|
| - moderador: Ben, pois, antes de nada, dicir que estamos no chat con carlos Dafonte - moderador: candidato á alcaldía de Lugo por EU-IU - moderador: Empezarei facendo dúas preguntas - LoisR: Ola kike, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - moderador: logo dareile paso a Vieiros e Vlugo - LoisR: Ola nabizo, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - moderador: e despois abriremos o chat - moderador: Señor Dafonte, ¿está satisfeito co resultado que pronostican as enquisas para a súa formación? - LoisR: Ola xoan, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Dafonte: Aínda que a enquisa verdadeira é a do día 13, todas aquelas que nos dan presencia no Concello, nos parecen aceptables habida conta da gran cantidade de indecisos e que nos temos un voto "oculto" importante. - nabizo: ? - moderador: ¿Cal é, segundo vostede, o principal problema de Lugo? - Dafonte: O problema fundamental é a falta de postos de traballo e que moitos dos traballos que hoxe se realizan son precarios.Esta situación a sofren fundamentalmente mulleres que é a maioría da poboación lucense, e homes de máis de 45 anos... - Dafonte: Por iso, levamos moito tempo ca campaña do reparto do traballo e polas 35 horas, e unha parte importante da nosa campñañ é a recollida nas rúas de milleiros de firmas en apoio da inciativa lexislativa popular por unha lei de 35 hs. de cómputo semanal e sen reducción salarial. - moderador: Vai Vieiros - Vieiros: Sr. Dafonte, no caso de que o PP perda a maioría absoluta en Lugo, ¿que condicións poñería para aceptar un pacto co BNG e o PSOE? - Dafonte: Programa, programa, programa,Ja, Ja :))))).... - butrom: ;)) - Dafonte: Non vamos a dar os nosos votos a cambio de nada.Temas como a articipación ciudadana, unha política de emprego dende o concello, a defensa da nosa cultura e patrimonio, o medio ambente, a construcción dunha cidade solidaria e non o servicio dos poderosos...serán cuestións que temos que discutir... - Dafonte: En calquer caso, teremos unha certa flexibilidade para conquerir que se abra paso un proxecto alternativo a un que xa está obsoleto cmo é o do PP. - moderador: Pregunta, vlugo - vlugo: Nas anteriores eleccións acadaron máis de 6000 votos. ¿Como cree que valorará nesta ocasión o electorado a ruptura sufrida entre vostedes e EG?. ¿Cree que se repartirán os votos a partes iguais-distintas? - Dafonte: Nos somos un proxecto mundial, europeo, estatal e galego.Que un grupo, pequeno por outra banda, abandone este proxecto e funde un novo partido é doloroso, pero non creo que teña moita incidencia no resultado final da votación. - Dario: ? - moderador: fala Darío - Dario: No chat que tivemos antes co representante do PP non quixo entrar no tema do patrimonio (sigo) - Dario: Vostede como cre que se debería levar a cabo o plan de recuperación arquitectonica, sobre todo (sigo) - Dario: da zona monumental co obxectivo da muralla Patrimonio da Humanidade como referencia? - Dafonte: Dado o deterioro arquitectónico do caso histórico de Lugo, pola desidia nestes últimos 12 anos, se van a necesitar cantidades inxentes de cartos para poder facer frente a mesma... - Vieiros: ? - Dafonte: Nos entendemos que o patrimonio lucense o é de tódolos galegos, e tamén do estado, polo que faremos esforzos para conquerir aunar as vontades do concello xunto ca comunidad autónoma e a administración central, recurrindo tamén a fondos europeos... - Dafonte: Dentro do PEPRI, entendemos que habría que facer algunhas modificacións nas unidades de intervención para que non aumentara demasiado a poboación do casco histórico, pois consideramos que ca rehabilitación de tódalas vivendas que hoxe hai dentro, tendríamos suficentes habitantes como para ter un casco vivo... - Dafonte: Nestas unidades deberíanse establecer toda uha serie de dotacións que fixeran este casco apetecible para vivir, como poden ser guarderías, zoas deportivas, polo menos unha hectárea de zoas verdes, etc. - moderador: Señor candidato, prégolle que escriba liñas curtas aínda que a mensaxe sexa máis longa, para que o chat vaia máis fluído - moderador: Vai Vieiros - Vieiros: ¿Que opinan da peatonalización e remodelación do centro de Lugo levada a cabo este ano polo goberno do PP? ¿Como a terían feito vds.? - moderador: parte da pregunta xa está contestada - Dafonte: No 1º programa que presentei as eleccións municipais como cabeza de lista do ano 79, a peatonalización do centro era o punto estrela... - Dafonte: Agora vemos con satisfacción que se faga, pero estase a facer 20 anos despóis de que outras moitas cidades fixeron... - Dafonte: e ista circunstancia trouxo graves perxuicios económicos para o comercio, o turismo, etc... - Dafonte: A peatonalización que nos propúñamos, como non incluía a existencia de 2 aparcadoiros soterr - Dafonte: áneos no interior era máis ampla. - moderador: Señor candidato, en Lugo falta industria, e especialmente unha gran industria. De feito, non me vén á cabeza ningunha gran empresa... - moderador: ¿que se pode faer ó respecto? - LoisR: Ola oestradax, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - xoan: ? - Dafonte: Lugo, nos últimos anos, perdeu importantes industrias como Anvaso, RTR, Frigsa, Abella, etc... - LoisR: Ola rar_, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Dafonte: Ofertar solo industrial sen máis no é unha solución, necesítase xestión... - Dafonte: Neste senso plantexamos e foi aprobado polo pleno unha moción para a creación do consello económico- social que agrupe a empresarios, sindicatos, cámara de comercio, partidos políticos, institucións, etc... - Dafonte: Tiña que ser un foro de búsqueda constante de empresas que poideran instalarse no noso municipio e de potenciar todo tipo de proxectos que crearan postos de traballo... - Dafonte:O PP nn tivo interés ningún de que funcionara.Outro elemnto moi importante é a axuda que dende as institución se pode dar a formación de bos profesionais, así como as axudas do pequeno comecio para a súa modernización... - Dafonte: onde as institucións deben ter un papel importante para establecer liñas de creto, etc. - moderador: Xoán, podes falar - xoan: ¿Por qué IU boicoteo el tema de Froilán como hijo predilecto de LUGO, cuando está más que claro que es un punto importantisimo para la promoción de esta ciudad. Se nos esta conociendo en todo el mundo gracias a el. - Dafonte: Como republicanos consideramos que a xefatura do estado debe ser de elección directa por parte de tódolos cidadáns... - Dafonte: polo tanto o noso contencioso ca monarquía xa ven de vello... - Dafonte: o bon de Froilán, a quen non lle deseo ningún mal, creo que previamente debe gañar o título e non ser un privilexiado... - xoan: respeto profundamente todas sus convicciones republicanas. Pero creo que sin renunciar a ellas podria echar una mano a los lucenses, ya que es candidato para todos, ¿O sólo va a ser un Alcalde para los que le han votado? - Dafonte: que encima de ter sangue azul, os 7 meses se lle recoñezan "méritos" que moitos lucenses que levan moitos anos traballando pola cidade nunca se lle recoñeceron. - moderador: Señor Dafonte, pode contestar á segunda pregunta de xoan - Dafonte: Eu serei alcalde e concelleiro de tódolos lucenses como ata agora viñen demostrando. - moderador: Señor Dafonte, nesta campaña, igual ca noutras anteriores, oese falar moi pouco... - moderador: de demografía... - moderador: o gra problema... - moderador: ¿que se pode facer? - xoan: ? - oestradax: ? - Dafonte: Sempre o temos presente, pois constantemente falamos de construir unha cidade solidaria onde se teñan en conta as necesidades das persoas maiores... - Dafonte: que son unha parte moi importante da nosa poboación... - LoisR: Ola loles, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Dafonte: e falamos tamén de toda unha serie de dotacións que van beneficiar a tódalas mulleres que nunha sociedade machista como a nosa son as que quedan recluídas na casa coidando dos nenos e das persoas maoires... - Dafonte: Hai toda unha serie de dotacións que é preciso construir en Lugo e que liberarían as mulleres destas responsanbilidades... - Dafonte: lle permitirían entrar no mercado de traballo e maior liberdade polo tanto para que as parellas poideran ter fillos... - LoisR: Ola Ux, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Dafonte: As políticas de reparto de traballo de 35 hs están tamén encamiñadas a que moitos mozos e mozas poidan acceder ó primeiro emprego... - Dafonte: o que lles posibilitarían vivir xuntos, fundar familias, casarse, etc. - moderador: vai xoan - xoan: Señor Dafonte, a verdade é que vostede caeme ben, pero debo decirlle que votarialle se non fora porque creo que o PP nestes catro anos fixo moito por Lugo. Creo que Xoaquín García foi o mellor Alcalde que tivemos e gustariame que Lugo siguera nesa liña. Sintoo - Dafonte: Gostaríame que me dera algúns argumentos sobre a boa xestión do PP... - moderador: É unha apreciación... fala oestradax - moderador: pedron - Dafonte: Falaron de que iban a reducir a débeda... - Dafonte: hai poucos días amosei que sigue no mesmo montante que fai 4 anos... - Dafonte: Nos 3 primeiros anos do mandato non houbo inversións, eso foi recoñecido polo propio PP... - Dafonte: pois decían que o importante era sanear o concello... - Dafonte: aumentaron a presión fiscal de xeito que somos a capital de Galicia que a ten máis elevada a pesares de que aa nosa capacidade económica e cativa... - Uxia: ? - Dafonte:e por último, as inversións que se fixeron en Lugo, son cos cartos doutras administaci - Dafonte: óns: autonómica, central ,etc. - moderador: Fala, oestradax - oestradax: De saír elixido, ¿cómo serán as relacións cos concellos veciños? ¿En qué se basearán? - Dafonte: ¿Cree vostede que a eso lle podemos chamar boa xestión?... - Dafonte: ¿Recaudar moito dos lucenses no para invertir senon so para manter a maquinaria administrativa do concello?. - Dafonte: En IU creemos de que hai que facer unha política de aforro, e polo tanto sería convinte estudiar a posibilidade de mancomunar algúns servicios... - Dafonte: aínda que somos conscientes de que dada a diferencia existente a nivel de poboación entre a capital e os concellos que nos rodean, pode haber algúns atrancos... - Dafonte: despóis do anterior, está claro que intentaremoster boa relación con todos eles. - moderador: Xoan, quéreslle responder ó candidato? - xoan: menudorollo se marcó - moderador: Ben, entón entra Uxía - Uxia: Señor Dafonte, con eso de Programa, Programa, Programa, dame a sensación de que volveran a impedir un pacto da esquerda contra o PP. ¿Non aprenderon a leccion cando Notario Vacas quedou en minoría? Penso que a liña de Anguita e a súa lonxe de aglutinar está a desmembrar a Esquerda, alá vostedes. Se a iso xuntamos que o PP non o fixo mal é doado que perdan moitos votos, como o meu - Dafonte: Sínto perder un voto... - Dafonte: pero non estou disposto a perder coherencia... - Dafonte: si na época de Notario non houbo unha alternativa ó PP, non foi pola miña culpa, senón pola intransixencia de algúns dos que vostede posiblemente considera de esquerdas... - Dafonte: gostaríame coñecer que é o que vostede considera esquerda, para ver se ese termo ten o mesmo significado para nos. - moderador: ¿Respondes, Uxía? - Uxia: ? - moderador: adiante - Uxia: Esquerda para min e progresismo. probablemente é demasiado xenérico para alguén tan dogmático como o Señor Dafonte, pero penso que hai moita xente que pensa - Uxia: coma min. Creo que se pode ser aberto sen perder a coherencia - Dafonte: Progresismo é un termo moi manido que utiliza Aznar, Felipe G., Betino Craxi, Chirac,... - Dafonte: no fondo non dice nada.Estamos falando de programas políticos.Eu para o concello de Lugo quero saber o que pensa cada un sobre... - LoisR: Ola maeloc, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - dosinda: ? - Dafonte: a privatización dos servicios, participación cidadana, políticas de pleno emprego, as prioridades nas inversións.Por ex: si se deben de gasta-los os cartos no parque perimetral do Miño... - Dafonte: ou si se debe de facer un parque en Carrero Blanco e residencia Abella que é onde vive a xente... - Dafonte: o que diferencia a un de esquerdas a outro que non o é non son as verbas senón os feitos... - Dafonte: e estos deben de estar recollidos nun programa. - moderador: Vai Dosinda - dosinda: ¿Que pensa da vida social e cultural de Lugo?Da segunda uns dinque está morta, e da primeira, que hai moito marujeo? ¿Algunha idea para melloralo? - Dafonte: Creo que a vida cultural de Lugo non está mal se nos atenemos as numerosas actividades que s eproducen na nosa cidade... - Dafonte:moitas veces descoordinadas unhas de outras... - Dafonte: teño tamén a impresión de que hai un certo "burocratismo" na programación destas actividades... - Dafonte:Eu sería mási partidaria da existencia dun consello municipal da cultura que programara as actividades do noso municipio e a construcción de centros integrados nos barrios.. - Dafonte: que deran todo tipo de actividades relacionadas ca cultura.. - Dafonte: Sería moi importante os grupos de base e as propias iniciativas locias que xurden constantemente e quemoitas veces morren por falta de apoio... - Dafonte: Os veciños debemos deixar de ser tan espectadores e ser máis actores... - Dafonte: Decatémonos tamén que gran parte das actividades se deben a iniciativa privada... - Dafonte: Respecto o marujeo se combate con cultura e actividades participativas. - moderador: Señor Dafonte, a canto ascende a débeda de Lugo? O señor Arias non quixo dicilo aquí - Dafonte: A debéda ascende, peseta abaixo, peseta arriba, a ONCE MIL TRESCENTOS MILLÓNS de pesetas... - Dafonte: que non sería moi preocupante se fora o resultado de grandes inversións levadas a cabo... - dosinda: ? - Dafonte: pero en Lugo hai todavía moitas necesidades e a nosa capacidade de creto está esgotada... - Dafonte:o cal é preocupante. - moderador: fala dosinda - moderador: Dosindiña ¿falas? - dosinda: perdón - dosinda: vou... - dosinda: Cal é o seu prognóstico dos resultados destas eleccións... - dosinda: algún ten que ter :-) - Dafonte: Que o PP vai perder a maioría absoluta. - dosinda: ¿Cantos de cada? - LoisR: Ola Pepe, benvido/a ao chat con Carlos Dafonte, candidato de IU-EU á Alcaldía de Lugo. Para participares envía unha "?" e logo espera a que o moderador che dea vez. - Dafonte: Son moi púdico, non me atrevo a adiantar un pronóstico tan preciso. - moderador: Señor Dafonte, para Lugo qué é mellor, estar ben enlazado coa Coruña ou con Santiago? - Dafonte: Nos precisamos estar ben enlazados con todas partes para compensar o desequilibrio que existe entre a Galicia costeira e a interior... - Dafonte: unha boa comunicación co Norte de Portugal tamén é importante, o mesmo que ca meseta... - Dafonte: non só por autovías senón tamén por ferrocarril de velocidade alta. Ouuuutra. - moderador: O do ferrocarril prevese lonxe... - moderador: ¿que pensa? - Dafonte: Nos fixemos unha proposta n pleno do concello para establecer unha línea de ferrocarril entre Lugo e Santiago... - Dafonte: pensamos que é o transporte do futuro... - Dafonte: e n epocas en que en moitos países europeos, Siuza, Austria, etc. en epocas en que están prohibindo o transporte de mercadurías por estrada... - Dafonte:e potenciando o ferrocarril.. - Dafonte: se vemos as estadísticas dos EE.UU, que nos últimos 50 anos se inclinaron decididamente polo transporte aéreo polas autoestradas... - Dafonte: vemos que hai tamén un cambio significativo... - Dafonte: en pequenos traxectos de no maís ed 700 kms, a velocidade alta e a alta velociddade compiten co avión... - Dafonte:pero para impulsar estos proxectos en Galicia necesítase do poder da esquerda, pero de esquerda, eh!.Outra. - moderador: Por certo... - moderador: a velocidade alta... - moderador: por onde? - Dafonte: Por Monforte - Dafonte: Outra - moderador: ¿por que? - Dafonte: Ademáis de ser un bn - Dafonte: Ademáis de ser un nó de comunicacións ferroviarias... - Dafonte: serviría para vertebrar a nosa provincia que está quedando relegada... - Dafonte: os últimos postos do ranking estatal. Outra. - moderador: Parece que non hai mais preguntas... - moderador: Señor candidat.. - moderador: quere facer unha última - moderador: observación? - Dafonte: Que aínda que algún dos contertulios me considerase así... - Dafonte: son un home, igual ca miña organización tremendamente dialogante... - Dafonte: nada dogmático e aberto constantemente a colaboración con outras forzas que se reclaman do "progresismo".Un saúdo. Outra. - moderador: Ben, moitas gracias... - moderador: Moitas gracias tamén a tódolos participantes - Vieiros: Moitas gracias sr. Dafonte por participar no noso chat... - moderador: Damos por finalizado o chat non sin antes... - moderador: recordar que agora mesmo, ás 22.00 horas... - moderador: empezará o chat... - moderador: co candidato de Independentes por Ferrol... - moderador: Juan Fernández... - moderador: á alcaldía de Ferrol - moderador: Un saúdo a todos desde El Correo / O Correo - moderador: Despedímonos tamén no nome de Vieiros - Vieiros: Mañá... - Vieiros: seguimos cos candidatos de Lugo... - Vieiros: ás 18:30 Branca Rodríguez Pazos - Vieiros: e ás 20:30 o candidato socialista, López Orozco - Vieiros: antes estará Lois Castrillo do BNG de Vigo - Vieiros: ás 17:00 - Vieiros: Agardámosvos mañá |