán

- Breogan: Gostaria-me saber porque unha persoa de centro participa nunha misa por Franco

- LoisR: Ola Xose, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- Xose: ?

- JCorral: O PP é un partido apolítico y aconfesional.outra

- moderador: Vai Orsinia

- LoisR: Ola Fredi, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- Orsinia: Que é un partido político ¿apolítico?

- JCorral: Político no confesional quería dicer.

- V-Vigo: ?

- Orsinia: Agora a que tiña preparada...

- moderador: Bule, Orsinia

- Orsinia: CAl é a xoia da coroa do PP, Vigo ou Santiago?

- JCorral: Para min a dúbida ofendeme.outra

- moderador: Vai Esteiro e, por favor, non volvas ó bilingüismo...

- Esteiro: Sinto se o molestei, vou cambiar de tema. ¿Ten algunha proposta concreta para a recuperación do Casco Vello, ou só fregalo?

- JCorral: Non me molestou...

- Orsinia: ?

- JCorral: O casco vello de Vigo é o seu cerne. O Plan Urban escomenzou unha laboura de recuperación fisica e social, na próxima corporación estou certo que se rematara.. outra

- moderador: Vai Maite

- mayte: ¿Como están as obras do Museo do Mar? Eternízanse...

- LoisR: Ola Galaec, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- Galaec: (pepe) n estos momentos no estoy. Auto Ausencia

- JCorral: Fai algunhas semans a Zona franca cubriú o presupòsto total para rematalo. En poucos meses será unha realidade.

- JCorral: outra

- moderador: Vai Xosé, logo Breogán

- Xose: ¿Qué parte de culpa ten Juan Corral no feito de que Rande Puxeiros non teña peaxe?

- JCorral: Teis Puxeiros, mellor dito, non ten peaxe porque os governos do PP rescataron unha concesión administrativa...

- LoisR: Ola pp, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- Breogan: Entón porque o candidato dun partido aconfesional e de centro participa nunha misa por Franco en novembro do ano pasado en Beade (de Ourense)

- Ana: ?

- moderador: Breogán, espera o teu turno

- JCorral: de vintecinco anos.eu estou convencido de que os cidadans saberan recoñecelo.outra

- moderador: Fala Breogán

- moderador: Breogán, ¿preguntas?

- moderador: Vai V-Vigo entón.

- V-Vigo: Se é non confesional porque fan "retiros" en Mosteiros e non xuntanzas en hoteis ou balnearios?

- JCorral: Precisamente por iso as hospederias estan nos mosteiros, pazos, castelos etc... outra

- moderador: Vai orsinia

- Orsinia: ¿enton para o PP que sería peor: perder a alcaldía de Santiago ou a de Vigo?

- JCorral: Para o PP sería mellor gañar nas dúas.outra

- moderador: Vai Ana

- Ana: ¿Cal dos seus proxectos é o que vostede considera mais importante para a cidadanía de Vigo sin que sexa o tema do porto?

- Esteiro: ?

- JCorral: Facer de Vigo unha cidade amable.outra

- moderador: Vai Darío

- Ana: '

- Ana: ?

- Xose: ?

- Dario: Cal é a súa proposta para mellorar a situación dos barrios en Vigo?

- moderador: Darío, estás despistado. vai Esteiro

- Esteiro: Vou retomar a pregunta de Breogan, ¿por que foi vostede en novembro do ano pasado a unha misa por Franco en Beade (Ourense)? ¿cuestións políticas ou persoais?

- moderador: Señor Coral, primeiro Esteiro

- LoisR: Ola Brion, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- Brion: ?

- JCorral: Coido poder ir a misa ou non ir cando e onde queira. Pertence a miña intimidade.

- LoisR: Ola soft, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- moderador: Señor candidato, dá por contestada a pregunta de Breogán?

- JCorral: outra.

- moderador: Vai Darío

- Dario: Os barrios de Vigo non están precisamente coidados. ¿Que medidas pensa tomar o respecto na nova lexislatura? Non esqueza que son o corazóns das cidades.

- Vieiros: ?

- JCorral: Vigo ten nos seus barrios moitas das súas potencialidades de desenrolo e parte do seu futuro ...

- JCorral: igualar os servizos do centro a todos eles é unha tarefa que acometeremos inmeidatamente...

- JCorral: levar a auga, o transporte publico, a cultura e tamen a adminstración son os nosos retos.outra

- moderador: Agora Ana e despois Brión

- Ana: Pregúntolle sobre un proxecto concreto e si pede ser novedoso que non sexa o porto.¿ a que lle chama vostede unha cidade amable?

- JCorral: Unha cidade limpa, ben iluminada, cos xardins arranxados, con aparcamentos soterrados suficintes a prezos razoables y ca primeira media hora gratuita...

- LoisR: Ola elias, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- Ana: Gracias pola resposta, pero falaba de cousas concretas e non de xeneralidades, un proxecto para Vigo

- JCorral: con un trafico rapido e seguro, sin dobles rinfgleiras... con actividade cultural y de ocio para todolos cidadans, do centro e do rural...

- JCorral: outra.

- moderador: Vai Brión

- moderador: Brión, pregunta

- elias: ?

- Brion: que pensa do governo municipal destes catro anos, parece que renega del, que fixo ben e que fixo mal

- moderador: Espera, Vieiros

- JCorral: Cicais veremos nos próximos meses que o governo de Manuel Pérez fixo un esforzo mui grande en facer grandes obras pouco lucidas...-

- LoisR: Ola dositeo, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- LoisR: Ola abba, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- JCorral: mais o saneamento integral ten unha importancia dificilmente igualable. Vigo tiña tuberías de aldea e agora tenas de grande cidade...

- Xose: ¿Un dos temas favoritos dos políticos nesta campaña é a descentralización administrativa, pero que é iso das oficiñas municipais nos barrios é quen ten a chave para facelo?

- Brion: ?

- JCorral: Este e un exemplo pero fixo moito mais e temos a honra de recoñocelo publicamente.

- moderador: Xosé, non é o teu turno

- JCorral: outra

- moderador: vai vieiros

- Vieiros: Que lle parece a web actual da cidade de Vigo? Cre que vale para representar á súa cidade no mundo?

- Ana: ?

- moderador: Só poderán intervir agora Elías e Ana. Despois pecharemos o chat á hora prevista, as 22.00

- JCorral: Coma iniciativa recente e problemente pouco pero mantendoa "viva" Vigo abrirá unha fiestra de solaina para todo o mundo. outra

- moderador: Logo pechamos

- moderador: vai elías

- elias: que medidas concretas recolle no seu programa para potencia-lo emprego entre os mais novos

- JCorral: O primeiro paso ofertar solo industrial en cantidade e a precios razoables, as novas vias de comunicacion esponxan grandes espacios da cidade e da oferta de solo...

- moderador: Esta é a orde definitiva trala resposta do candidato: Xosé, Ana, Brión e Esteiro.

- moderador: E aí pechamos

- JCorral: xurden as empresas que ata o de agora emigrabasn do noso concello , os postos de traballo veñen a seguir a mais de os plans de emprego do estado e da xunta que explictan un bo numero de posibilidades para os mais novos.

- JCorral: outra

- moderador: Vai Xosé

- Xose: ¿Un dos temas favoritos dos políticos nesta campaña é a descentralización administrativa , pero que é iso das oficiñas municipais nos barrios é quen ten a chave para facelo?

- JCorral: Todalas grandes cidades do mundo acometen , antes o despois, as concellalías de barrio, en Vigo xa chegou ese momento.outra

- moderador: Ana, agora es ti.

- Ana: Non sei si sabe vostede que o saneamento foi pactado polo goberno anterior a Manuel Perez, e o lóxico sería que comenzaran polos barrios do rural e non polo centro. ¿Que medidas concretas vai a tomar para os mais xóvenes a para as mulleres?

- JCorral: Esta ben iso de pactar pero, obras son amores. O fixo un governo do PP. ...

- LoisR: Ola kike, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- LoisR: Ola petilla, benvido/a ao chat con Juan Corral, candidato do PP á Alcaldía de Vigo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador te dea vez.

- petilla: ?

- JCorral: A educación e prioritaria no eido infantil e xuvenil aquí temos un ambicioso programa para alonxar a os mais novos de perigros a traves do deporte e a cultura. Para as mulleres...

- JCorral: a igualdade de trato e oportunidades é fundamental as politicas activas de guarderías, prioriza-la formación de directivas e garantir o seu acceso a postos de responsabilidade...

- JCorral: diseñar programas de inserccion laboral para mulleres maltratadas, asistencia xuridica a mulleres con cargas non compartidas: viuvas e madres solteiras. Progra

- JCorral: mas de axuda as prostitutas, ete.outra

- moderador: Brión, fala.

- Breogan: si pero que fixo o governo municipal do PP, e se o fixo tan ben porque mudaron o candidato?. Por certo hoxe tiña anunciado un mitin en Beade, como está aquí, tiveron que suspende-lo? ou é así como cumple os seus compromisos.

- Breogan: son Brion se me desconectara

- JCorral: Saio correndo cando me deixen.

- JCorral: outra

- moderador: Ultima para Esteiro

- Esteiro: Vivenda para a xente nova, non só queremos concertos... Gracias por non falar só do porto

- JCorral: Os programas de aluguer para os xovenes, axudas para adquisición de vivenda son realidades en moitos concellos de Galicia Vigo non pode ser menos.

- JCorral: outra

- moderador: Ben, despedimos o chat dándolle-las gracias ó candidato e a tódolos que participaron.

- Vieiros: E aquí nos despedimos por hoxe. Agradecémoslle a Juan Corral a súa presencia e tamén a do resto dos participantes. E aproveitamos para dicirvos que mañá ás 18.00 horas haberá outro chat con Dositeo Rodríguez. E para os que lle interese Vigo sobre todo, o venres o candidato do BNG, Lois P. Castrillo, estará tamén aquí. Máis información sobre esta xeira de chats e o seu calendario na web de Vieiros.

- JCorral: Gracias a todos vostedes.

- V-Vigo: Gracias a Vde.



Volver